O movemento feminista non comparece

©

Hemeroteca

Varias mulleres abolicionistas expresaron estes días o seu grande desacougo ante a barbaridade da prostitución e da trata. Rosario Valledor facíao en Facebook e demandaba actuación. Sunsa Gormaz cre que o feminismo ten unha débeda coas mulleres escravizadas. Llerena Perozo describía en Praza Pública os desprazamentos das prostitutas compostelás a domicilios como único xeito de sobrevivir durante a corentena.

Só se desvelan partes mínimas desta animalada cando a policía desarticula algunha mafia. Entón aparece un pesadelo de escravas e intuímos a maraña posterior de burocracia e desamparo.

O movemento feminista non comparece. Non se presenta. A forza extraordinaria que posúe nunca se proxecta sobre este espanto. As centenas de psicólogas e avogadas, as miles de activistas, ese enorme talento colectivo nunca se focaliza aí. Non hai asesoramento, nada. É un mundo alleo.

As enerxías limítanse ao debate teórico sobre o abolicionismo, que se converte nun bucle paralizante. Un bucle introspectivo que afianza a clamorosa inhibición.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.