Política si, armas non

Desfile militar en Moscova CC-BY-SA mil.ru

En Rusia veñen de celebrar un grande Desfile Militar para celebrar o 75 aniversario da vitoria contra o nazismo. Paradóxica maneira de celebralo. Sacaron á rúa o 95% das súas mellores armas.

E para confirmar e alentar ás novas xeración á guerra, fixeron un solemne, maxestuoso e potente desfile, con 14.000 participantes.

Quixeron mostrar a gran maquinaria, os estupendos tanques que ninguén ten, para que a xuventude vexa con orgullo o crecemento do potencial bélico no país. 

Pensaríamos que un celebración con tal armamento sería unha mostra do triunfo do nazismo, pero non, queren dicirnos que foi así como acabaron co nazismo. Grande erro.

Mostran as novas e eficaces maquinarias, uns proxectís que destruirán todo aquilo que golpeen, un moderno potencial bélico coa mellor tecnoloxía destrutora do mundo. Fan a exhibición con fachenda. 

En España tamén fixeron alardes da Vitoria, non se sabe cal. O que si se sabe é sobre quen porque sempre perden as e os mesmas. Pasaron tropas e tanques diante do rei e do presidente. Este ano terían que iren todos os soldados con careta, porque a nosa guerra e contra o Covid 19, un virus que non morre con esa maquinaria bélica. 

Ignoro como vai a epidemia en Rusia. Pero si sabemos como vai a mentalidade.

Non se limitan ao alarde de maquinaria bélica, senón que critican a Occidente por faceren política. Ademais aclaran que a política non é o mellor alimento para as relacións internacionais!!!

Parece unha broma. Faime dubidar da miña lectura da noticia.

Precisamente é mediante a política, o diálogo, o acordo entre as partes como se deben resolver os conflitos. Din que é unha equivocación. Os ataques feroces coas armas potentes serán os que resolvan os litixios e as relacións internacionais. 

Tremendo. Só me queda agardar a ver convertida en chatarra toda esa asombrosa maquinaria. 

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.