Sistema simbólico de Emilia Pardo Bazán

Emilia Pardo Bazán Dominio Público

Toda escrita, toda literatura supón unha ideoloxía, unha posición ante a realidade social e frente ao sistema político vixente no momento da creación. 

Toda obra literaria é un sistema simbólico. A través dela coñecemos o pensamento da persoa que escribe

Toda obra literaria é un sistema simbólico. A través dela coñecemos o pensamento da persoa que escribe. 

De nada valen cualificacións propias ou alleas. Poden estar guiadas por intereses: por un afán de axustarse á idea que a escritora se fai de si mesma, ou polo concepto que fan socialmente, xa sexa positivo ou negativo. De nada serve unha hipócrita confesión, ou un panfleto; Tampouco o afán descualificador persoal ou colectivo. 

Porque é na obra onde xace a ideoloxía, esa que vai permanecer máis alá de prexuízos ou desavinzas particulares. 

Baixo esta luz compre ler a E.P.B. con obxectividade e afastadas de tópicos mal intencionados. Débese ler. Porque creo que as persoas que a desconsideran, non a leron. Insisto, teño a certeza de que as persoas que non valoran a Emilia Pardo Bazán, ou aluden para poñela a un lado á súa condición social, nin a leron nin saben o que tivo que traballar para manter a casa e a vida.

Cómpre ler a E.P.B. con obxectividade e afastadas de tópicos mal intencionados. Débese ler. Porque creo que as persoas que a desconsideran, non a leron

Unha das características que se atribúen a E.P.B., é a relixiosidade, o seu catolicismo. Defínese como católica, e iso serve para descualificala desde ambientes progresistas. 

Pero o seu comportamento, a súa escrita e a súa vida, contradí o catolicismo. Cando publica La Cuestión palpitante, sobre o naturalismo, prodúcese un escándalo. Ela le absolutamente todo sobre o tema e coñece de 1ª man a novela de Emile Zola , un estilo descarnado, realidade documental. Recibe as influencias do Evolucionismo, Positivismo, Determinismo e Materialismo histórico. 

O marido, temeroso do “que dirán” social, dados os temas da escrita da súa muller, esíxelle que deixe de escribir. Por suposto, ela négase. Sepáranse e acabarán divorciándose. Nada adecuado nunha católica. 

Ten relacións adúlteras con máis dun escritor, con Galdós, a quen lle escribe cartas amorosas, e con Lázaro Galeano. E.P.B. tivo unha vida moi libre no seu momento. O pai díxolle cando nena: Es unha muller pero podes facer o mesmo que calquera home.

A liberación sexual feminina está tamén presente na súa escrita, maiormente na súa novela Insolación, de 1889, que provocou novamente un grande escándalo. O tema non era aceptable nunha persoa católica. 

Unha das características que se atribúen a E.P.B., é a relixiosidade, o seu catolicismo. Defínese como católica, e iso serve para descualificala desde ambientes progresistas. Pero o seu comportamento, a súa escrita e a súa vida, contradí o catolicismo

A dona Emilia parécelle que existe o dereito a gozar do amor físico, e supón unha actitude cínica condenar nas mulleres o que se permite nos homes. Usa ao personaxe Gabriel Pardo (a similitude de apelidos fai pensar na autora) para afirmar: Es unha hipocresía detestable eso de acusarlas a ustedes con tal rigor por lo que en nosotros nada significa…La mujer se cree infamada en su propia conciencia….A nosotros nos han enseñado lo contrario; que es vergonzoso para el hombre no tener aventuras. ..De modo que lo mismo que a nosotros nos pone muy huecos, a ustedes las envilece. 

Coñecedora así mesmo da novela rusa, introduce no realismo aspectos psicolóxicos. Usa o estilo indirecto libre nas novelas, e aínda lle afearon o estilo. 

Tampouco sae ben parado o representante eclesiástico de Los Pazos de Ulloa. Na novela, a Igrexa comparte o poder patriarcal coa familia fidalga e o Goberno. Julián, o cura, educado, por unha nai protectora e piadosa, para o sacerdocio, é formado no seminario. Comeza a seu labor sacerdotal cos Ulloa como un rapaz inexperto, con modais dunha monxa. Posúe calidades que o eliminan do masculino. Pardo Bazán, cunha certa ironía, fai burla dos arquetipos sexuais, esaxerando o feminino en Julián e o viril en Don Pedro de Ulloa. Mesmo así, o principal propósito de Julián é apoiar a xerarquía, apuntalada pola Igrexa, a familia e a sociedade. 

A sagrada orde que ten a súa orixe en Deus, está baseada en relacións patriarcais, de home a home. Sociedade homosexual patriarcal, enmascarada pola heterosexualidade que converte as mulleres en mercadoría. Julián non ve as mulleres como individuas, senón como corpos naturais intercambiables. O seu valor depende do servicio que poden levar a cabo. Así ve a Sabel, a criada, como diabólica, na medida que ousa desafiar a xerarquía divina do home, concibindo o fillo ilexítimo do señor, de Don Pedro. Cando ve a Don Pedro mallar violentamente a Sabel, mostra as súas preferencias polas institución masculinas. Non ten compaixón da rapaza, senón que se horroriza de que Don Pedro teña relacións sexuais con Sabel, unha traballadora manual, unha mercadoría que é incapaz de producir un herdeiro que leve o apelido de Don Pedro. 

O crime, para o cura, non é golpear a rapaza, senón a alteración social. Julián suxire ao patrón que case cunha muller aceptable. Don Pedro confesa que soñou, non cunha muller, senón cun fillo semellante a el, que herdase a posesión e o nome. A muller só servía para darlle ese fillo. Por moito que intente ordenar a familia pacega, o caos triunfa en Ulloa. En Julián reúne a autora calidades diferentes: a relixión e o feminino. Tamén será o cura namorado. 

Acúsana de ser condesa, e por ende vivir nunha altura social e distanciada da plebe que debe desprezar. Na obra observamos o contrario. Pola contra vese unha crítica implacable da fidalguía galega

En Los Pazos de Ulloa e en Madre Naturaleza, Pardo Bazán presenta un tema clave da sociedade galega do seu tempo: a decadencia da Fidalguía. A caída do Antigo Réxime que en Francia se desenvolve coa Revolución Francesa, en Galicia prodúcese máis tarde e chega a comezos do s.XX.coas Loitas Agrarias. A decadencia do Antigo Réxime ten unhas características propias en Galicia. Aquí non se produce a Industrialización, como en Europa, en Inglaterra, ou en Cataluña. Nos Pazos galegos, van perdendo poder e prestixio, embrutecéndose e alcoholizándose. Don Pedro de Ulloa é o prototipo. E. Pardo Bazán non ten contemplación con eles. Mostra a súa inutilidade, a total covardía da Igrexia ante o poder, o sexo, alcohol, brutalidade que dominan nos pazos. 

Acúsana de ser condesa, e por ende vivir nunha altura social e distanciada da plebe que debe desprezar. Na obra observamos o contrario. Pola contra vese unha crítica implacable da fidalguía galega. 

Na lit. galega, Otero Pedrayo que trata o tema non o fai dun xeito tan rotundo. Se presenta un fidalgo desprezable, a seguir virá outro honorable.

Emilia Pardo Bazán toma boa nota do realismo e naturalismo de La cuestión palpitante.

Unha das claves simbólicas de EPB, sen a que non podemos entender a súa obra, é o Feminismo. Como outras mulleres ilustradas, Juana de Vega ou Concepción Arenal, non foron admitidas nos centros de ensino, na universidade

Unha das claves simbólicas de EPB, sen a que non podemos entender a súa obra, é o Feminismo. Como outras mulleres ilustradas, Juana de Vega ou Concepción Arenal, non foron admitidas nos centros de ensino, na universidade. Sobre isto escribe: Apenas pueden los hombres formarse unha idea de lo difícil que es para la mujer adquirir cultura autodidacta y llenar los claros de su educación. Los varones desde que pueden andar y hablar concurren a las escuelas de instrucción primaria; luego al instituto, a la academia, a la universidad, agrandando los estudios. Todas son ventajas, y para la mujer, obstáculos. 

Asiste ao Congreso Feminista celebrado en París, no 1900, sobre “Condición e dereitos da muller”. Foi pola súa conta. Non era delegada de ninguén. Só tiña grande curiosidade e interese polos temas. Parécelle mal a vindicación de ningún partido neste tema. 

Describe as compoñentes do Congreso: mesocracia modesta. Pocas escritoras. Pero se debatieron las cuestiones con acierto y claridad. Se discutió yendo al grano y prescindiendo de alardes de elocuencia. Se iba a las cuestiones directamente. No hubo tumulto. No hubo exhibiciones personales exageradas. Desde este punto de vista, el Congreso de las mujeres bien podía servir, de modelo a los parlamentos masculinos. 

O labor de promoción cultural a través da “Biblioteca de la mujer” foi unha actividade directa do Feminismo de Pardo Bazán. Deu a coñecer obras de difusión en Europa, como: La esclavitud femenina de John Stuard Mill, ou La mujer ante el socialismo de Augusto Bebel. A ignorancia fai dubidar a articulistas do feminismo de Emilia Pardo Bazán.

O labor de promoción cultural a través da “Biblioteca de la mujer” foi unha actividade directa do Feminismo de Pardo Bazán. Deu a coñecer obras de difusión en Europa

A isto hai que engadir o Labor feminista nas conferencias, artigos, e en 3 revistas: La Ilustración artística, La España moderna, El nuevo teatro Crítico, dirixida pola autora. Tamén en artigos recollidos en La mujer española, Londres, e En la España moderna.

Aparecen tamén na Critica, temas como: A dobre moralidade. A incultura da muller. A desigualdade de dereitos… Escribe: Xúlgase o home como un ser superior, con moral elástica… Pero, debe controlar a moral da muller. Como non é factible poñerlle un vixiante negro de puño en cinto, ponlle un custodio augusto: Dios. Dios es para la española el guardián que defiende la pureza del tálamo, lo cual ofrece la ventaja de que si el marido se distrae e solaza fuera, el guardián se convierte en consolador y consejero, que tomando el alma herida en sus manos amorosas, le curará con bálsamo suave, apartándola del sendero de perdición.

Para fuxir dese destino fatal, o mellor é non casar. Na novela Memorias de un solterón, a protagonista é a voz feminista e reivindicativa da autora. Feita quere ser e facer o que fan os mozos e ir a estudar. O pai non a deixa e os catedráticos non a admiten. Debe ser autodidacta. Unha rapaza moderna. Tamén a personaxe de La Prueba, unha inglesa, ou Lucía de La dama joven. Esta acaba casando e cedendo : No quería casarme…Soñaba con la libertad, con algo ideal. El Deber, la Familia, con maiúscula, han caído sobre mi…y cuanto me pesan!. 

Alude e defende a Concepción Arenal, (a quen vai presentar para ingresar na Academia Española. Sen éxito). Afirma que “o Código civil penaliza ás mulleres como homes pero négalle os dereitos civís en igualdade”. EPB di que iría más allá y diría que hai delitos o crímenes en los que se impone mayor pena a las mulleres. El sexo no atenúa sino que agrava. 

Comenta e xulga o dualismo entre o comportamento masculino e feminino e a moralidade pública e privada

No relativo á incultura da muller española, tamén responsabiliza á Igrexa, animándoa a ser unha devota practicante da relixión, mentres o home ten libre acceso a todos os campos da cultura, e renuncia ás prácticas relixiosas e litúrxicas… Non me parece que estes e outros moitos criterios sexan os propios dunha muller católica de hai máis dun século. 

Comenta e xulga o dualismo entre o comportamento masculino e feminino e a moralidade pública e privada. No Congreso Pedagóxico en 1892 , onde presenta o traballo La educación del hombre y la mujer, afirma, máis ben grita: La mujer se ahoga en las estrechas mallas de una red moral, menuda….gustar, lucir, saber algo de música, algo de baile, nociones superficiales…..devociones, genuflexiones, rezos maquinales, todo enano, raquítico…Falta la linea grandiosa, la majestad, la dignidad, el brío. 

En 1878, só o 9% das mulleres españolas saben ler. Non asisten ao colexio, institutos, universidade. Comenta o caso de Concepción Arenal, vestida de home para non escandalizar. Un profesor universitario permitiulle asistir á clase, pero de ningún modo podería cursar estudos universitarios.

Imos vendo, coa brevidade precisa, como pensa esta escritora, tachada por católica e reaccionaria, segundo certa crítica galega.

Desde o punto de vista social, os personaxes de clase social humilde, saen ben parados nas súas obras. Unha novela cun tema clave no momento, A Pedra angular, trata a pena de morte. Foi publicada en galego, na colección As Literatas, de E. Xerais, traducida por Mónica Bar. Na novela vemos que EPB está en contra da pena de morte. Razoa e discute, a través de diferentes persoas tertulianas sobre o tema. Presenta na novela a un pobre verdugo que gaña así a vida. Abandonado pola muller, cun fillo, que ten problemas cos rapaces por ser fillo de quen é. A autora xulga ás autoridades que sentencian e non ao verdugo que executa. Salva o rapaz.

Foi por E. Pardo Bazán que souben esta explotación que tiñan as amas de cría galegas que ían dar a teta en Madrid, abandonando a propia criatura, co beneplácito do marido e pai da criatura

As mulleres populares son as que destacan en moitas novelas de Emilia Pardo Bazán. Critica á clase media, a la mujer burguesa cursi, ambiciosa, tratando de imitar a las aristócratas. Son un produto masculino, e así as desculpa. Valora a La mujer del pueblo, que será una personalidad ordinaria, pero es mucho más persona que la burguesa. 

Nos contos (un xénero abundante e magnífico en EPB) e nas novelas pasan unha chea de mulleres traballadoras: 

Unhas son labregas que, desde moi novas, axudan a cargar o carro de toxo, amasan o pan con mans diminutas, botan de comer ao porco, ao cuxo, ás galiñas, levan a pastar as vacas, trae a leña ao lombo do monte, do souto, o saco de castañas, o cesto da erba… Andrés o mozo non axudaba á moza nin pouco nin moito.

Pardo Bazán demostra coñecer ben a aldea galega, o labor do campo, a explotación das mulleres, que son elas as que traballan, di levantada antes que rayase el día, incansable, labrando, regateando en el molino, trotando por el camino con una cesta de huevos, aves y verduras a la cabeza para ir vender al mercado…Levan todo o peso do fogar enriba. Ademais de facer os traballos do home fan os de muller. Tamén van de amas de cría a Madrid. Abandonando o fillo. 

Foi por E. Pardo Bazán que souben esta explotación que tiñan as amas de cría galegas que ían dar a teta en Madrid, abandonando a propia criatura, co beneplácito do marido e pai da criatura. Paréceme un tema cruel. Nese caso, como lle pagaban ben, o marido non só permitía, senón que a animaba, ou mesmo obrigaba, a abandonar o propio fillo, con grave perigo para a criatura, e o coidado do marido e outros posibles fillos anteriores. Hai que ter en conta que, daquela, non había leites na farmacia para substituír á materna, nin cartos para comprala. 

Mas, ¿Qué valen el cuidado, el celo, la economía de una mujer, contra el vicio y la pereza de dos hombres? En una mañana se lo bebía Juan Ramón; en una noche de tuna despilfarraba Andrés el fruto de la semana de Pepona.( Un destripador de antaño) 

Indica, dona Emilia, o traballo das mulleres, os malos tratos e os asasinatos en moitos textos. Las medias rojas, El indulto, Los Pazos de Ulloa, Tío Terrones, ou La Tribuna. Tema que chega aos nosos días e que nos seus tempos só trataba Pardo Bazán.

La Tribuna é unha novela con protagonista proletaria e a descrición da Fábrica de Tabacos de A Coruña de 1804, onde traballan 466 mulleres. En 1890 son de 4000 a 5000 obreiras. Algunhas menores de 14 anos. Transmiten o oficio de nai a filla. Traballan a destallo. Pagan segundo elaboran. 

Emilia Pardo Bazán tivo que loitar toda a vida, traballar, escribir, tanto para manter a casa, como para sobrevivir a tanta rabia tanta envexa como provocou

Emilia Pardo Bazán conseguiu o permiso para estar na fábrica con elas e coñecer de primeira man o seu traballo. Mostra a solidariedade que teñen as traballadoras entre elas, e os fondos de resistencia. 

A protagonista, Amparo é un paradigma da dignidade da muller proletaria, con apego á colectividade, orgullo do traballo que realizan, solidariedade, etc. Ten diferenciada a diferencia entre labor e traballo. Este o valora, e dignifica ás mulleres. Oponse Pardo Bazán á vagancia e ociosidade das clases altas. Contrariamente, Amparo, a protagonista de La Tribuna, é unha dirixente proletaria, muller de acción, valente e republicana. Por iso recibe o nome de A Tribuna. O final é exultante. Diríamos que está escrita por unha escritora de esquerdas.

Pardo Bazán provoca odio polo comportamento, libre, e polo que escribe. Murguía foi un grande inimigo. De aí a pouca consideración que ten en Galicia

Emilia Pardo Bazán tivo que loitar toda a vida, traballar, escribir, tanto para manter a casa, como para sobrevivir a tanta rabia tanta envexa como provocou. Por ser como era e por escribir sobre temas inadecuados para as mulleres. Tiña en contra dela os escritores do seu tempo. Clarín, Menéndez Pelayo, Juan Valera que escribiu: quien ha inventado la tramoya y promovido la zalagarda para que el sexo femenino se inmortalice es la Pardo Bazán, muy bulle bulle, aunque parece una sandía con patas. Nega ás mulleres a entrada na Academia, onde hai 36 sillóns para caballeros. Unha muller fermosa distrairía os sesudos membros…Remata: misión da muller: Cuando niño te amamanta, cuando joven te adora, cuando viejo te aguanta. Ovación para Juan Valera.

Pardo Bazán provoca odio polo comportamento, libre, e polo que escribe. Murguía foi un grande inimigo. De aí a pouca consideración que ten en Galicia, a pesar dunha obra que ten a Marineda como cidade, a paisaxe galega representada, os pazos, os castros, os portos. Sabemos da sociedade do seu tempo moito máis por ela que por ningún outro escritor galego. Din que non escribiu en galego. Non existía recepción. Tamén Rosalía escribiu en castelán as novelas. Pero funda a Sociedade El Folclore Gallego. Una revista para sacar a Galicia de la postración intelectual e cultural. 

Rosalía aprecia a EPB. Esta opinión de Rosalía de Castro sobre Emilia Pardo Bazán non é citada polos articulistas deste país que cando se ven obrigados a escribir sobre Emilia Pardo Bazán, escriben sobre Rosalía. Non son antagonistas

Rosalía aprecia a EPB. Escribe Para o Abanico de E.P-B. Magnífica, Absoluta, Soberana. Esta opinión de Rosalía de Castro sobre Emilia Pardo Bazán non é citada polos articulistas deste país que cando se ven obrigados a escribir sobre Emilia Pardo Bazán, escriben sobre Rosalía. Non son antagonistas. A Rosalía poeta escribiu boa parte da súa poesía en galego. Só.

E. Pardo Bazán, en 1910 é nomeada Consejera de Admon Pública. 1ª muller que ocupou o cargo.

En 1916: Concédenlle a Cátedra de Lenguas neolatinas na Universidad Central. Ninguén máis se presentou. Só podía ela impartir esa materia

1921 Morre de gripe, sen chegar aos 70 anos. 

Ofrenda floral no monumento a Emilia Pardo Bazán CC-BY-SA Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.