Visitei a exposición que mulleres e homes migrantes organizaron no Centro Sociocultural O Vello Cárcere, en Lugo. Baixo o título "Tecendo Redes, migración, arte, Lugo" crearon para intentar comprender, en primeiro lugar, para entender e asumir que a migración é tan antiga como o propio ser humano
Visitei a exposición que mulleres e homes migrantes organizaron no Centro Sociocultural O Vello Cárcere, en Lugo. Baixo o título "Tecendo Redes, migración, arte, Lugo" crearon para intentar comprender, en primeiro lugar, para entender e asumir que a migración é tan antiga como o propio ser humano e que antes ca eles millóns dos nosos se desprazaron pola codia terrestre para intentar sobrevivir ou para que a vida tivese a dignidade como calidade básica.
Coñezo persoalmente a unha das artistas que participan, naceu nalgún lugar desa inmensidade que é Rusia e xa escribín aquí sobre ela, chámase Alisa Smirnova. Naceu no panteísmo porque non era posible que outra divindade superase á propia natureza na súa omnipresencia e no seu poder. Satisfáceme comprobar que adquiriu as habilidades que lle permiten a unha muller adaptarse á vida nunha cidade na que ás veces só pode confiar na lúa, á que precisamente dedica unha obra.
A cultura posúe códigos e linguaxes e unha mensaxe que pode ferir pola beleza ou pola reprodución da dor e das súas causas, razóns que fan dela un elemento clave no diálogo entre diferentes
A cultura posúe códigos e linguaxes e unha mensaxe que pode ferir pola beleza ou pola reprodución da dor e das súas causas, razóns que fan dela un elemento clave no diálogo entre diferentes, porque subxace sempre a esencia do humano como denominador común. É a Semente de mencer, que así se titula o libro que recolle a obra do Darío publicada ata 2006, cando a luz fai comprensible a paisaxe, a realidade social, os contextos, mais son moitas as ocasións nas que o mencer é un día de batalla, de loita contra o sistema e coas propias limitacións como condicionante inexorable.
Da semente que el cultivou necesitamos e necesitan outros pobos. Os seus versos teñen ese lévedo do universal, que descansa na diversidade cultural do mundo como ben a preservar, no respecto entre diferentes e no respecto a principios fundamentais sobre os que se asentan os Dereitos Humanos
Esta obra poética, recollida por Alvarellos neste libro, será presentada, ou foi presentada, dependendo de cando lean isto, o martes 16 deste mes tamén no Vello Cárcere, lugar no que a represión e a morte pariron liberdade e vida. Que dicir do Darío se só con pronunciar o seu nome o mundo para e cada cousa pronuncia o seu con seguridade. Así, sabe o cómaro que chamarse cómaro confire á súa existencia un significado e unha forza para que a neve pare nel máis tempo, incluso para que neve dende o ceo que o contempla. Se esa elevación de terreo de pouca extensión estivese en Senegal o nome sería outro, o significado distinto, aínda sendo sinónimos, e a forza tería unha potencialidade diferente.
Non renderse é vencer. Non nos entregar é o máximo que podemos dar aos nosos, coidando ese herdo inmaterial, refuxiándonos en Saor: calquera espazo no que un non se traizoa
Da semente que el cultivou necesitamos e necesitan outros pobos. Os seus versos teñen ese lévedo do universal, que descansa na diversidade cultural do mundo como ben a preservar, no respecto entre diferentes e no respecto a principios fundamentais sobre os que se asentan os Dereitos Humanos. Por iso, neste tempo o Darío fálalle ao Pobo Palestino con voz firme, para dicirlle: venceremos nós! E que o futuro escoite esa mensaxe e esa determinación. Non renderse é vencer. Non nos entregar é o máximo que podemos dar aos nosos, coidando ese herdo inmaterial, refuxiándonos en Saor: calquera espazo no que un non se traizoa.