A raíz da VII Enquisa Sociolingüística da CAV, publicáronse unha serie de artigos que confirman un incremento do coñecemento do éuscaro, que non se reflicte no seu uso habitual. É dicir, obxectivamente está mellor que nunca, pero subxectivamente a nosa lingua está nunha situación preocupante.
A raíz da VII Enquisa Sociolingüística da CAV, publicáronse unha serie de artigos que confirman un incremento do coñecemento do éuscaro, que non se reflicte no seu uso habitual
Hoxe, o sistema autonómico permite a aprendizaxe, pero carece dunha política adecuada para promover o seu uso, que é o verdadeiro problema do éuscaro.
Fagamos algo de historia. Cando o éuscaro foi prohibido polo Estado franquista, amplos sectores populares rebeláronse contra esta opresión, nun ambiente de loita de liberación nacional e social, que deu os seus froitos: movemento pro ikastolas, música, bertsolarismo, prensa, libros, cine, teatro etc.
Tras a morte de Franco, o éuscaro foi introducido na escola pública transferida e combateuse contra a implantación dos modelos A e B, sobre todo en Araba. A loita vitoriosa de Tokieder (“Modelos fora, educación en éuscaro”) estivo motivada pola prohibición aos castelanfalantes de ter a posibilidade de converterse en vascofalantes.
Actualmente os impedimentos para o seu uso son máis sutís. O traballo do Estado nesta situación non é evidente, pero é omnipresente. E, por iso, temos unha maior dificultade para desenmascaralo; dado que, en boa medida, témolo interiorizado. A aparente liberdade (“se quero, falo; se non quero, non a uso”) é falsa
Actualmente, con todo, os impedimentos para o seu uso son máis sutís. O traballo do Estado nesta situación non é evidente, pero é omnipresente. E, por iso, temos unha maior dificultade para desenmascaralo; dado que, en boa medida, témolo interiorizado. A aparente liberdade (“se quero, falo; se non quero, non a uso”) é falsa.
Ante este panorama, o primeiro que temos que visibilizar é que non estamos ante unha situación de bilingüismo, senón de diglosia: o castelán é a lingua oficial imposta polo Estado e o éuscaro non é a lingua doutro Estado, senón a dun país dominado.
En situacións de conflito (ou posible conflito), sempre temos a tendencia a poñernos do lado do opresor, falando a lingua dominante. Por exemplo, o medo a ser rexeitado socialmente (a ter problemas) por empregar o éuscaro non vén daqueles que din "síntoo, non sei éuscaro"; pero dos que nos din “háblame en español”, cunha clara actitude de dominio.
Os únicos bilingües son os vascofalantes; de aí o conflito permanente cos monolingües que defenden o castelán
En definitiva, ao parecer, temos liberdade de elección. Pero isto non é tal porque escoller significa facelo entre elementos homoxéneos e iguais. E non entre dominante (castelán) e dominado (vasco) como ocorre en Euskal Herria.
Os únicos bilingües son os vascofalantes; de aí o conflito permanente cos monolingües que defenden o castelán.
Rachar con esta situación de diglosia e facer xustiza supón apostar con valentía e determinación polo uso da lingua dominada e enfrontarse (facer frente) á lingua do Estado: a lingua do sistema xudicial, da Administración, da Policía, do Exército, dos Medios de comunicación de masas, etc.
Como reverter esta situación? Aínda que sempre existe unha responsabilidade individual, por tratarse dunha cuestión política e social como é a lingua, a verdadeira responsabilidade recae na Administración autonómica
Como reverter esta situación? Aínda que sempre existe unha responsabilidade individual, por tratarse dunha cuestión política e social como é a lingua, a verdadeira responsabilidade recae na Administración autonómica nos seguintes aspectos:
a. Facer ver ao conxunto da sociedade a grave situación na que se atopa o éuscaro, así como as súas causas e efectos.
b. Na mesma liña, incidir na mocidade que coñece a lingua pero non a utiliza e, sobre todo, no sistema educativo. Que o profesorado, a través dun diálogo permanente, investigue os motivos reais polos que o alumnado non se comunica en éuscaro e póñaos en situación de que tomen conciencia de que as resistencias e os medos ao uso do éuscaro se deben, fundamentalmente, ao medo a posibles situacións de conflito cos castelanfalantes monolingües
c. Incidir, desde esta perspectiva, na euskaldunización dos adultos.