Corren malos tempos para o pacifismo, como para a lírica, sostiña Coppini, si, malos tempos, cando estamos como en 1914, xordos de tanta bomba, e de tantas arengas.
A ministra de defensa, Margarita Robles, segue a reiterar que nos armamos para a Paz, que enviamos máquinas de matar, defensivas e ofensivas, para construír a Paz. Unha vez máis batemos coa mesma pedra, e son séculos xa, trunfa o vello adagio romano, atribuido a Flavio, "Si vis pacem, para bellum", se querela paz, prepara a guerra", todo o contrario do que o pacifismo defende, "Si vis pacem, para pacem", se querela paz, faina cada día, contigo mesmo, cos demáis, como incansable repite o profesor e amigo Federico Mayor Zaragoza.
Pedro Sánchez, presidente do autoproclamado goberno más progresista da historia, confirma que él é firme partidario de incrementar os orzamentos militares do Reino de España, como ven reclamando a OTAN, de entrada non, até acadar o 2% do PIB
Pedro Sánchez, presidente do autoproclamado goberno más progresista da historia, confirma que él é firme partidario de incrementar os orzamentos militares do Reino de España, como ven reclamando a OTAN, de entrada non, até acadar o 2% do PIB. O que non di, o rebaixa significativamente, é que xa o estamos facendo, ás caladiñas, desde hai anos. Na actualidade, o orzamento militar español, datos do Centre Delas, estaría xa no 1,78% do PIB, o recoñecido máis o oculto, repartido e acochado nos orzamentos doutros ministerios, e non só no de Defensa.
En calquera caso, vai ben anunciar a suba cando a Ucraína está sendo machacada por Putin, a quen algúns nostálxicos aínda ven como un salvador.
Jaurés oporíase á guerra, como daquela, denunciaría con vehemencia a invasión rusa, defendería a paz, porlle fin a esta masacre, sen dúbida, e apostaría polo entendemento, polo diálogo, pola negociación e a diplomacia, pola palabra, nunca pola forza militar, e non aceptaría de ningún xeito que o cualificasen de amigo de Putin, quintacolumnista, buenista, inxenuo ou idealista
Pero qué diría hoxe Jean Jaurés, aquel gran socialista e humanista francés, un pacifista, fundador de L'Humanité, profesor de Filosofía da Universidade de Toulouse, vilmente asasinado por un fanático belicista de extrema dereita, tres días despois de que se iniciara a Gran Guerra, como a chamaban antes de ter que numeralas, un 31 de Xullo de 1914. Sí, o mesmo Jean Jaurés que da nome a multitude de rúas e prazas en Francia, no Metro de París, e a quen honran no Panteón. Qué diría Jaurés?.
Pois moi probablemente, penso eu, que se oporía á guerra, como daquela, denunciaría con vehemencia a invasión rusa, defendería a paz, porlle fin a esta masacre, sen dúbida, e apostaría polo entendemento, polo diálogo, pola negociación e a diplomacia, pola palabra, nunca pola forza militar, e non aceptaría de ningún xeito que o cualificasen de amigo de Putin, quintacolumnista, buenista, inxenuo ou idealista. Penso que tampouco aceptaría de bo grao que alimentásemos o conflicto con máis lume ou que os orzamentos militares medrasen a costa das necesidades sociais. Non o creo.
Apelaría á Carta Constitutiva da UNESCO, á súa fermosísima apertura, cando di: "Si é na mente dos homes onde nacen as guerras, é na mente dos homes onde temos que erixir os baluartes da paz". A iso dedicaría a vida como docente, quero crer, contribuír a desaprender a guerra e a violencia, como dicía Anna Bastida.
Jaurés, como a xente do común, querería mellorar a vida das persoas, o estado do bienestar, a saúde, a educación pública, a dependencia...e non malgastar os limitados recursos do Estado en armamento, carros blindados, fragatas e avións de combate
Como o Premio Nobel de Literatura, José Saramago, denunciaría a alimentación das conciencias guerreiras e belicosas, os chamamentos ás armas, os himnos e as arengas.
Non, Jaurés, como a xente do común, querería mellorar a vida das persoas, o estado do bienestar, a saúde, a educación pública, a dependencia...e non malgastar os limitados recursos do Estado en armamento, carros blindados, fragatas e avións de combate. Jaurés tiña moi claras as prioridades, daquela e tamén hoxe, porque as armas son un pozo sen fondo que beneficians ós señores da guerra e non dan maior seguridade á ciudadanía.
Sí, dirán, cómo onte, que os pacifistas somos quintacolumnistas, brandos, inxenuos ou buenistas, inocentes, como fixeron con Jean Jaurés, a quén hoxe queremos lembrar e agradecer o seu exemplo de coherencia e de vida.
Non e mil veces non á guerra e á invasión, a ésta como a calquera outra, como fixo Jean Jaurés.