Chamar médico de atención primaria ao especialista en medicina de familia é o mesmo que chamar médico de hospital dedicado á cardioloxía no lugar de cardióloga, ou dedicado a reumatoloxía en vez de reumatólogo ou a neurocirurxía...
Médico de atención primaria ou MAP é todo facultativo que traballa no ámbito comunitario. Para o hospital quere dicir simplemente que está localizado fóra do recinto. Repítese nos informes de alta de urxencias hospitalarias e dos pacientes ingresados ou nos cursos clínicos: ‘control por MAP’, ‘remito a MAP’, ‘para calquera alteración vaia vostede ao MAP’. A tendencia a escribir acrónimos ou abreviaturas nos informes médicos e notas da historia clínica é alarmante, e resulta comprensible, cómodo e rápido expresar unha denominación con só 3 letras. Entendo que non se usa como minusvaloración pero quero chamar a atención a quen usa esta denominación no lugar da de medicina de familia, que é inadecuada e unha falta de respecto.
Chamar médico de atención primaria ao especialista en medicina de familia é o mesmo que chamar médico de hospital dedicado á cardioloxía no lugar de cardióloga, ou dedicado a reumatoloxía en vez de reumatólogo ou a neurocirurxía... Non é unha denominación profesional, non é un ámbito competencial, non é unha especialidade senón un espazo de traballo.
Medicina de familia é unha especialidade vía MIR como calquera outra, e de grande complexidade. É necesaria unha actualización permanente en todas as áreas da medicina, para poder detectar as enfermidades a tempo e orientar ao paciente tanto en probas diagnósticas como nas consultas hospitalarias ou no manexo
Medicina de familia é unha especialidade vía MIR como calquera outra, e de grande complexidade. É necesaria unha actualización permanente en todas as áreas da medicina, para poder detectar as enfermidades a tempo e orientar ao paciente tanto en probas diagnósticas como nas consultas hospitalarias ou no manexo. O médico de familia non ten que chegar ao último diagnóstico nin ao tratamento máis especializado pero ten que poder orientar ao paciente na solución de todos os seus problemas. A calquera persoa, incluídos os facultativos hospitalarios, lle encantaría contar cunha boa médica de familia, unha profesional de confianza, con coñecemento científico, próxima e empática.
As queixas dos médicos de familia son varias, especialmente tempo para poder atender aos pacientes con máis tranquilidade, pero ás veces o que acaba por amargar o día son este tipo de pequenas cousas que van golpeando sen pausa como a denominación MAP e algunhas outras. A calquera lle gusta ser valorado profesionalmente e lle molesta o contrario. Si, MAP é un termo molesto.
Existes cando tes un nome e unha identidade. Os cambios culturais nas organizacións son difíciles e laboriosos, precisan moitas vontades para que se poñan en marcha. A denominación MAP non é un bo cambio, non favorece á organización, non é profesional
Unha das últimas ocorrencias da Consellería de Sanidade foi crear unhas novas prazas de medicina de familia denominadas Facultativo Especialista en Atención Primaria (FEAP). Querían diferenciar este tipo de prazas das actuais de medicina de familia porque as novas levan incorporadas gardas obrigatorias. Inventan unha especialidade que non existe, ao mesmo tempo que introducen un cambio de modelo de atención primaria pola porta de atrás, paseniñamente, para evitar conflitos e mobilizacións.
Existes cando tes un nome e unha identidade. Os cambios culturais nas organizacións son difíciles e laboriosos, precisan moitas vontades para que se poñan en marcha. A denominación MAP non é un bo cambio, non favorece á organización, non é profesional.
Mellor médico ou médica de familia, non MAP.