Os domingos no lar gostamos de facer o pequeno almorzo coa calma imposíbel que o cotiá fixo artigo de luxo. Coa música un bocadiño alta, algunha lambonada de pâtisserie desas que gustaba recomendar a María Antonieta e un xornal dos de antes, refírome a un en formato papel, non á liña editorial, aínda que algo diso tamén hai. Non faltaba tampouco o arrecendo e o son do lume na lareira.
A cousa ía da importancia que tivo o Xabarín club na difusión da nosa cultura pop, na creación dunha vangarda audiovisual que nos empoderaba definitivamente como pobo no audiovisual. Si, non esaxero, todas as institucións constrúen o que, en palabras de Anderson, é a comunidade imaxinada, o espazo da nación
Hoxe escoitamos A Espuma das Canções, un delicioso e delicado traballo do Rui Veloso que transita os espazos nos que o rock, o jazz e mesmo o folclore portugués esvaecen e perden a totalidade para sumar as partes nunha delicatessen cociñada a lume manso polo músico de Porto. Orquestracións espectaculares, voz doce, suave, cadenciosa e letras de poeta urbano con alma de camponês son os ingredientes. E mentres ulía o café acabado de facer pensei, máis outra vez, que é unha mágoa que sendo o mesmo pobo vivamos tan de costas ao sur miñoto do país. No segundo bocado de brioche tamén masquei máis a reflexión e aínda afondei: é unha mágoa que vivamos tan de costas a nós mesmos. Despois de toda a historia que levamos xa nos ombreiros aínda hai quen acredita máis na inexistente imposición da nosa lingua que no feito real de sermos colonia interior.
Eu tiven a sorte de ter uns pais que son nacionalistas inconscientes, é dicir, pensan que non o son e vivían nesa contradición de falar galego entre eles e criar ao fillo en español. Mais sempre souberon de onde veñen, o que foron e o que somos, a importancia da nosa cultura e así o inculcaron na familia, valores de auto consciencia dese noso feito existencial. Tiven a sorte de medrar na raia, tendo moita relación con Portugal, nunha familia lusófila. E eu agradézollo, doume unha idea do mundo abertamente pangalaica e mesmo ás veces soño coa reunificación nun só ente administrativo e soberano da Galiza do norte e a do sur.
Mais a cousa non ía de min, ía da importancia que tivo o Xabarín club na difusión da nosa cultura pop, na creación dunha vangarda audiovisual que nos empoderaba definitivamente como pobo no audiovisual. Si, non esaxero, todas as institucións constrúen o que, en palabras de Anderson, é a comunidade imaxinada, o espazo da nación. Sobre todo, hoxe en día, os medios de masas.
Non acredito tanto no formato canle 24h (na TDT) coma nunha posíbel plataforma OTT (tipo netflix para nos entender) da galega. Hai necesidade dese espazo e de facer forza cos irmáns lusófonos
Eu, confeso, descubrín ao Rui Veloso nun video do Xabarín no que cantaba a versión galeguizada do seu tema A Invenção Do Canto, grazas a ese espazo da Galega tomei unha adolescente consciencia da cultura interesante e moderna que tiñamos tan preto e no noso idioma (noutra variante, pero lingua común). Anos despois, na Facultade da man de docentes imprescindíbeis coma Manuel Outeiriño ou Marta Pérez Pereiro, tamén descubrín que outra televisión, e por extensión, outra cultura popular, é non só posíbel senón necesaria. Obrigado por falarnos do Alexander Kluge, Chantal Akerman e de tantos e tantas!
O xabarín era un programa do que estar orgulloso nunha tele que sempre tivo máis complexos que certezas, que medrou para ser subsidiaria e brazo financeiro do monopolio da comunicación co que a Xunta espanta críticas. Que chama máis e paga mellor a Bisbales ePantojas que aos punkis de Lalín e que nunca foi quen de espantar a pantasma da dependencia política e do paternalismo Madridcentrista, complexo tan presente no PPdG que cortou en seco cada tímido intento de emancipación cultural e audiovisual, que por covardía, medo ou algunha patoloxía tipo síndrome de Estocolmo, as sucesivas direccións do ente galego nunca se atreveron a consumar.
O importante é recuperarmos a soberanía audiovisual, ser quen de –isto é o importante– producir e distribuír contido de calidade e soster un sistema cultural-audiovisual de noso no que vivir con dignidade, sin precarizacións, subcontratas nin manipulacións.
Eu acredito naquela televisión do Xabarín, de Sitio distinto e Chambo! Descarada e moderna, fachendosa do noso e independente nunha casa sempre dependente. Eu acredito que é preciso recuperarmos ese espírito. Evidentemente, modernizado e adaptado ao presente. Non acredito tanto no formato canle 24h (na TDT) coma nunha posíbel plataforma OTT (tipo netflix para nos entender) da galega. Hai necesidade dese espazo e de facer forza cos irmáns lusófonos, alén de tecnoloxías que ese é outro debate. O importante é recuperarmos a soberanía audiovisual, ser quen de –isto é o importante– producir e distribuír contido de calidade e soster un sistema cultural-audiovisual de noso no que vivir con dignidade, sin precarizacións, subcontratas nin manipulacións.
Fico por aquí, roubándolle uns versos ao Rui que escoito rematando o café lento desta mañá de outono: Dá-me luta, dá-me alento/Qualquer coisa pra lembrar.