J.M.Keynes deixou dito que "o longo prazo é unha guía errónea para comprender o presente. A longo prazo estaremos todos mortos. Os economistas formúlanse unha tarefa demasiado fácil e inútil si nas épocas tempestuosas"-como, por caso, agora coa pandemia-"o único que poden dicirnos é que cando a tormenta pase as augas teranse calmado de novo"
Centrarse agora no longo prazo -por caso, en cando a pandemia da COVID.19 quede atrás- supón pechalos ollos ao que está pasando agora cando millóns de familias en España, centos de miles en Galicia, estano pasando moi mal. Cando a actual marcha da economía vai a condicionar decisivamente o futuro inmediato a tamén o do medio e longo prazo.
Algo que podemos ver, por caso, no mercado laboral. Se o desemprego a longo prazo (36,5%) se cronifica quere elo dicir que temos en grave problema de emprego non so no momento presente senón tamén para o futuro pois estes traballadores poden, por caso, ser considerados non aptos para o traballo ou, no mellor dos casos, traballadores non especializados. Un problema que afectará a propia produtividade da economía, ao seu crecemento e competitividade. O mesmo cabe dicir do desemprego xuvenil cando mais dunha cuarta parte dos/as mozos/as (28,7%) non son quen de incorporarse ao mercado laboral pois non atoparon aínda o seu primeiro emprego, non son moitos/as menos (24,2%) os/as mozos/as parados/as de longa duración, situación laboral que obriga a moitos/as deles/as ben a aceptar un emprego precario (36%) ben a optar por emigrar na procura dun emprego que non atopan no seu pais: unha median anual de 3.500 mozos/as. Esta realidade do mercado laboral implica que Galicia non se está a aproveitar dunha mocidade que seguramente sexa a mais preparada de sempre. O pagaremos moi, moi caro. En realidade xa o estamos pagando pois si ben é certo que a pandemia da COVID.19 paralizou moita de actividade disparando o desemprego tamén é certo que Galicia viña arrastrando estes problemas dende moito antes, diría que dende sempre por que a baixa ocupación é un dos problemas sistémicos do mercado laboral galego.
O mesmo sucede co investimento, tanto público como privado. O primeiro ano da pandemia o investimento privado caeu un 14% en termos reais, algo lóxico dada a obrigada parálise de moita da actividade. Pero o problema é que xa viña caendo dende bastantes anos antes poñendo en evidencia que estamos diante dun problema estrutural. Non cabe culpar aos elevados salarios da faltas de investimento cando o custo laboral medio por traballador en Galicia é un dos mais baixos de España (non chega ao 90% da media española). As razóns son claramente outras e si temos en conta que as empresas de tamaño medio e pequeno son maioría no tecido empresarial galego quizás haxa que buscalas en que estas empresas non invisten por que non venden segundo a súa capacidade.
Por se isto no fora suficiente o gasto público non está sendo utilizado como sería mester. Baste como mostra a evidencia de que o investimento público autonómico practicamente se reduciu a metade dende o estoupido da crise financeira (2008). En plena pandemia, cando mais necesario se fan os estímulos, o gasto das administracións públicas se incrementou en termos reais (6,8%) moi por baixo das necesidades dada a forte caída da produción (8,5%).
Con estas políticas non debera estrañar que a produtividade da economía galega, a pesares da constante perda de activos e de empregos, non pare de caer (na última década a produción, en termos reais, por persoa en idade laboral diminuíu, sobre un 7% e por traballador empregado un 5%) xa que non se corrixen os seus defectos estruturais poñendo así de manifesto os déficits de competitividade.
Evidencias empíricas todas que non só serven para describir o negro presente que podería xustificarse en parte pola pandemia da COVID.19 senón que sementan moi serías dúbidas sobre o futuro da economía galega a medio e longo prazo. As razóns para este pesimismo son contundentes: cando se supere a pandemia e recuperemos a senda do crecemento a economía galega vaise atopar cun uns colos de botella, uns danos sistémicos que condicionarán moi negativamente o futuro do país. Un futuro que non paramos de perder.