Luces e sombras no mercado laboral galego

CC-BY-SA Praza Pública

Diante do inicio da campaña electoral resulta oportuno facer repaso dos temas que interesan aos electores galegos. Asuntos como por caso a situación do mercado laboral por que, non cabe dúbidas de que o mais grave problema social que afecta aos/as galegos/as é a falta de emprego. Por tal motivo todos/as deberíamos reclamarlle aos partidos políticos galegos que aspiran a gobernar a aposta por políticas orientadas a creación de postos de traballo.

A pesar diso non podemos ser tan inxenuos para pensar que todo o mundo está sinceramente interesado na creación de emprego, no pleno emprego. Está demostrado que hai entre os grupos económicos e os partidos políticos quen non son partidarios de que tódalas persoas que buscan emprego o atopen e que sexa un emprego digno. Non é así por que pensan que con un alto nivel de desemprego é moito mais fácil contratar pois haberá mais traballadores dispostos a aceptar o que lle ofrecen aínda que sexa precario.

Para ver como marcha o mercado laboral galego imos analizar os últimos resultados estadísticos que nos ofrecen as fontes mais fiables que neste caso é a EPA (Enquisa de Poboación Activa). Unha mostra que para o ano 2023 recolle uns resultados que non podemos cualificar senón de moi positivos o que non debera impedir subliñar que tamén presenta sombras froito de situacións que se veñen arrastrando dende fai xa moito tempo e que ameazan con cronificarse.

Luces

Diante do inicio da campaña electoral resulta oportuno facer repaso dos temas que interesan aos electores galegos. Asuntos como por caso a situación do mercado laboral por que, non cabe dúbidas de que o mais grave problema social que afecta aos/as galegos/as é a falta de emprego. Por tal motivo todos/as deberíamos reclamarlle aos partidos políticos galegos que aspiran a gobernar a aposta por políticas orientadas a creación de postos de traballo

Na balanza positiva está un importante número de empregos (1.138.900 empregos), o volume de ocupación mais elevado de sempre, que supón un incremento de 34.400 novos empregos no ano 2023 (+3,11%). Un incremento na ocupación que beneficiou tanto aos homes (+22.000) como as mulleres (+12.400) e que, loxicamente, repercutiu no desemprego que diminuíu o seu número en 16.700 parados menos (-12,71%) e que alcanzou tanto aos homes (-8.800) como ás mulleres (-7.900). Outros datos tamén moi positivos foron tanto a caída do desemprego xuvenil (-10%), moi superior nas mulleres (-18,2%) que nos homes (-7,3%) como a redución da temporalidade que se sitúa nun 14,4%.

En relación aos salarios e tamén como factor positivo subliñar que o salario bruto medio situouse no ano 2023 en 23.306 euros que supón un incremento do 2,1% respecto ao ano 2022 e colócase como o mais alto dende 2008.

Non cabe dúbidas de que a aposta polo diálogo social e a mellora do benestar do goberno español de quenda (PSOE/Sumar) ten a súa cota de responsabilidade nestas melloras do mercado laboral en Galicia. Unha aposta que está servindo ademais para tirar por terra non poucos dogmas neoliberais como o de culpabilizar do desemprego aos sindicatos (“crean rixideces no mercado laboral”), á suba do SMI (“frea a creación de emprego ao encarece a contratación”) e/ou aos subsidios de desemprego (“favorecen que os traballadores rexeiten empregos”). A realidade actual está poñendo branco sobre negro demostrando, por caso, que a mellora nos salarios, a presencia activa dos sindicatos e o fortalecemento dos sistemas de protección dos/as traballadores son fundamentais para crear mais e mellor emprego. Mentres que a precariedade e a flexibilidade laborais non crean mais empregos por que estes dependen moito mais das condicións macroeconómicas: políticas fiscal e monetaria, demanda de bens e servizos, dimensión e desenrolo do sector público....etc. 

Sombras

As luces cortas positivas non nos deben facer perder de vista numerosas e importantes sombras

As luces cortas positivas non nos deben facer perder de vista numerosas e importantes sombras.

En primeiro lugar que en Galicia séguese creando pouco emprego como pon en evidencia o moi baixo índice de ocupación (53,2%) que confirma como os/as galegos/as teñen moitas mais dificultades para atopar un emprego (59% de media en España). Dificultade que afecta fortemente a toda a poboación moza o que se reflicte no seu elevado nivel de desemprego (29,5% fronte ao 9,2% xeral) que é maior nas mulleres (36,4% de desemprego, 23,8% entre os homes).

Unha das razóns do anterior deriva do escaso peso que ten o emprego público (202.000 asalariados: 17,7%). Outra as grandes dificultades que teñen as mulleres para incorporarse ao mundo laboral (49,6% de taxa de ocupación: 7,6 puntos menos que os homes). Ámbolos dous factores están relacionados coas políticas de axuste fiscal aplicadas polo goberno galego de quenda (PPdeG), que afectan moi especialmente as funcións de benestar que crean moito emprego feminino. Tese que se confirma co dato de que a temporalidade na Administración Pública galega é moi elevada: 31,2%.

Non menos responsabilidade ten é a facilidade que seguen tendo os empresarios para despedir traballadores/as (entre 18.500 e 22.000 anuais) especialmente si son mulleres como pon en evidencia que a taxa de paro feminina (10,56%) non so sexa superior a masculina (8,24%) senón que se reduce de forma moito mais lenta (-0,93%, fronte ao -1,57% nos homes). Esta facilidade para despedir traballadores leva a que os empresarios fronte, por caso, a unha caída da demanda opten antes por despedir traballadores/as que por outra saída menos traumática como pode ser a redución da xornada laboral, a reestruturación empresarial, cambios na estratexia comercial...

En relación aos salarios compre sinalar que a pesares da importante suba habida neste último ano, o salario bruto medio mensual galego mantense por baixo da media española (95/97%) o que axuda a que o peso das rendas do traballo na renda global segue sendo moi baixo: mais de 10 puntos inferior a media española. Asemade o salario medio das mulleres segue claramente por debaixo do dos homes (coase 20 puntos menos: -18,7%). Con toda seguridade que estas diferencias teñen unha relación directa tanto co xa citado baixo nivel de emprego público como co desigual impacto da negociación colectiva: o número de traballadores galegos acollidos a un convenio (17,6 por cada 100) e menor que a media en España (23,8 por cada 100).

Finalmente subliñar que nestas particularidades do mercado laboral inflúe, sen xénero de dúbidas, a negativa posición do goberno galego tanto fronte ao diálogo social como ao estado de benestar e as prestacións públicas. Algo que agora en plena campaña electoral debera ser obxecto de debate así como as reformas laborais aínda pendentes e que, en grande parte, son responsabilidade do goberno español (despidos, negociación colectiva, corresponsabilidade e conciliación, participación dos/as traballadores na empresa, xornada laboral....)

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.