Non hai mal que por ben non veña

Sanatorio Casa de Galicia, en Montevideo © SMU

Os ollos e os oídos dos voluntarios da organización solidaria DEFENSA EMIGRANTE fixeron un bo traballo nunha serie de gravacións no “Bar Facal” da capital uruguaia. O que queira coñecer a historia deste céntrico establecemento comercial montevideano recoméndolle a lectura do publicado por Armando Olveira Ramos. Aínda que as gravacións non poden ser presentadas en sede xudicial é evidente que son unha valiosa fonte informativa sobre da escura maquinación que levou ao peche da Casa de Galicia de Montevideo. Quero facer constar que foi enviada copia das gravacións a ASEMBLEA CELESTIAL DA EMIGRACIÓN GALEGA que é o organismo encargado da supervisión ética y moral dos herdeiros da emigración galega. A reunión no boliche ten lugar entre dúas persoas que están perfectamente identificadas pero mis amigos de DEFENSA EMIGRANTE queren evitar filtracións e por iso indican a conveniencia de darlles a cada interlocutor un nome con tres letras maiúsculas que non leve vogal ningunha. Comenteilles que nesta cidade coñecémonos todos e que sendo así é moi difícil poder gardar un segredo.

- MSP: Estás a dicir que non faga nada? Non entendo, a verdade, estou disposto a darte a máxima axuda posible para sacar do pozo a mutualista. Veña, pónmo doado, así pódollo envolver nun lindo papeliño de cores para o gran vaidoso que temos de presidente. 

- CDG: Atende, voute explicar a situación. Non quero manter a mutualista con vida más aló de decembro deste ano. En xaneiro do 2022 debe estar cerrada e cos socios en proceso de redistribución. Estes meses de pandemia son unha verdadeira bendición. É certo aquel vello refrán de que non hai mal que por ben non veña. A min o virus abriume as portas para ser o actor principal na maior operación de cese de actividades feito por unha soa persoa na historia de emigración galega. Graciñas, moitas grazas COVID.

- MSP: A verdade é que non te cría eu tan espelido a pesar de fixeches cartos coma empresario. Dixéronme que non comezache de “cero” senón que mais ben axudou moito a base que te deixaron os “gaita”. Ollo, non estou a quitar merecementos porque houbo xente que afundiu a herdanza familiar pero é de agradecer que no colchón atopes uns fermosos 100.000 dólares. Teño que parabenizarte pois cando a moitos lles da por , saes ti a voar ao ver a cancha baleira. Todos a pensar no teu gran sufrimento por mor das débedas e resulta que é todo o contrario. Ti es un campión, recoñézoo. Fas desaparecer un patrimonio duns 30 millóns de euros, máis ou menso, nun abrir e pechar de ollos.

Manifestación ante a sede da Casa de Galicia © Casa de Galicia se mueve

- CDG: Ben pero non creas que foi tan doada a cousa. Houbo que pensar un poco en como gañarse a confianza dos socios xa que aos directivos tíñaoos no peto e algúns aínda siguen crendo que tratei de salvar a mutualista. É que trouxen comigo aos máis parvos e os máis ilusos xa que é ben sabido que con esta dobre condición non se falla nunca. O parvo cre todo o que lle diga e o liluso está convencido de que o escollín para a listaxe porque é unha persoa honrada. Aos socios deixeinos abraiados co proxecto “Fantasy Soprt Center 18” que foi moi aplaudido xa que son maioría os que queren crer en vez de pensar. Un moi claro exemplo témolo no triundo do presidente Lacalle. Eu son pachequista pero non mastigo vidros. O fillo do ladrón do Pan de Azúcar vai preocuparse por mellorar a miña economía?

- MSP: Escoito o que dis e confirmasme que deberías de ter posta unha camisola cun “123” estampado no peito para revitalizar o afundido Partido Colorado. Entendo que andabas noutras xogadas máis lucrativas pero se houbeses dado o paso aidante, agora terías baixo o teu control a dous ou tres ministerios. Vexo que foi moi boa a chamuyada aos socios pero o que non me queda claro é como puideche poñer o candado sen que saltara ningunha das alarmas dos empregados ou dos seus sindicatos. Sempre saltan ou polo menos acenden unha luz vermella cando ven que van ser atacados. Sigo pensando que tes unha especial vareliña máxica. Unha xogada de tanta complexidade ten varias fases e require de cómplices varios. Ti superaches todos atrancos sen que ninguén viraa que es quen reparte as cartas e tamén o que recolle os premios.

- CDG: Estás sendo moi xeneroso xa que atribúesme máis mérito do que corresponde. Eu fixen un aproveitamento particular do típico costume dos políticos uruguaios que lle botan a culpa a seus antecesores e insistín en que había débedas porque os anteriores eran malos administradores. Entón, non é miña culpa se os boludos non preguntan sobre o monto da débeda ou como se distribúe ou cantos créditos temos comprometidos. Pois alá eles se lles chega con repetir que “son todos chorros” para sentirse os máis grandes xusticieros. Aproveitarse deles é fácil se tamén engades que non queremos comunistas na mutualista porque son preguiseiros que non queren traballar. Entendes que tiña o terreo ben preparado? Vou a ser sinceiro contigo, pensei que na Fronte Ampla había algo máis de razonamento. Aproban unha Lei que deixa a máis de 44.000 socios sen cobertura sanitaria sen poñer a máis mínima obxección. Foi unha sorte para min pero o certo é que están bastante espidos desque perderon o goberno nacional. Permiten que unha propiedade social sexa utilizada para o pagamento de débedas sen facer reserva expresa a que o hospital pase a ser de titularidade estatal. É incrible que os frontistas esquezan a súa obriga de intentar sempre a busca do melloramento dos servizos públicos de saúde.

-MSP: Tes razón en que o cidadán medio montevideano confórmase con pouco pero sorprende que a Fronte Ampla non se decatara da túa intención de acabar cunha moi boa mutualista. Quizais, coido que o Tano do Círculo hipnoptizounos cuns miles de asociados que ían a encher as ringleiras do galpón mutual que teñen no barrio do Prado. Se te ofrecen os cartiños de 10.000 novos afiliados mensuais, non sei se te importará moito que os gaitas vaian a merda por endebedarse en exceso. Fago este comentario porque é unhas das partes do guiso. Eu pola miña banda, cumprín. Aceptei o acordo coimero de que ningún dos socios debía pasar a Hispaniola. A miña xustificación foi ben sinxela, dixen que era a máis grande do país. Así foi que saiu todo perfecto, mellor imposible. Temos unha coima xeitosa que non levanta sospeitas xa que se divide entre os beneficiarios en partes case iguais. En sede penal non se presentou ningunha denuncia e pola vía civil esbárannos os recursos que se poidan presentar. 

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.