Precariedade

Profesionais sanitarios nun hospital galego CC-BY-SA Xunta

O 03/07/2022, o Presidente do goberno español, Pedro Sánchez, comparecía para informar do próximo Real Decreto Lei que modifica o Estatuto Marco do Persoal Estatutario nos Servizos de Saúde: “Impedirá cun profesional sanitario esté máis de 3 anos traballando cun contrato de interinidade sin ser funcionario”. A pregunta é obvia: pode un/ha traballador/a estar sin un contrato fixo despois de anos traballando? Que “empresa” permite esta anormalidade? Que empresa contrata por horas, por días ou por semans, nun posto que pode variar o destino, por un tempo tan prolongado? E outra pregunta: como unha administración pública, realiza este tipo de contratos? Quen controla as irregularidades? Con este Decreto, o “goberno prevé facer fixos a 67.300 sanitarixs”. 

Tamén dí que “os procesos de selección para a contratación de sanitarixs son excesivamente lentos e dilatados no tempo, ocasionando a necesidade de provisión temporal polo tempo necesario”… pero nos preguntamos: quen é responsable de que ísto sucedera e siga sucedendo? As expectativas dun/ha traballador/a, que tarda moitos anos en conseguir poder exercer no Sistema Sanitario Público, son dun salario digno e unha estabilidade razoable. Si non é así: de quen é a culpa? E sabéndoo, por que non se lle pon remedio xá? Que fai ese traballador/a: marchar!

O ex-xerente do SERGAS, José Flores, dixo “...tardaremos un lustro en resolver os problemas da AP”. Como é posible que un responsable sanitario, que ten na súa man a posibilidade de atallar un problema gravísimo, non o fixera? Que goberno (neste caso o de Galiza) permite que a situación se perpetúe no tempo e non teñamos visos de solución?

Profesionais sanitarios nun hospital de Galicia CC-BY-SA Xunta

A reivindicación mantida no tempo e por diferentes responsables políticxs (incluído o Presidente Rueda, é: “que se aumenten as prazas MIR e que se faga un MIR extraordinario para solucionar esta situación”. Acaba de convocar 106 prazas (non o fixo o goberno central...) e presentáronse 353 Médicxs: deixa fora a 247 profesionais que poderían empezar mañán a traballar (e non un lustro). Xs profesionais xa estaban traballando no Sistema...

Tamén nos preguntamos, porque non sustitúen Enfermeirxs, PSX, Traballadorxs Sociais, etc.? Si o que faltan son Médicxs...non será unha extratexia para deteriorar e seguir privatizando o Sistema Sanitario Público?

Sabemos que o SERGAS, ten 469 Médicxs/100.000 habitantes, estando a cola do estado español que ten unha media de 499. Non teremos uns/has responsables políticxs que o que non queren é resolver o principal problema que ten unha persoa que é a súa saúde? Neste sistema, a todxs se lles enche a boca o dicir “que temos o mellor Sistema Sanitario DO MUNDO”. É certo, pero si non se dota do orzamento axeitado e persoal suficiente, convírtese nun moi mal sistema, que fai auga polo prioritario. Podemos ter moito aparataxe, pero si non temos unha persoa que nos atenda cando o necesitamos, de qué nos vale?

Saíron as listas de agarda (agora se fai 2 veces o ano e con retraso, cando se facía 4 veces o ano) e vemos que sigue alargándose o tempo para ser atendidx nunha primeira consulta, nunha proba diagnóstica ou nunha intervención cirúrxica. Que responsables políticxs permiten ísto? Por que non se invirte o necesario (o goberno Galego ten 1.100 millóns de euros este ano de orzamento) e así podríamos paliar a falta de profesionais sanitarixs?

Tamén sabemos que o goberno Galego, pechou 1.056 camas hospitalarias (según o IGE) desde o 2009 que chegou o poder na Galiza. Tamén nos dí o IGE que os Centros de Saúde contaban no 2004 con 405 Pediatras e en 2021 tiñamos 318... e 192 concellos carecen deste servizo. 

Isto é “...puntual, circunstancial,...” como dí Rueda ou é algo premeditado e sufrido por unha poboación que está farta da precariedade na atención sanitaria?

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.