Non pense no Haití

©

Pregunteille a un médico amigo se algunha vez recibiu pacientes cuxo pé, adxunto ao danado, non estivese en condicións de aseo para o exame comparativo imprescindíbel. A pregunta era lixeira, pero a resposta tornouse contida e seria, tivo a gravidade de quen libra a guerra popular prolongada do xabón, arma para a vitoria da hixiene e por tanto da saúde. Faloume dos moitos que nunca lavaran o corpo e dunha muller á que cando el mesmo lle sacou o calcetín para apalpar a torcedura, saíalle con el a pel, pois era a primeira vez que desenfundaba a prenda. Hai disto trinta anos.

Comenteino agora cunha amiga sanitaria e faloume de non sei que protocolo vixente, aplicado nos hospitais pouco menos que a diario. Describiu ademais o procedemento para extraer a roña lítica, metamorfoseada. Mergullan esa parte do corpo en lixivia e avanza a corrosión, até que trunfa a brancura. Un implicado, ou operado, advertiulle que xamais se lavaría diariamente, porque as cadeiras acaban rompendo.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.