Not Found

Hai un ano realicei unha compra en Zara online. Cando abrín a caixa atopei entre as prendas que mercara dous pantalóns que foran introducidos por erro e chamei a atención ao cliente:

-Boa tarde, acabo de recibir o meu pedido e hai dous pantalóns que non encarguei e que quero devolver.

-Por suposto, marque os artigos a devolver no ticket, peche a caixa ca pegatina vermella,...

-Os pantalóns non figuran no ticket porque non entran dentro do pedido, estaban na caixa por erro e como non son meus, quería devolvelos.

-Se non adxunta o ticket non poderemos reembolsarlle o importe.

-É que non os paguei.

-E quere devolvelos... (silencio). E podería achegarse a unha tenda e deixalos alí?

-Entendo que a miña obriga remata no momento en que estou notificando a equivocación. Recibín o pedido a domicilio e estes artigos deberían ser recollidos da mesma maneira.

-Xa... Pode darme os seus datos? Esta tarde pasará un servizo de mensaxería para recollelos.

No menú da aplicación non existía unha opción para xestionar estas situacións simplemente porque non esperan que se produzan. Será certo iso de que os políticos non son nin mellores nin peores que a sociedade que os elixe? Só iso podería explicar o alto nivel de tolerancia que existe na sociedade en relación coa corrupción.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.