Os despropósitos do Sergas e a administración sanitaria en Galicia

CC-BY-SA Praza Pública

Que o Sistema Sanitario Público en Galicia adolece de recursos para ser mínimamente eficiente, é algo que sabemos todos e todas. Que os recursos que se dedican a Sanidade Pública, está claro que non chegan para satisfacer as necesidades dun País envellecido e disperso, tamén. Que os administradores que deberían xestionar os recursos non o fan ben, tamén. Pero, en que gasta a administración galega e o SERGAS os cartos de todolos galegos? A remodelación das instalacións de San Caetano (sede da Xunta de Galicia) en Compostela, onde traballan os responsables de que as contas en Galicia sexan para gastos de primeira necesidade, invertirán 40 millóns de euros na “remodelación” do exterior e interior da sede. Ademáis, van facer un novo edificio administrativo, valorado noutros 20 millóns de euros (por que non someten a referendum si os Galegos queremos que se gasten eses cartos neses temas…? ou ben, en contratar persoal sanitario para non ter as consultas masificadas e os retrasos tan evidentes, en primeiras consultas, probas diagnósticas e cirurxía). 

Pero temos máis: o sr. Feijoo, acaba de anunciar a bombo e platillo, que van a aumentar as Unidades de Atención a Domicilio: con 15 médicos e 30 ATS: costará 2,5 millóns de euros, 1,3 millóns en persoal. A pregunta que nos facemos é a seguinte: si non temos persoal para cubrir as sustitucións en Atención Primaria (“non temos médicos nin ATS”: Feijoo dixit), cos resultados negativos que todos sabemos: como vai a contratar a ese persoasl, e onde? Si lles dan un salario de miseria (como o recén creado pacto de contratación), unha estabilidade laboral inexistente e unha conciliación labora e familiar imposible.

Pero seguimos: todos os que temos algo que ver no Sistema Sanitario Público Galego, solicitamos inversión en persoal, en sustitutos e en recursos humáns...pois ben, o sr. Feijoo o que responde é cunha inversión de 17,5 millóns de euros...EN MOBILIARIO!

Unha quinta parte do orzamento destinado a sanidade, destinase a cousas innecesarias nos países que conforman a Unión Europea (UE). Así o expón un recente informe da Organización para la Cooperación y el Desarrollo Económico (OCDE), un traballo no que os expertos na materia reclaman reducir, o mínimo, os "gastos superfluos" co obxetivo de lograr que os sistemas sanitarios sean "máis efectivos". O documento entende que esta cuantía, que e "desperdiciada", debería ser "reasignada para un mellor uso". Tanto é así, que o organismo internacional entende que se podrían eliminar esta serie de gastos "sin menoscabar a calidade asistencial dos coidados os pacientes". 

Galicia está entre as comunidades autónomas con peores servizos sanitarios, o caer tres postos, según o XV informe 'Los Servicios Sanitarios de las CC.AA.' da Federación de Asociaciones para la Defensa de la Sanidad Pública (FADSP): Baleares (72); Galicia (71); Andalucía (68), Cantabria e Murcia (66), son as CCAA cuns servizos sanitarios deficientes. O gasto sanitario por cada galego, (gasto per cápita) de 2018, foi de 1.429 €.

Como é posible que uns/has xestores da sanidade teñan cartos, para cousas importantes, pero non de primeira necesidade, e non os teñan (ou digan que non os teñen...) para algo tan básico como é o ben máis preciado que temos: a saúde; e ésta, quédase, unha vez máis, sin recursos.

Neste momentos estase NEGOCIANDO ca administración do SERGAS, no Consello Técnico de Atención Primaria de Galicia, o Novo Modelo de AP con 15 Comisións Técnicas Sectoriais, con 206 persoas nas Comisións, que están xa operativas e en funcionamento. Temos un prazo de 3 meses para resolver estas e outras cuestións que atañen o futuro da Sanidade en Galicia. De nós depende que as conclusións as que cheguemos en cada Comisión sexan postas en marcha pola administración. De ser así, o futuro pode ser esperanzador. De non facer caso a administración as propostas presentadas (como xa fixo outras veces...) volveremos ás etapas máis oscuras da sanidade e as mobilizacións encherán as rúas de novo, ca forza que xa tiveron en Vigo, en Compostela e nas Áreas Sanitarias que viron reducidos os seus servizos.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.