O rei Juan Carlos sempre manifestou afecto e admiración polo ditador Franco

Franco e Juan Carlos I CC-BY-SA Nodo50

Cómpre recuperar a memoria histórica e difundir aquilo do que non falan moito os medios de comunicación

Despois da montaxe da exhumación do ditador Franco, que é sen dúbida unha boa noticia para celebrar e un acto de xustiza coas vítimas da ditadura, cómpre recuperar a memoria histórica e difundir aquilo do que non falan moito os medios de comunicación. Este podería ser unha especie de decálogo básico.

1. A exhumación chega moi tarde, despois de 44 anos da morte do ditador.

2. Debemos lembrar que en Galiza non houbo Guerra Civil, senón unha ditadura criminal, un auténtico xenocidio con máis de 6.000 persoas asasinadas desde o momento que se produce o 18 de xullo de 1936 a sublevación e golpe de Estado contra o lexítimo goberno de República.

3. Despois de 42 anos de democracia e dunha Transición, presentada como modélica, aínda quedan nas cunetas os cadáveres de 130.000 persoas asasinadas polo franquismo. Os crimes do franquismo continúas impunes, sen que os sucesivos gobernos do PSOE e PP fagan nada para acabar con esta vergoña e ten que ser a xustiza arxentina quen inicie o proceso para xulgar eses crimes a través da chamada Querela Arxentina. Moitos torturadores da ditadura, entre eles Antonio González Pacheco “Billy el Niño”, continuaron coa súa carreira profesional; este recibiu cinco medallas, que lle permiten cobrar un 50% máis de pensión.

4. Franco designou a Juan Carlos como o seu sucesor na Xefatura do Estado o 22 de xullo de 1969 “para que todo quede atado y bien atado para el futuro”. Juan Carlos aceptaba o ofrecemento do ditador e xuraba perante as Cortes fidelidade a Franco e ás leis da ditadura. A pregunta do presidente das Cortes, Antonio Iturmendi Bañales, respondía o príncipe de España: “Sí, juro lealtad a Su Excelencia el Jefe del Estado y fidelidad a los Principios del Movimiento Nacional y demás Leyes Fundamentales del Reino”.

5. No seu discurso ante as Cortes, Juan Carlos aceptaba a lexitimidade da ditadura produto da sublevación militar e fascista do 18 de xullo de 1936 e xustificaba a represión e sufrimentos porque eran “necesarios”: “Mi General, señores Ministros, señores Procuradores: Plenamente consciente de la responsabilidad que asumo, acabo de jurar, como Sucesor a título de Rey, lealtad a Su Excelencia el Jefe del Estado y fidelidad a los Principios del Movimiento Nacional y Leyes Fundamentales del Reino. Quiero expresar en primer lugar, que recibo de Su Excelencia el Jefe del Estado y Generalísimo Franco, la legitimidad política surgida del 18 de julio de 1936, en medio de tantos sacrificios, de tantos sufrimientos, tristes, pero necesarios, para que nuestra patria encauzase de nuevo su destino”.

6. Juan Carlos sempre manifestou o seu afecto e admiración ao ditador Franco, Así, nunha entrevista para a televisión francesa en 1969 un xornalista preguntáballe a Juan Carlos Borbón: “¿Qué representa para usted el general Franco?”. E contestaba: “El general Franco es verdaderamente una figura decisiva, histórica y políticamente para España. Supo resolver nuestra crisis de 1936. Desempeñó un papel político para sacarnos de la Segunda Guerra Mundial.  En los últimos treinta años, ha echado las bases del desarrollo. Para mí, es un ejemplo vivo, por su dedicación patriótica diaria al servicio de España. Le tengo un gran afecto y una gran admiración”. 

7. Dous días despois de morrer o ditador, Juan Carlos fala de Franco como “estadista” e “figura excepcional” e manifesta “gratitud” e “lealtad” nun discurso pronunciado o 22 de novembro de 1975, cando é proclamado rei de España: “Como Rey de España, título que me confieren la tradición histórica, las Leyes Fundamentales del Reino y el mandato legítimo de los españoles, me honro en dirigiros el primer mensaje de la Corona que brota de lo más profundo de mi corazón. Una figura excepcional entra en la historia. El nombre de Francisco Franco será ya un jalón del acontecer español y un hito al que será imposible dejar de referirse para entender la clave de nuestra vida política contemporánea. Con respeto y gratitud quiero recordar la figura de quien durante tantos años asumió la pesada responsabilidad de conducir la gobernación del Estado. Su recuerdo constituirá para mí, una exigencia de comportamiento y de lealtad para con las funciones que asumo al servicio de la patria. Es de pueblos grandes y nobles el saber recordar a quienes dedicaron su vida al servicio de un ideal. España nunca podrá olvidar a quien como soldado y estadista ha consagrado toda la existencia a su servicio” .

8. No discurso de Nadal de 1975 eloxiaba ao ditador Franco e subliñaba o seu patriotismo: “El año que finaliza nos ha dejado un sello de tristeza que ha tenido como centro la enfermedad y la pérdida del que fue durante tantos años nuestro Generalísimo. El testamento ofrecido al pueblo español es sin duda un documento histórico que refleja las enormes cualidades humanas, los enormes sentimientos de patriotismo sobre los que quiso asentar toda su actuación al frente de nuestra nación. Tenemos las bases muy firmes que nos legó una generación sacrificada y el esfuerzo titánico de unos españoles ejemplares. Hoy les dedico desde aquí un homenaje de respeto y admiración”.

9. Esta documentación histórica debería ser difundida con total normalidade nun país democrático e recollida nos libros de texto para a educación cívica de futuras xeracións.

10. Despois de asistir á exhumación do ditador, non perdamos a memoria: a monarquía borbónica é unha herdanza do franquismo e aínda quedan moitos restos do franquismo que debemos eliminar e recuperar todo o que roubaron, como o pazo de Meirás e a Casa Cornide.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.