Desde o ano 2015, no que foi reformada a lei do ano 2010, que permitía o aborto libre nas primeiras 14 semanas do embarazo, opción extensiva para as menores de 16 e 17 anos, o acceso a interrupción voluntaria do embarazo para estas foi restrinxido, estando, desde esa data, supeditado ao consentimento dos proxenitores.
Agora, cinco anos despois, a ministra de Igualdade, Irene Montero, anunciou a intención do Goberno de derogar esta lei e eliminar a obligatoriedade de que as menores informen aos seus proxenitores do seu desexo de abortar, e, polo menos eu, teño a sensación de que, a tenor deste anuncio e dos comentarios que estou a escoitar, gran parte da opinión pública non está a ter en conta un matiz moi importante desta lei a que a ministra pretende volver.
A lei do 2010 plantexaba que as menores de 16 e 17 anos puideran abortar sen que fora necesario o consentimento por parte dos pais ou titores legais, malia que si era obrigado que istos foran informados, e que se fixera ante un médico, de maneira que quedara constatado que os pais estaban a ser informados, malia que se istos se opoñían, a menor podía decidir abortar igualmente, agás nunha excepción: a de menores cunha situación familiar conflictiva ou de desarraigo, como pode ser o caso de menores tuteladas porque os seus pais están en prisión, cando existe violencia intrafamiliar, etc, etc, sendo preciso que isto se documente coa axuda dun traballador social.
Dito doutro xeito, a diferencia entre ambas leis, é que coa do 2010 a obriga é a de informar, contemplando as excepcións mencionadas, e coa do 2015 os pais ou titores terían a última palabra.
Non se trata, en ningún caso, coma algúns están a afirmar, de obviar aos pais ou titores legais.
E unha vez aclarado isto, gustaríame facer a miña propia reflexión sobre o tema, que non é, evidentemente, unha cuestión menor.
Vaia por diante que eu sempre defendín e defenderei o dereito indiscutible de toda muller de decidir se quere ser ou non nai, e de, no caso de producirse o embarazo, seguir adiante con él ou interrumpilo, e, de optar polo segundo, facelo con todas as garantías, sen que isto sexa un privilexio reservado as economías acomodadas, mentras que no caso contrario algunha muller poida mesmo xogarse a vida, e precisamente por eso, porque defendo ese dereito, entendo que é bo que os proxenitores sexan informados, ollo, que estou a dicir informados, e se lles brinde, dese xeito, a oportunidade de apoiar a menor, sexa cal sexa a súa decisión.
Por qué digo isto?.
Porque as veces teño a sensación de que, cando unha menor queda embarazada, damos por sentado que non contempla mais opción que a de abortar, e tal vez sexa así en moitos casos, mesmo na maioría, pero non en todos, o cal tamén é, obviamente, un dereito, un dereito que acaso por ese silencio, por ese pretendida “liberdade” de non informar aos seus pais, dando por sentado que non van atopar unha resposta favorable, non van poder exercer.
Pensemos agora na outra cara da moeda:
Unha menor que queda embarazada, que ten claro que desexa abortar, e que tampouco llo conta aos seus pais, presupoñendo a súa reacción negativa, polo que decide actuar pola súa conta, moitas veces seguindo os probablemente ben intencionados pero inexpertos consellos de amigos.
O problema é que é moi improbable que esa rapaza, os seus amigos, conten coa información e os recursos para acudir a onde poida abortar con garantías, sen esquecer ademais o temor a que alguén se entere, polo que é moi plausible a perigosa posibilidade de que acuda ao sitio menos indicado, sen as condicións sanitarias indispensables, poñendo a súa vida en perigo.
Por qué se tende a dar por sentado que, de ter acudido aos seus pais, non a axudarían, respectando a súa decisión e, o mais importante, sen arriscar a súa saúde e quen sabe se a súa vida?.
Informar aos pais non ten por que ser un condicionante, se non que, pola contra, pode supoñer atopar un apoio, valorar posibilidades que tal vez, algo lóxico dada a súa idade e inexperiencia, a rapaza non chegou a considerar.
Os pais non son o inimigo, e non é xusto que se lles coarte a posibilidade de brindarlle esa axuda a súa filla, sexa na dirección que sexa.
Igual, o que nos temos que plantexar, ademais de reformar a lei, e a urxencia dunha educación que ensine aos pais, porque os pais tamén precisamos que se nos eduque, que apoiar non é esixir, que non se pode condicionar ese apoio, esa axuda, neste caso a unha filla, a aceptar sen mais alternativa o que se lle impón.
Apoiar é respectar, e ese respecto pasa por entender que ela ten dereito a decidir sobre o seu corpo, sobre a súa posible maternidade, como respecto é tamén telos a eles en conta, deixarlles que brinden esa axuda, sen imposicións, abríndolle o camiño e non contribuindo a facelo mais longo e duro ou mesmo a pechalo por completo.