En 1985 no Congreso da FISE (Federación Internacional de Sindicatos de Ensino) en Praga, aprobouse unha Resolución na que se instaba ós sindicatos membros a crear organismos que impulsaran a Educación para a Paz nos seus respectivos países e prácticas educativas. Dito e feito. Nada máis chegar a Galicia constituímos, no marco do SGEI, o que foi o Seminario Permanente de Educación para a Paz, logo Galego
Os anos '80 foron especialmente convulsos para o sindicalismo galego. As divisións internas eran múltiples e constantes, trascenderan ou non. A ruptura oficial prodúcese en 1985, cando nace a CXTG, o "sindicalismo galego sen ataduras". A súa Federación de Ensino foi o Sindicato Galego do Ensino e a Investigación (SGEI) do que fun o seu Secretario Xeral e membro tamén da Executiva Confederal durante varios años. Aquel Sindicato novidoso e anovador tivo unha moi plural e diversa composición. Nel coincidiron personalidades moi recoñecidas, desde Méndez Ferrín ate Antón Costa ou Quique Monteagudo entre tantas máis, e dende o principio fixemos bandeira de cuestións que tradicionalmente non eran de interese como as actividades culturais e formativas, as propostas mutualistas característica das vellas organizacións obreiras como foron os viaxes, campamentos para os fillos e fillas dos afiliados en Galicia e fora dela, colonias de verán, seminarios... asuntos que superaban o monolingüismo anterior, e tamén quixemos saír ó exterior, puxemos no centro as relacións internacionais, abrimos a mirada cara fora, buscamos experiencias novas. Con moitas dificultades integrámonos na FISE (Federación Internacional de Sindicatos do Ensino) polos vetos do sindicalismo estatal, e logo mesmo fomos constituíntes da Internacional da Educación (IE) en Estocolmo onde estivemos presentes.
Daquela eu xa tiña escola no Colexio Progreso de Catoira. Antes estivera en Portomouro e logo fora desprazado forzoso nas Palmas de Gran Canaria despois daquela folga heroica que nos mantivo firmes até o mes de Outubro e que conseguíu que non saíra -desde entón- máis profesorado forzoso para fora de Galicia.
E a Educación para a Paz, aínda sen denominarse así oficialmente, formaba parte xa da miña práctica docente xunto coa doutros poucos ensinantes galegos.
A lei de educación vixente era a do '70. Aínda non chegara a maldicida LOGSE, a Lei do '90, a que incluíu, por fín!, a Educación para a Paz como un eixo transversal obrigatorio do currículum, non tanxencial, que era o habitual e minoritario, senón transversal, que atravesara o currículum en todas direccións, unha conquista na que influimos notablemente, e de maneira moi especial, Suso Jares, que en paz descanse, coas súas Caixas Vermellas no gran debate previo promovido polo MEC e no que participamos moi activamente.
Eu levaba varios anos, desde antes dos '80, traballando tímidamente a Educación para a Paz e os Dereitos Humanos nas miñas clases de Ciencias Sociais en Catoira, co alumnado de 6°, 7° e 8°, a que se coñecía como a Segunda Etapa da EXB. O facía baseándome nos poucos materiais didácticos existentes, desde logo prácticamente ningún en galego, pero sí de autores que seguía como Freinet ou Paulo Freire, ou nos temas de paz a Mayor Zaragoza, Johan Galtung, Lederach, Cora Weiss ou Betty Reardon.
En 1985 foramos varios membros do SGEI ó Congreso Internacional da FISE en Praga, aínda non casera o muro, íbamos no meu coche, lémbrome ben, un Ford Sierra vermello que andaba a Dios e consumía máis que un avión a chorro...
Era un tempo de extrema perigosidade en Europa. Os EE.UU estaban empeñados en instalar misís de longo alcance mirando a URSS. Reagan falaba abertamente da Guerra das Galaxias. A oposición en toda Europa era moi forte. O movemento pacifista facíase presente outra vez.
No Congreso da FISE (Federación Internacional de Sindicatos de Ensino) en Praga, aprobouse unha Resolución na que se instaba ós sindicatos membros a crear organismos que impulsaran a Educación para a Paz nos seus respectivos países e prácticas educativas. Dito e feito. Nada máis chegar a Galicia constituímos, no marco do SGEI, o que foi o Seminario Permanente de Educación para a Paz, logo Galego. Era Decembro de 1985. Arredor do Día Internacional dos Dereitos Humanos, o 10 de Decembro, nacía o que logo sería o Seminario Galego de Educación para a Paz (1985-2017).
Este ano, no 2025, cumpriría o SGEP 40 anos. E vimos de facer doazón de tódolos nosos materiais publicados á USC. O vindeiro día 29 será o acto oficial de doazón no Reitorado
Este ano, no 2025, cumpriría o SGEP 40 anos. E vimos de facer doazón de tódolos nosos materiais publicados á USC. O vindeiro día 29 será o acto oficial de doazón no Reitorado. Son unidades didácticas, máis de 30, libros, unha ducia deles, videos tres, e documentos diversos, declaracións, publicados durante estes 32 anos.
Cando constituimos o Seminario, como dixemos arredor do Día Internacional dos Dereitos Humanos, un 10 de Decembro de 1985, formámolo un pequeno grupo de profesionais do ensino, desde a educación infantil até a universidade, contabanse cos dedos das mans. O seu primeiro Coordinador, logo Presidente, sería Calo Iglesias, un asturiano galeguizado que en paz descanse, un profesor irrepetible. Logo fóronse incorporando máis membros até acadar o número máximo de 200 asociados. A Calo sucedino eu na Presidencia e até 2015 en que dimitíno para presentarme ás Eleccións Municipais daquela ano con Martiño Noriega de Alcalde por Compostela Aberta.
A última presidenta do SGEP foi a abogada Inma Rúa até 2017 en que decidimos disolvelo logo do fallecimiento de varios dos seus miembros e a xubilación doutros. Dos membros fundadores deixárannos Ramón Sánchez e o xa citado Calo Iglesias, e varios máis xubilámonos, Moisés Lozano, Ángel Segovia, Anxos Rodríguez, Lois Trigo, Carmen Durán ou eu mesmo.
En 1985 a nosa motivación principal era dotarnos de recursos e materiais didácticos cos que traballar a Educación para a Paz e os Dereitos Humanos na escola, recursos didácticos para nós mesmos, pois había moi poucos sobre todo en galego, case que ningún, e tamén para distribuílos ó conxunto do profesorado interesado
En 1985 a nosa motivación principal era dotarnos de recursos e materiais didácticos cos que traballar a Educación para a Paz e os Dereitos Humanos na escola, recursos didácticos para nós mesmos, pois había moi poucos sobre todo en galego, case que ningún, e tamén para distribuílos ó conxunto do profesorado interesado. E comezamos a organizar anualmente os Encontros de Educación para a Paz en Compostela. Tamén a promover a celebración do Día Escolar pola Paz e a Nonviolencia en Galicia, en cada escola e instituto, seguindo a iniciativa do DENIP no conxunto do Estado, cada 30 de Xaneiro, aniversario da Morte de Gandhi, recoñecido e impulsado polas mesmas Nacións Unidas.
Así o fixemos durante 32 anos como maneira de impulsar a introducción da Educación para a Paz, de maneira transversal, nos centros escolares, a mellora da convivencia, a resolución pacífica dos conflictos e os dereitos humanos, non con sermóns, discursos e letanías senón con actividades prácticas, moi participativas, con xogos cooperativos e dinámicas de aula, e recursos didácticos como os contos, o teatro, as sombras chinescas, a prensa, ou o cinema.
O Seminario Galego de Educación para a Paz nacíu ciertamente no marco dun sindicato do ensino, o SGEI, máis avanzou moi pronto cara a súa plena autonomía até 2017 en que se disolveu.
Teño a sensación de que hoxe, cando segue a ser imprescindible na formación do alumnado e da sociedade no seu conxunto, son necesarias iniciativas como a do Seminario Galego de Educación para a Paz e co apoio institucional decidido e tamén dos medios. Creo que máis necesario aínda que en 1985.
Hoxe, cando cumpriría 40 anos, tódolos seus recursos didácticos, unidades, libros, videos, son parte xa do patrimonio da USC. Están a dispor do alumnado e dos investigadores na Facultade de Educación e na Biblioteca Xeral.
Sinceramente penso que foi un traballo ben feito, necesario, moi útil. Foron varias xeracións de alumnado e profesorado que traballaron nas aulas os contidos e as actividades que propuña a Educación para a Paz. Creo que foi positivo. Non sei cánto, está por avaliar obxectivamente.
Teño a sensación de que hoxe, cando segue a ser imprescindible na formación do alumnado e da sociedade no seu conxunto, son necesarias iniciativas como a do Seminario Galego de Educación para a Paz e co apoio institucional decidido e tamén dos medios.
Creo que máis necesario aínda que en 1985.