Non hai tempo para a reflexión, en tempos de crise hai que reaccionar xa, o coronavirus é moito peor ca gripe

Imaxe do coronavirus ao microscopio CC-BY NIAID

O que está acontecer nos últimos días e a capacidade de reacción da sociedade pode determinar en grande medida o futuro dun pobo. A crise causada polo coronavirus fixo poñer a todo o país nun estado de emerxencia hai que reaccionar rápido, non temos tempo para reflexionar. 

O que está acontecer nos últimos días e a capacidade de reacción da sociedade pode determinar en grande medida o futuro dun pobo. A crise causada polo coronavirus fixo poñer a todo o país nun estado de emerxencia hai que reaccionar rápido, non temos tempo para reflexionar

Hai que atacar o COVID-19 coas armas que cada un poida, coma sociedade informada, responsable, e disciplinada nestes casos. Non é unha broma, hai que para a expansión monstruosa da infección do virus e XA. A 15 de marzo estamos case a 7 mil infectados no territorio español e 200 mortos segundo o Centro de análise dos sistemas científicos da universidade Johns Hopkins de EUA. Poden ser máis. Hai que mirar ó impacto que esta crise está pode causar a longo prazo, ademais da saúde, estamos falando das escolas, dos despidos, ... da economía. Pero sobre de todo, en momentos de crise, as leccións que os expertos nos dan é que sexamos RÁPIDOS, actuar e XA. Hai que evitar que o virus se propague, hai que evitar o contacto. A mensaxe que a Organización Mundial da Saúde está mandando é esta: -“Segue as directrices, non te paralices, tes que estar preparado, o meirande error e non actuar”. #quedaNaCasa

O virus COVID-19 non é como a gripe ou como calquera dos outros virus relacionados con enfermidades respiratorias. Non podemos tratar o coronavirus exactamente do mesmo xeito que o facemos coa gripe. Hai que facer unha contención da pandemia do coronavirus. 

Sabemos moi pouco do novo coronavirus, e levamos décadas investigado o virus da influenza ou da gripe. A maioría dos datos dos que dispoñemos están baseados no informe realizado pola Organización Mundial da Saúde (OMS) sobre o impacto que tivo o brote do COVID-19 en China.

Tanto COVID-19 coma o virus da gripe esténdense do mesmo xeito, a través de gotas de fluído do nariz ou da boca dunha persoa infectada. Os grupos de persoas máis vulnerables aos efectos do coronavirus (ou tamén da gripe), ou grupos de risco, son as persoas maiores, especialmente o sector da poboación que ten máis de 60 anos e ten problemas de saúde asociados. A susceptibilidade de enfermar reside nun sistema inmunitario debilitado, problemas cardíacos, hipertensión, diabetes, enfermidades cardiovasculares, enfermidades respiratorias crónicas ou cancro. Os síntomas do COVID-19 poden variar desde a pneumonía asintomática ata a grave. Aínda que o 80 por cento dos infectados con coronavirus xeralmente presentan síntomas leves e recupéranse. Tanto coa gripe como co coronavirus, as persoas infectadas poden difundila a outros, aínda que non teñan síntomas ou sexan moi leves. 

Non temos inmunidade fronte ao COVID-19, o que significa que máis persoas son susceptibles á infección e as consecuencias serán agravadas. A boa nova é que os nenos que reciben o coronavirus non parecen estar gravemente afectados ou que os síntomas son leves ou nulos. A diferenza da gripe. O coronavirus pode ser transmitido por unha persoa infectada, pero sen síntomas, máis de 1 de cada 10 infeccións proveñen de persoas que tiñan o virus pero non se sentiron enfermos. Estes números son moi perigosos e este é un dos motivos polos que debemos de evitar o contacto durante este período de corentena. 

Os hospitais e centros médicos poderían verse facilmente desbordados. Se isto ocorre, as persoas que necesitan hospitalización non serán atendidas e, polo tanto, a taxa de mortalidade aumentaría. E isto pódese evitar, a sociedade precisa ser responsable, hai que protexer ós grupos máis vulnerables

Os datos publicados no informe da OMS-China o pasado mes de febreiro indicaban coronavirus é fatal no 3,4 por cento dos casos confirmados por media, fronte ao 0,05 ao 0,1 por cento da gripe. Aínda que estes valores representan a media, e os datos varían segundo o grupo de idade. 

A maioría das mortes foron entre os anciáns, cun 14,8 por cento nos maiores de 80 anos, o 8 por cento entre 70 e 79 anos, e o 3.6 por cento no rango de idade dos 60 ós 69 anos. 

Esta é unha diferenza maior, o COVID-19 é de 10 a 30 veces máis mortal que a gripe.

O verdadeiro perigo da crise do brote de coronavirus reside no número de hospitalizacións. A taxa de hospitalizacións para o coronavirus é 20 veces maior que a gripe. Os hospitais e centros médicos poderían verse facilmente desbordados. Se isto ocorre, as persoas que necesitan hospitalización non serán atendidas e, polo tanto, a taxa de mortalidade aumentaría. E isto pódese evitar, a sociedade precisa ser responsable, hai que protexer ós grupos máis vulnerables. Os síntomas son problemas respiratorios e a febre se desenvolvería nun 2,5 por cento das persoas infectadas en 2,2 días e nun 97,5 por cento de persoas infectadas en 11,5 días. O período de incubación mediano neste estudo foi de 5,1 días.


Fontes

Organización Mundial de la Salud, Centros para el Control de Enfermedades y Prevención, Centro MRC para el Análisis Global de Enfermedades Infecciosas, e PudMed.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.