O piloto tiña a consigna de levar ao entrevistador europeo, ata o “Pepe”. Esquilmadores, eurocéntricos, soberbios, insolidarios, abusadores, violentos, golpistas… foron algunhas das afirmacións que nos dedicou
As instrucións eran claras. Non debería ir nun taxi, senón que sería o seu chofer particular o que me recollería no hotel para levarme a súa casa de campo. Tratei de estar a altura da ocasión. Vestín elegante pantalón negro, discreta chaqueta gris e zapatos de coiro a xogo.
O chofer chegou puntual. De mediana idade, vestía cazadora castaña de pel desgastada e calzaba pucha. Logo dun breve saúdo abriunos ritualmente a porta a Lucía Hormes e a min, para que accedésemos á parte traseira do vehículo.
Tras dun curto silencio, viñeron algunhas poucas frases banais para romper o xeo , que axiña deron paso a unha enxurrada do reproches do cocheiro, cara aos imperialismos, entre os que englobaba aos todos os europeos e, por tanto, a min. O piloto tiña a consigna de levar ao entrevistador europeo, ata o “Pepe”. Esquilmadores, eurocéntricos, soberbios, insolidarios, abusadores, violentos, golpistas… foron algunhas das afirmacións que nos dedicou.
Concluín que tiña ben lido o libro As veas abertas de Latinoamérica do seu compatriota Galeano. Tentei argumentar cordialmente que non todos os europeos respondían ao estereotipo. Non tiven éxito algún, máis ben cada vez que intervía, o seu muro defensivo elevábase e reforzábase. Dubidei se o máis acaído sería o silencio ou, quizais, dar un xiro temático a conversa. Optei pola segunda opción.
O pseudo-taxista era realmente un vello compañeiro de militancia tupamara. Ao chegar á Casa de Campo decateime que tampouco era tal. Na verdade, estábamos nunha modestísima casa con un sinxelo cuberto no medio de fincas: A Chacra de Rincón del Cerro arrodeada de Leiras, unhas cultivadas, outras non
O traxecto era longo así que furguei no seu traballo como taxista de “Pepe”. De socato, volveu cortarme. Afirmando que non era taxista, senón que era unha das súas persoas de confianza que mesmo prestaba lle daba seguranza. De súpeto mostrou unha pistola que levaba ao cinto, e comentou que cumpría estar vixiantes ante posibles ataques violentos a Mujica. Mais tarde souben que o pseudo-taxista, era realmente un vello compañeiro de militancia tupamara. Un intimo amigo do expresidente.
Ao chegar a “Casa de Campo” decateime que tampouco era tal. Na verdade, estábamos nunha modestísima casa con un sinxelo cuberto no medio de fincas: A “Chacra de Rincón del Cerro”arrodeada de Leiras, unhas cultivadas, outras non.
Comecei a dubidar de si a miña elegante roupa sería a máis apropiada para a ocasión. Indicáronnos que o Pepe non estaba pero que pronto chegaría. Non sei canto tempo se demorou, pero semellou unha eternidade. Comecei a pensar que estaba as portas dun encontro fustrado.
Unha das primeiras preguntas cuestionou directamente a súa filosofía de vida. Pregunteille, como podía ser anarquista a estas alturas de historia. Antes de responderme á pregunta, deixou desarmados os meus prexuízos: "Como ya vamos demasiado viejos, ya perdimos la arrogancia de procurar que los demás piensen como nosotros”
Cando finalmente apareceron Lucía e Mujica, levaban os sachos ao lombo, vestían roupa de traballo e calzaban zapatillas, as clásicas chinelas. Foi aí, cando definitivamente saín de dúbidas. Con certeza viña coa cunha indumentaria inapropiada, que non facilitaban a sintonía ou empatía co sabio interlocutor.
Tampouco axudou moito o meu xesto de desagrado cando tentei beber o primeiro grolo dun mate que me preparara como benvida. Axiña o percibiu, e procuroulle rápida solución: máis azucre, ata que eu co tempo fose un experto na bebida nacional.
Levaba moi preparada e traballada a entrevista. Estudara a fondo a súa biografía e pretendía sacar as súas reflexións dos episodios da súa vida máis complexos. Unha das primeiras preguntas cuestionou directamente a súa filosofía de vida. Pregunteille, como podía ser anarquista a estas alturas de historia. Antes de responderme á pregunta, deixou desarmados os meus prexuízos.” Como ya vamos demasiado viejos, ya perdimos la arrogancia de procurar que los demás piensen como nosotros”. A esta reflexión engadiu outras sorprendentes. “las causas nobles están llenas de locos, que deben neutralizarse”.
Cando saímos da “chacra” levábamos sobredoses de sabedoría, de cordialidade, de análise internacional, de tantas cousas … pero, sobre todo, dunha dignidade e coherencia, nunca percibida
Sentados as portas do vello cuberto, falamos durante horas baixo a atenta complicidade de Lucía Topolanski, a súa eterna compañeira. De militancia, de persecución, de cárcere, de torturas, de abusos, de ideas..de vida. Entre a xente, paseaban acotío, o gato familiar e o famoso can “Manuela”. Cóntase que nun día de infortunio o atropelou indo a recú, co tractor da granxa, perdendo unha das súas patas. Outras teorías aseguran que foi Manuela quen se meteu debaixo da roda , tentando fuxir dun ataque canino grupal. O certo é qua partir dese momento converteuse na inseparable compaña de Mújica. O famoso “can de tres patas” morreu en 2018 e comparte espazo postmorten, co ex-presidente.
O ambiente foise distendendo paseniñamente. A serías sentencias como “ La violencia tiene un germen perverso. Si piensas que con la violencia vas cambiar a la sociedad…, y fracasas… concluyes que fracasaste porque era poca la dosis de violencia aplicada, que se precisa más violencia”. Seguían confidencias, como a de que Aznar, procurounos como interlocutores, cando tentou entaboar negociacións con ETA.. Ou a súa convicción de que ETA era o nutriente principal dos triunfos electorais da dereita en España.
Finalmente, cando o longo cuestionario se esgotou, xa, o devalar levounos por conversas espontáneas, ás que se incorporou plenamente Lucía. Reflexións sobre política internacional, sobre o liberalismo, sobre a oportunidade das alianzas sociais ou a política continentais.
A dignidade, sabedoría, humildade, coherencia que profesou desde a súa “chacra”, como gardián e soldado das causas nobres, son inmateriais e serán inmortais. Carentes de propiedades dos elementos químicos ou dos átomos. Serán parte da nosa vida inmaterial universal
Tan enredados andábamos na nosas lerias, tentando arranxar o mundo, que o reloxo correu horas sen decatarnos. Cando fun consciente da hora, crin que cumpría non abusar máis da súa xenerosa hospitalidade, e do seu prezado tempo. Aínda que o fixen coa intención de non invadir máis o seu espazo. Seica que ficaron un pouco sorprendidos pola brusquidade da marcha. Cando saímos da “chacra” levábamos sobredoses de sabedoría, de cordialidade, de análise internacional, de tantas cousas … pero, sobre todo, dunha dignidade e coherencia, nunca percibida.
Agora, que xa nos deixou, voume permitir a temeridade de disentir do venerado Pepe, cando aseguraba que “La vida es la aventura de las moléculas, en todas sus formas” . A dignidade, sabedoría, humildade, coherencia que profesou desde a súa “chacra”, como gardián e soldado das causas nobres, son inmateriais e serán inmortais. Carentes de propiedades dos elementos químicos ou dos átomos. Serán parte da nosa vida inmaterial universal.