Iván, Arzúa, TEC, consentimento informado, electroshock, a nai e o pai de Iván

© Iria Rodríguez Leirós

O día 31 de marzo, Iván B.A.P. , de 30 anos, se lle aplicou a terceira sesión de Terapia Electro-convulsiva en contra da súa vontade e da súa familia, 3 nunha semana (luns, mércores e venres)

Escribo con dificultade estas liñas aínda convalecente dun brote de herpes zóster (virus da varicela) moi moi cansa e con dificultade para pensar e redactar. O día 31 de marzo, Iván B.A.P. , de 30 anos, se lle aplicou a terceira sesión de Terapia Electro-convulsiva en contra da súa vontade e da súa familia, 3 nunha semana (luns, mércores e venres). A súa nai e o seu pai con desesperación contactaron con varios medios de comunicación para intentar impedilo, inicialmente quen lles deu a man e voz foi El Correo Gallego principalmente a través da xornalista María Soledad Elvira Rendueles. Autorizáronse 9 sesións. Reproduzo un artigo que escribín antes da pandemia e que foi borrado no verán do 2022 do medio dixital onde fora publicado: 

O electrochoque (violencia electro-convulsiva) pon as persoas en coma, inconscientes. O "tratamento" consiste en danar. A electricidade aplícase co fin de danar parcialmente a mesma parte do cerebro que a lobectomía—os lóbulos frontais—as persoas viran máis submisas

«O electrochoque (violencia electro-convulsiva) pon as persoas en coma, inconscientes. O "tratamento" consiste en danar. A electricidade aplícase co fin de danar parcialmente a mesma parte do cerebro que a lobectomía—os lóbulos frontais—as persoas viran máis submisas. A euforia inicial indica dano cerebral; o doutor escribe na historia da paciente (case 3 mulleres por cada home reciben no primeiro mundo electrochoque baixo coacción, forza ou engano, a igual diagnóstico) que o seu estado de ánimo mellorou—en EEUU escriben na historia 'mood improved' e logo 'stopped complaining'—esa euforia inicial vira apatía que é a consecuencia máis importante da aplicación de electrochoque xunto coa perda de memoria de forma permanente e problemas de orientación (ir dun lugar da casa a outro, dun lugar na rúa a outro). O electrochoque foi desenvolvido en 1938 na busca de formas máis limpas e menos traballosas de realiza-la lobectomía. De feito a forma máis habitual de electrochoque consiste en colocar dous eléctrodos, un en cada lóbulo frontal. O uso de anestesia (que é vendido como unha mellora e xa se facía a inicios da década dos 60) forza ós psiquiatras a aplicar descargas maiores (maior voltaxe e durante máis segundos) co fin de induci-la convulsión buscada que ten lugar sempre en cada sesión (está no nome do procedemento) pois a medicación (anestesia) eleva o limiar de convulsión. Non só non é menos cruel na actualidade senón que está a virar—aquí, en EEUU, ou no Canadá—un procedemento máis violento e daniño. O dano físico no cerebro é maior. Nos inicios da década dos 90 aprobouse en Texas una lei que esixía que se informase ás autoridades designadas competentes de toda morte que tivese lugar no prazo de dúas semanas trala aplicación de ECT. Entre xuño de 1993 e agosto de 1994 morreron 8 persoas nun total de 1,700 persoas sometidas a dito procedemento. 

Os partidarios do electrochoque defenden a súa aplicación en casos de alto risco de suicidio. En realidade, non hai estudos que confirmen que reduza a suicidabilidade (a menos que estean cociñados e moi cociñados)

Descontinuación psicofármacos antes do inicio das sesións? Os defensores do electrochoque desaconsellan que o paciente estea tomando medicación. Mesmo desaconsellan a toma dunha benzodiacepina a noite anterior para durmir. O proceso de descontinuación de psicofármacos é lento e difícil na maioría dos casos (síndrome de abstinencia). Sabemos que persoas seguen tomando medicación tralas sesións, que se lles segue prescribindo. E durante ese mes? 2 Suicidabilidade. Os partidarios do electrochoque defenden a súa aplicación en casos de alto risco de suicidio. En realidade, non hai estudos que confirmen que reduza a suicidabilidade (a menos que estean cociñados e moi cociñados). Máis ben o contrario, Breggin encontrou información que confirma que a porcentaxe de pacientes que cometen suicidio é maior no caso de aqueles que recibiron electrochoque. No seu libro Brain Disabling Treatments in Psychiatry—que traduciremos como Tratamentos psiquiátricos que destrúen o cerebro—cita entre outros exemplos (capítulo 9) os resultados dun estudo dos ingresos hospitalarios que tiveron lugar nun hospital danés entre 1976 e o ano 2000. 149 pacientes morreron por suicidio nese período dun número total descoñecido de pacientes. O 95% das sesións foron unilaterais (unicamente nun dos dous lóbulos frontais) o que indica que se utilizaron técnicas supostamente menos agresivas e ‘modernas’. Breggin afirma que os estudos mostran que o risco de suicidio aumenta e é máximo na semana que lle segue á última sesión. Na súa propia experiencia como psiquiatra observou nas/nos pacientes que acudiron a el na procura de axuda tras seren sometidas/os a electrochoque como o electrochoque aumenta o risco de suicidio: aumenta a desesperanza, esa persoa esqueceu partes importantes da súa vida (te-los seus fillos, crialos, a infancia, andar en bicicleta), resúltalle máis difícil aprender e recordar, o sufrimento anímico, a depresión, que supostamente o tratamento resolvería vai a peor, o seu doutor négalle que todo o que lle está pasando se deba ó electrochoque (di que é imposible que o electrochoque cause danos permanentes) a frustración, o sentimento de inxustiza, que a persoa ou persoas que deberían coidar de un/ha e axudarte te traizoen (o profesional, a familia). Breggin aconsella nestes casos que os profesionais da saúde mental (con afecto e empatía) lle recoñezan á/ó paciente que unha inxustiza lle foi feita, que o tratamento danou o seu cerebro e a súa mente.» 

A nai e o pai piden o apoio do pobo galego para dete-las sesións que restan. Están a recibir testemuños. A xente, as familias, están a acudir a eles. Hai moitas máquinas traballando en Galicia: Oza, Ferrol, Pontevedra, Vigo (Meixueiro), ... Calar, Nunca Máis

Na proposición de lei presentada por Unidas Podemos—Proposición de Ley de derechos en el ámbito de la salud mental 122/000331 con data de 08/marzo/2019—que nunca chegou a ser debatida no Congreso (artigo 17 punto 4) prohíbese explicitamente a súa aplicación: 

“ningunha persoa será sometida a terapia electroconvulsiva”

Xa no goberno de coalición, unha segunda proposición foi presentada. Esta vez, a nociva práctica non é obxecto de prohibición. A militancia non foi consultada nin a proposición debatida. Entrementres, Peter Breggin participou como experto nun proceso xudicial polo cal unha empresa fabricante máquinas de electroshock deberá repara-los pacientes que foron suxeitos a tal práctica en EEUU economicamente—aínda non estudei o settlement no detalle. En Galicia os procesos colectivos non nos son alleos (Alvia). 

A nai e o pai piden o apoio do pobo galego para dete-las sesións que restan. Están a recibir testemuños. A xente, as familias, están a acudir a eles. Hai moitas máquinas traballando en Galicia: Oza, Ferrol, Pontevedra, Vigo (Meixueiro), ... Calar, Nunca Máis. 

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.