1.
Se unha Comunidade Autónoma
non cumprise as obrigas
que
a Constitución…
… ou outras leis lle impoñan,
ou ben actuase de maneira que
atente
gravemente
ao interese xeral de España!
O Goberno, previo requerimento ao Presidente da Comunidade Autónoma,
no caso de non ser atendido,
coa aprobación por maioría Absoluta do Senado,
poderá adoptar… as medidas necesarias…
para obrigar aquela ao cumprimento forzoso das devanditas obrigas
ou para a protección do mencionado interese xeral.
2.
Para a execución das medidas previstas no apartado anterior,
o Goberno poderá dar instruccións a todas
as autoridades das Comunidades Autónomas.
Comentario de texto:
Non sei se manexo unha versión errada porque non atopo a facultade de cesar, mesmo encarcerar as autoridades autonómicas para sustituílas por outras, ou a opción de suspender a autonomía para recentralizar as súas competencias.
No verso 5, “outras leis” non podería incluír as aprobadas polos Parlamentos Autonómos?
“As medidas necesarias”… cales son?
O do “interese xeral de España”. Quen o determina e o mide?
“Non ser atendido” significa “non ser atendido como un quere”?
“Poderá adoptar” e “poderá dar instruccións” é o mesmo que “adoptará” e “dará instruccións”?
“Dar instruccións” implica que se cumpran sen discusión?
No plano formal penalizan: o ripio “atente gravemente”, o cándido recurso avangardista do verso 2 ou a liña longa de inspiración Whitmaniana, o úso caprichoso das maiúsculas (Goberno / autoridades autonómicas), o excesivo encanamento de subordinadas e xustapostas e a parodia do rexistro oficial: “previo requerimento”, “de non ser atendido”, “das devanditas”, “do mencionado interese”, “das medidas previstas/no apartado interior”
Son malos tempos para a lírica, certo. Aínda así, declamado pola mesma Soraya Sáenz que vertía lágrimas de crocodilo polos desafiuzamentos, o 155 constitúe todo un poema.