A expansión política da Península Ibérica entre os séculos xv e xvi estendeu os lindes dos gobernos desa altura, e con eles espalláronse as linguas que falaban. O dominio do castelán e do portugués sementou de falantes todos os recunchos do mundo. América dunha beira e Asia da outra aprenderon e adoptaron os idiomas invasores. E froito dese período dourado son vocábulos latinos mesturados con outros pouco familiares e que absorben as linguas locais dos lugares conquistados. O caso de Malaca é paradigmático.
Desa época de esplendor conserva o bengalí a palabra xanela, o xaponés o obrigado arigato e outras moitas poboacións costeiras manteñen unha orixe común ás veces incerta
Desa época de esplendor conserva o bengalí a palabra xanela, o xaponés o obrigado arigato e outras moitas poboacións costeiras manteñen unha orixe común ás veces incerta. De aí que haxa lendas que expliquen que o Portobelo panameño vén dos berros dun dos mariñeiros que acompañaban a Colón e que ao avistar terra gritou: «porto, velo!»
A ruta portuguesa cara a oriente, na procura de mercados de especias cos que negociar, pronto se asentou en cidades mariñás coas que conectar as súas travesías. Establecidas no Mar Arábigo, con Ormuz e Goa como bases, os portugueses axiña se decataron da necesidade de enlazar o Golfo de Bengala e China no seu proxecto, e Malaca, fervedoiro de interacción, era ideal.
Na costa malaia, nun lugar estratéxico, confluían barcos cargados de especias que proviñan da Península Arábiga, Persia, India, China ou Xapón. A conquista da cidade malaia de Malaca é comparable coa de Hernán Cortés en Tenochtitlán
Na costa malaia, nun lugar estratéxico, confluían barcos cargados de especias que proviñan da Península Arábiga, Persia, India, China ou Xapón. A conquista da cidade malaia de Malaca é comparable coa de Hernán Cortés en Tenochtitlán. En pouco tempo e cun número limitado de soldados, mudaron os donos da terra. E foi o sultán Mansur Shah quen reinou a etapa máis gloriosa deste enclave coñecido por ser un festival para xente do mar.
As crónicas malaias sitúan un príncipe hindú, Parameswara, descendente de Alexandre Magno, como o fundador de Malaca, alá polo ano 1400. Foi un presentimento o que fixo que Parameswara levantase a cidade, pois ao chegar ao lugar descansou baixo unha árbore malaca e observou como un cervo enganaba un can. Achou niso un bo sinal e decidiu erixir alí mesmo o seu reinado. Cando casou aos poucos anos cunha princesa persa, adoptou o título de Shah, e aínda que non se converteu ao islam, si o fixeron moitos dos seus súbditos.
A incursión portuguesa chegou anos despois da primeira visita. Afonso de Alburquerque partiu de Goa con 1200 homes. Ao negárselle o permiso para construír unha fortaleza, demandou pola forza as súas esixencias e, aproveitando as disputas entre o sultán e o fillo, fíxose dono da cidade portuaria
Os contactos do sultán axudaron a que amigase entre as comunidades veciñas e a que no porto confluísen comerciantes das illas das especias coas de Eurasia, mentres agardaban a que calmasen os monzóns. Mais o Shah tamén tivo inimigos entre os seus contactos, como Siam, que foi sempre repelido. Un feito que só fixo medrar a admiración de Portugal e as ansias de alianza.
Os portugueses chegaron ás costas malaias en 1509 coa intención de establecer lazos de amizade nese lugar que o escritor e comerciante Duarte Barbosa louvou coas seguintes palabras: «Quenquera que sexa lord en Malaca ten na man a gorxa de Venecia». De aí que esa primeira aproximación á ribeira do sultanato levantase as sospeitas do Shah. Este, temeroso de que a fe cristiá valese como escusa para imporse sobre os dominios musulmáns, decidiu atacar os barcos lusos, que na propia fuxida apostaron por regresar con ansias de conquista.
A incursión portuguesa chegou anos despois da primeira visita. Afonso de Alburquerque partiu de Goa con 1200 homes. Ao negárselle o permiso para construír unha fortaleza, demandou pola forza as súas esixencias e, aproveitando as disputas entre o sultán e o fillo, fíxose dono da cidade portuaria. Con todo, axiña decaeu o dominio desta parte distante do mundo, ao comezar a repartición do poder e ao espallarse o comercio a outras urbes.
Froito deses anos como territorio luso naceu o papia cristang, o portugués de Malaca, unha lingua que conserva tradicións únicas que fan desta antiga colonia unha illa particular dentro da gran Malasia
Froito deses anos como territorio luso naceu o papia cristang, o portugués de Malaca, unha lingua que conserva tradicións únicas que fan desta antiga colonia unha illa particular dentro da gran Malasia. Porque esas construcións que sosteñen a historia presente do enclave están cimentadas en tradicións e lingua de seu que explican que Malaca sexa un lugar máis no mapa da lusofonía.
Michael Gerard Sinho é o presidente da Associacang Portugues-Eurasiano, unha organización que dirixe este defensor da lingua materna dende 2001, que promove a escrita e mailo ensino do crioulo portugués de Malaca. Este activista malaio confésase optimista, pois o «falar cristão», o papia kristang, permanece vivo na xente e nas tradicións que tratan de preservar. E por iso, «gabadu cung nossa ascendencia», exclama, traballa a prol da conservación da literatura oral e da súa alfabetización. Grazas ao seu labor incansable e á axuda da Facultade de Lingüística da Universidade Malaia, existe un dicionario en rede, BibePortMal, así como diferentes páxinas para aprender o idioma, como Linggua de Mai ou Beng Nos Papia Cristang.
Co mesmo orgullo co que defende a lingua na que fala, Michael describe o legado lusitano na súa comunidade e explica como as festas manteñen acesa a chama da tradición durante todo o ano, dende o día de Anu Nobu ata a Festa Primeiro, o San Pedro
Co mesmo orgullo co que defende a lingua na que fala, Michael describe o legado lusitano na súa comunidade e explica como as festas manteñen acesa a chama da tradición durante todo o ano, dende o día de Anu Nobu ata a Festa Primeiro, o San Pedro. Estas celebracións que instauraron os portugueses son agora centros de reunión, de peregrinación e de rexouba, como o Intrudu.
Na festa do Intrudu a protagonista é a auga. Após a primeira misa da mañá, contra as 8:30, a tradición marca que hai que batuxar con auga a calquera que se achegue ao bairo. O ritual remata ao mediodía e ás 14h saen os disfraces á rúa e repártense lambonadas. Máis tarde, ás 17h, casados e solteiros, equipados con uniformes estrafalarios, enfróntanse nun partido de fútbol que acaba nunha troula que inclúe branyo rudia, bailes tradicionais.
O 23 de xuño é outro dos días importantes no calendario, a festa San Juang. A cativada viste de verde, que é a cor da inocencia e da frescura, e despois da misa da tarde e da procesión préndense candeas para que cadaquén leve á casa. Crese que esta luz ilumina a San Xoán, que despexou o camiño para a chegada de Xesús e que preludia os festexos senlleiros da comunidade, os de San Pedro, o 29 de xuño.
As festas en honor a San Pedro, patrón dos pescadores, duran arredor dunha semana. Nun pobo cuxos devanceiros chegaron por mar, do que aínda vive gran parte, esta é unha data sobranceira que congrega familias do bairo e de fóra que se achegan á Capela de Nossa Senhora de Imacular Concensang
As festas en honor a San Pedro, patrón dos pescadores, duran arredor dunha semana. Nun pobo cuxos devanceiros chegaron por mar, do que aínda vive gran parte, esta é unha data sobranceira que congrega familias do bairo e de fóra que se achegan á Capela de Nossa Senhora de Imacular Concensang. Dende aí e despois da misa, os Irmangs da Igreja sacan a imaxe de San Pedro en procesión e lévana ata a praia, onde agarda unha fileira de barcas para seren bendicidas e recibir o premio á embarcación mellor decorada.
Setembro é un mes de peregrinacións e lembranzas arredor da Igreja Santa Cruz, no outeiro norte da cidade. Contan que cando os holandeses conquistaron a colonia portuguesa de Malaca, en 1641, trataron de impor o calvinismo e os católicos tiveron que fuxir cara ás faldras. Refuxiados na selva, construíron unha igrexa con madeira e follas de palma e mantiveron a súa fe en secreto. Séculos despois, xa entrado o xviii, mudaron as relacións e comezaron a mesturarse os da selva cos da cidade. Paseniño, a urbe foi absorbendo poboación e a igrexa perdeu fregueses e quedou sumida no esquecemento.
Da importancia marítima e relixiosa de Malaca dá fe a transcendencia de San Francis Xavier, patrón de Oriente
Xa no século xx, un grupo de sendeiristas bateu cunha cruz erixida no medio da mesta vexetación tropical. Aínda que enseguida se erixiu alí mesmo unha nova igrexa, moita xente arrancou tantas achas da cruz que quedou moi reducida. Con eses restos celébrase o festival da Santa Cruz, milagreira segundo milleiros de devotos.
Da importancia marítima e relixiosa de Malaca dá fe a transcendencia de San Francis Xavier, patrón de Oriente. Amais de residir na cidade durante varios anos, alí recibiu sepultura. Porén, o corpo foi finalmente exhumado e soterrado en Goa. O abraiante diso é que o corpo non estaba descomposto cando se desenterrou, e este milagre provocou que crecese o número de devotos e que se convertese no patrón oficioso de Malaca.
As pegadas dos falares do Atlántico ancoraron no Índico, e delas agromaron tradicións que manteñen historias e lendas que permiten entender os lindes da nosa lingua.
Alén do legado luso, o paso de holandeses, británicos e chineses e de pobos con outras fes, trazou un mosaico de mesquitas, igrexas e templos que se entrelazan en rúas rebuldeiras que se albiscan dende A Famosa, a fortaleza. Malia só conservarse a Porta de Santiago, vestixio dunha atalaia dende a que dominar as augas que dirixían boa parte do mundo, o forte abandeira a arquitectura colonial e o protectorado histórico.
«Ozi sã dia/ bos teng fortuna/ beng nus juntadu/ bebé, alegrá». Esta canción da Tropa de Malaca, titulada «Kantu Sen Fazé Fabor» convida a celebrar o pasado portugués de Malaca no presente. Porque as pegadas dos falares do Atlántico ancoraron no Índico, e delas agromaron tradicións que manteñen historias e lendas que permiten entender os lindes da nosa lingua.