O radon: Información e/ou alarmismos

“A información é poder”: Thomas Hobbes, filósofo inglés (1588-1679) no “El Leviatán”, que é o gran tratado de filosofía política.
“Quién tiene el saber, tiene el poder”: David Hume, escocés (1711-1776) filósofo, economista e historiador da ilustración.
“A materia nin se crea nin se destrúe, só se transforma”: Antoine-Laurent Lavoisier, químico francés (1743-1794: morreu guillotinado).

No mes de febreiro do 2018 entrou en vigor a directiva europea 2013/59 (Euratom), do Consejo Europeo, que obriga aos estados membros a “implementar plans de acción para avaliar e controlar o gas radon en vivendas, hospitais, escolas ou centros de traballo”. O Goberno do estado español anunciou a finais de xaneiro do 2018, que o “Plan Estatal de Vivendas 2018-2021 subvencionará as actuacións no interior das vivendas para reducir de xeito efectivo o promedio anual de concentración de radon a níveis inferiores a 300 becquerelios por metro cúbico de aire, ou que reduzcan a concentración inicial do gas polo menos un 50%”.

A directiva europea fala no seu artigo 74.1: “Os estados membros da Unión Europea, establecerán níveis nacionais de referencia para as concentracións de radon en recintos pechados. Non debe superar os 300 becquerelios por metro cúbico de aire”. No artigo 74.2 fala de que “ [...] fomentarán a adopción de medidas para identificar aquelas vivendas onde o radon supere o nível de referencia e fomentarán, cando proceda, a adopción de medidas para reducir a concentración en ditas vivendas”. Tamén fala no Anexo XVIII, apartado (5) da “asignación de responsabilidades (gubernamentais e non gubernamentais), mecanismos de coordinación e recursos dispoñibles, para poñer en práctica o plan de acción contra o exceso de radon”.

Coñecido o problema, que está facendo a administración tanto autonómica como a do estado español?

Sabemos que o radon é un gas radiactivo que procede do solo. É invisible, incoloro, inodoro e ubícuo. Prodúcese de forma natural, como consecuencia da desintegración do Uranio, presente en materiais da corteza terrestre como o granito, que conforma a maior parte do subsolo do sur de Galicia. Concéntrase en sotos, baixos e garaxes e dende aquí vai ascendendo co aire, pese a ser máis pesado ca el. Tende a acumularse no interior das edificacións. É necesario cuantificar a súa presenza, medindo a concentración de radon no aire. A OMS sitúao como a segunda causa de cáncro de pulmón, a primeira entre os non fumadores. Sabemos que é capaz de mutar as células do texido pulmonar, ocasionando o cáncro. O radon existe de xeito natural no ambiente, dende que a terra é terra, en concentracións de 5-6 Bq/m³. O grave do tema é a acumulación e o estar respirando ese aire durante moito tempo.

Os riscos para a saúde do gas radon son evidentes e demostrables.  A evidencia epidemiolóxica de que o gas radon é unha causa de cancro pulmonar en humanos, derívase dos estudos feitos (de cohortes) de mineiros subterráneos que eran expostos a altos niveis de radon no pasado (Beir VI 1999: Health effects of exposureto Radon. Whahington, DC: National Academy Press).

O radón foi considerado pola Axencia de Protección Ambiental da OMS: carcinóxeno humano no ano 1987. Non temos evidencias científicas de que poida ocasionar outro tipo de cáncro diferente ao de pulmón, pero sendo un isótopo radiactivo a evidencia científica só se podrá saber si se investiga, e esta responsabilidade correspóndelle ás administracións que asinaron a directiva europea de obrigado cumprimento para os estados membros.

Temos solucións para previr do exceso de gas radon nas casas? Por suposto que si. Utilízanse diferentes mecanismos, dende colocar unha máquina de ventilación forzada de aire, até facendo obras nas casas xa construídas, colocando dispositivos de recollida de aire para levalo o exterior. Nas casas de nova construción debería cumprirse a Directiva Europea evitando que se acumule o gas nas casas colocando unhas reixas especiais nas catro esquinas dos cuartos, na parte baixa, para provocar a corrente continua de aire.

Tamén temos que saber en que mans nos poñemos, cando se trata de algo tan serio como a saúde das persoas con respecto o gas radon. O Laboratorio de Radon de Galicia, da USC, ofrece as garantías de homologación que concede a Unión Europea.

Nalgúns lugares de Galicia xá se están facendo medicións e colocando os dispositivos cando se observa que o nivel de becquerelios aumenta por encima do permitido pola Unión Europea, pero queda moito por facer. Sobre todo: informar á xente, responder as preguntas que teñen e que temos, que non se cre un alarmismo innecesario; sen a presenza das administracións é imposible. Que cada parte faga o seu cometido porque coa saúde da xente non se xoga!

Nas gráficas (tomadas de internet) expoño o nível de acumulación do gas radon no estado español e en Galicia. Vemos que a afectación é prioritaria no sur de Galicia. Non sabemos “se esa prioridade fose o redor da capital do estado” se o problema sería o mesmo e a directiva da Unión Europea, de verdade sería de “obrigado cumprimento” para os estados membros e éstes porían os medios para a medición do gas e para a erradicación do radon do interior das casas.

Publicidade

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.