En 1981, convocada pola Coordinadora de Colectivos Gais de Galicia, discorría polas rúas de Vigo o 28 de xuño unha pioneira manifestación. Un acto de afirmación homosexual, reivindicando a liberdade sexual e denunciando a represión da homosexualidade
Aconteceu en 1977, en Barcelona, a primeira manifestación en defensa dos dereitos LGTB, documentada para a posteridade pola marabillosa cámara-ollo de Colita. En cabeza marchaban moitas mulleres trans, entre outras, Trini Falcés.
Nunha sociedade que comezaba saír de tempos escuros, represivos en todas as ordes da vida pero moi sinaladamente na moral e na sexualidade, aquela manifestación fixo “pum no ollo” que diría Luís Seoane, e ocupou lugar destacado na prensa.
En 1981, convocada pola Coordinadora de Colectivos Gais de Galicia, discorría polas rúas de Vigo o 28 de xuño unha pioneira manifestación. Un acto de afirmación homosexual, reivindicando a liberdade sexual e denunciando a represión da homosexualidade da que daba cumprida conta La Hoja del Lunes de Vigo do 29.06.
Pola tarde, no Parque de Castrelos, unha festa “cachondona” en palabras de Amilo Gorgia e, na explanada do auditorio “[…] unha gran pancarta frontal dicía: maricón, mariquita, marimacho, tortillera, lesbiana, homosexual, gai…, mil e unha forma de decir: te deseo”
Corenta nove e corenta e cinco anos destes sucesos que escandalizaron moita sociedade ben pensante máis que achegaron ar fresco a outras persoas que agachaban desexos, que se pensaban enfermas, anormais, raras ou que levaban duplas vidas. Actos que desvelaron e revelaron que en cuestión de sexo, sexualidade, desexo, identidade sexual a diversidade humana é innegable e que os movementos de loita pola liberdade sindical, nacional, política… tiñan que incorporar estas demandas democráticas se demócratas querían chamarse.
Uns anos despois, en 1985, as Comisións de Lesbianas da Asociación Galega da Muller de Ferrol, A Coruña e Santiago pulamos para que a Coordinadora Nacional de Organizacións Feministas organizasen o I Encontro de Feministas Lesbianas. Celebrouse en Ferrol
Uns anos despois, en 1985, as Comisións de Lesbianas da Asociación Galega da Muller de Ferrol, A Coruña e Santiago pulamos para que a Coordinadora Nacional de Organizacións Feministas organizasen o I Encontro de Feministas Lesbianas. Celebrouse en Ferrol. Na Ponte das Pías unha enorme pancarta anunciaba tal evento. As lesbianas da AGM levabamos desde 1982 traballando para sentirnos ben na nosa opción sexual e gañando “forza” para poñer o corpo, sempre máis encollido que o dos gais, porque xa se sabe que aos maricas, aínda que non estivesen ben vistos, se lles outorgaba sexualidade e desexo, máis ás mulleres non. Que sexo é ise? Pode haber sexualidade sen pene? As mulleres non tiñan sexo de seu, así o predicaron de mil xeitos en púlpitos e confesionarios, tratados “científicos”, discursos políticos, manicomios, o Patronato de protección á Muller e outras institucións. O delas é someterse ao dispor do varón, no matrimonio e con fins reprodutivos. “Xastá”.
Esa diversidade cobrou, en Galiza, unha nova dimensión cando a valente Laura Bugalho saíu publicamente do armario como muller trans en 1996.
Conseguimos ir abrindo portas e xanelas e que os sectores máis aperturistas da sociedade fosen cambiando de mentalidade. Foron sumándose forzas desde outros prados, veigas e leiras á demanda de liberdade no sexo e a sociedade española foi mudando ideas, conceptos e crenzas, tanto, que en 2005 cando o goberno de Zapatero aproba a Lei de Matrimonio Homosexual, unha maioría social do 66% está de acordo. A xerarquía da igrexa católica con Rouco á cabeza deixa ver o seu furor nas rúas e noutros espazos xunto a amplísimos sectores do PP que presenta recurso no Tribunal Constitucional. Este demora sete anos e resolve de par da lei con 8 votos a favor e tres en contra.
Conseguimos ir abrindo portas e xanelas e que os sectores máis aperturistas da sociedade fosen cambiando de mentalidade. Tanto, que en 2005 cando o goberno de Zapatero aproba a Lei de Matrimonio Homosexual, unha maioría social do 66% está de acordo
No primeiro ano de aprobación desta lei matrimoniaron unhas 4.500 parellas do mesmo sexo. Nestes lares as primeiras foron Guillermina e Estela e no precioso libro de Eva Mejuto Memoria Diversa con fotografías de Carme Cerviño (Deputación Provincial da Coruña, 2022) recóllese o comportamento de El Correo Gallego naquela altura, un estupendo retrato deses sectores sociais irredutibles e irrespectuosos.
Outras leis e modificacións no Código Penal se teñen ido implementando para outorgar dereitos e ampliar os existentes, en particular ás persoas trans.
Liberdades, que pelexaron persoas e organizacións non gobernamentais e, grazas a esas loitas conseguiron que as distintas administracións plasmasen en leis, normas e decretos garantías e dereitos que hoxe gozamos. Conseguiron tamén que chegasen a academia os retos teóricos manifestados pola construción social do xénero e a sexualidade, a construción histórica da homosexualidade e a transexualidade, a construción da identidade...
Os cambios habidos son enormes. O respaldo á homosexualidade é un dos máis altos do mundo. Segundo a Encuesta Nacional de Salud Sexual do Ministerio de Sanidad e o CIS 2026 o 88,1% da poboación considera que as relacións homosexuais son igual de respectables que as heterosexuais
O documental Noite Irisada (2019) de Bea Vázquez Campaña, producido por Fernando Rodríguez recolle boa parte da loita LGBT no país.
Os cambios habidos son enormes. O respaldo á homosexualidade é un dos máis altos do mundo. Segundo a Encuesta Nacional de Salud Sexual do Ministerio de Sanidad e o CIS 2026 o 88,1% da poboación considera que as relacións homosexuais son igual de respectables que as heterosexuais. Un 5,3% non está nada de acordo e un 5,2% pouco de acordo. A mostra é de 9.009 persoas, representativa da poboación. A primeira enquisa do Ministerio, feita hai 16 anos, daba uns resultados ben máis baixos, só un 41% consideraba iguais de respectables ambas relacións.
Todo isto non quer dicir que non haxa que seguir sachando. Hai aínda moitas persoas que non queren que nos seus traballos se saiba a súa orientación sexual. A homofobia e a transfobia seguen entre nós aínda que sexan minoritarias e provocan, en ocasións, cousas tan terribles coma o asasinato de Samuel Luiz en xullo de 2021 en A Coruña e agresións de distinto teor con maior frecuencia.
Seguir sachando con orgullo para vivir con orgullo as distintidades do ser.