Qué máis ten que facer Netanyahu e o seu goberno para ser considerado pola Comunidade Internacional como un xenocida? Terá que exterminar a todo o pobo palestino, un por un, "Desde o río até o mar"?
Quizáis o recoñecemento do Estado Palestino polo goberno de España non sexa máis que un xesto simbólico, pode ser, pero é moito mellor que nada. Máis sería chamar á embaixadora en Israel, romper relacións diplomáticas, armamentísticas e comerciais, ou que EE.UU deixara de vetar calquera condea de Israel na ONU, claro que sí, ou parar os tanques e as armas asasiñas en Gaza con forzas de interposición internacionais, cascos azuis, ou algo similar.
Soños, ilusións, desexos...
Qué pretende conseguir Netanyahu? Por qué fai o que fai?. Porque pode. Simplemente por iso, porque pode, porque ninguén ten capacidade real para detelo, nen sequera a Corte Penal Internacional, e éste é o maior fracaso da Humanidade.
Hoxe por hoxe, ninguén pode, porque os que poden non se atreven, especialmente, os EE.UU que son o seu maior garante nun sistema de Nacións Unidas completamente anacrónico, obsoleto, propio dunha época que deixou de existir hai moito e que ninguén é quén de reformar.
Todos saben, todos sabemos quén é Netanyahu e os criminais que o acompañan. Sempre foron así. Non engañan.
Son o que son. Asasinos, criminais, xenocidas, non existen máis calificativos, agotáronse hai tempo, como as bágoas de sangue diante de tanto salvaxismo bíblico máis propio do Antigo Testamento.
A revolución non será televisada non. Pero a destrucción e o exterminio dun pobo sí que son televisadas en vivo e en directo. Xa non podemos mirar. Non somos quén de ver tanta crueldade. Non temos xa capacidade de interpretación. Somos incapaces, impotentes, diante de tanta barbarie.
E claro que Hamás ten responsabilidades. Todos as temos, pero non en igual medida.
Houbo un momento, o vemos na foto de embaixo, que todo parecía posible, que a Paz, estaba nas nosas mans, que a luz aparecía logo de tanta oscuridade. Foi un espellismo. Durou nada. E todo se fixo horror.
Bravo polo xesto de España, Irlanda e Noruega. Fan falla moitos máis. E a paz chegará por fin, "desde o río até o mar", para os dous estados, Israel e Palestina, Palestina e Israel, Salam, Shalom, Shalom, Salam, para os nenos e nenas que sobrevivan á derradeira matanza.