Tendemos a crernos seres insignificantes, aceptando con resignación este desconcertante e inxusto mundo, repetíndonos a nós mesmos que non está na nosa man solucionar moitos dos problemas que nos asolagan. Apresados polo noso día a día, a miúdo perdemos a percepción de que unha mirada, unha palabra, ou unha acción, poden convertirse nunha marea de dignidade e de esperanza. Non é esta unha visión idealista ou romántica da vida, senón que se apoia na chamada “teoría do caos”, segundo a cal “o aleteo dunha bolboreta pode xerar un tsunami ao outro lado do mundo”
Hai un ano Roberto Rivas, un bombeiro da Coruña, “aleteou” ao negarse a romper a cadea do portal de Aurelia Rey, para evitar o desaloxo da súa casa desta anciá de 85 anos. Aquela imaxe coa a cara semitapada polo seu casco de bombeiro e cun cartel de “Stop Desahucios”, que recorreu todo o país, convertiuse en símbolo da loita contra os desafiuzamentos. Esta semana entraba nos xulgados , acusado de alteración do orde público por aqueles feitos, visiblemente emocionado entre os aplausos e as apertas dos seus compañeir@s, e de moit@s cidadáns da Coruña. Eu hoxe dende aquí, quero darche as grazas Roberto, porque:
Aquela mañá que te negaches a romper a cadea da casa de Aurelia fuches partícipe do cambio que queres ver no mundo, e esa decisión non só te dignifica a ti, senón que nos enche de esperanza
En tempos en que no ámbito laboral son moit@s os que por medo, e coa excusa de que reciben ordes, abandonan a súa ética e profesionalidade, ti amosaches unha valentía e coherencia que deberían sonroxar a moit@s; as veces a desobediencia é a única maneira de pelexar contra as inxustizas;
Aquela mañá que te negaches a romper a cadea da casa de Aurelia fuches partícipe do cambio que queres ver no mundo, e esa decisión non só te dignifica a ti, senón que nos enche de esperanza e nos ensina aos demáis a mover as “alas” no sentido correcto, para que este mundo cheo de desolación, sinrazón e inxustizas, pareza simplemente, máis humano.