Sobre o suicidio: consellos e algunhas ideas

© Iria Rodríguez Leirós

AVISO: cousas tristes

 

Consello 1: nunca lle digas a alguén que está pensando en suicidarse ou xa o intentou que ten moitas razóns polas que vivir (porque estás menosprezando o seu sufrimento e tamén se cadra estás a chamar parva a esa persoa, que sabe cousas que ti non sabes e ten segredos). As razóns do seu sufrimento poden estar no pasado. Na infancia ou no franquismo (culpa). No entanto, ás veces as razóns son moi visibles, inmediatas, moita xente con doenzas graves pensa en matarse. Debemos pensar no contexto en que vive esa persoa. Se ten os apoios, cariño, que necesita. E se os ten de verdade.

Consello 2: o paso por un andar de psiquiatría aumenta as posibilidades de suicidio. Por que? Pois pola violencia psiquiátrica recibida: se te atan, te encerran e medican pola forza con fármacos nocivos en ridícula polifarmacia (envelenada) igual te fan sentir peor... non sei, digo eu, parece obvio pero non o é para os nosos "valiosos profesionais" que non teñen nin maldita idea. Ou só pensan en enche-los petos. Ou desfrutan, sádicos, da súa impunidade e fan ostentación dela nos medios de comunicación. Daquela, polo tanto, é importante que non fagas nada que poida contribuír a que encerren a esa persoa (unha vez encerrada teñen eles todo o poder, incluso o de aplicar electrochoque sen consentimento, nin propio nin da familia; se a familia se arrepinte non ten o poder de saca-lo seu ser querido de ese lugar, incluso avogados mediante—vímolo nun caso recente—e por riba a-o paciente recibirá represalias no seu corpo e no trato, unha sesión de e-choque amais, de agasallo sádico, por exemplo 10 en lugar das 9 anunciadas unilateralmente por ousar rebelarse ou tomar unha decisión propia, desdicirse. 

Consello 3: nunca traizoes a esa persoa, chamando a unha ambulancia, por exemplo ou contándolle a alguén, ou a todo o mundo, o que ela che contou. 

Consello 4: as flores que en ocasións familiares ou amigos colocan nos lugares onde se suicidou o seu ser querido poden ter certo influxo disuasorio (como as flores na estrada no caso dos accidentes de tráfico). Poñamos flores. Ou se cadra non. Teño dúbidas. 

Idea 5: o consumo de psicofármacos... como os enganosamente chamados antidepresivos, aumenta o risco de suicidio: pono no prospecto! Ten habido xuízos en EEUU dende xa a fins da década dos 80 e a comezos da década dos 90 (hai vídeos en youtube). Nos primeiros días de consumo, ou co tempo—pola frustración de non mellorar, pola síndrome de abstinencia interdose polo aumento da tolerancia, polos efectos nocivos ós que nin secundarios se lles pode chamar como a castración química, dores, movementos involuntarios insoportables continuos, angustia—tamén ó deixalos, tanto bruscamente coma de forma gradual e con tino, esta última forma a aconsellable (ten moito perigo deixalos dun día para outro, esquecer unha dose). 

Idea 6: o suicidio non é parte da doenza que supostamente padecen as persoas psiquiatrizadas (algunhas persoas non tentaran suicidarse ou non o consideraran antes do primeiro ingreso, aínda que é certo que unha tentativa de suicidio pode se-lo inicio da psiquiatrización dalgunhas persoas): de forma moi xeneralizada, as persoas psiquiatrizadas suicídanse pola perda de dereitos (a perda de custodia des fillas-os-es o maltrato institucional e social, os efectos nocivos terroríficos dunha medicación que con moita frecuencia toman baixo coacción, por engano ou forza, a falta de esperanza (díselle que recuperarse non é posible, que nunca volveran traballar, que terán que malvivir cunha pensión de miseria, non terán unha familia propia, se lles quita a capacidade de obrar xuridicamente—isto é, de defenderse legalmente e toma-las súas propias decisións—non se lles axuda a entender e xestionar experiencias que os poidan aterrar coma as visións ou oír voces [que non son necesariamente algo negativo, e non sempre son medoñas, ás veces consolan, como unha voz feminina materna] se sufriron violencia, agresións sexuais, se lles di que están a inventar cousas, as dores físicas serán parte da doenza (psicose) e non da medicación, unha creación da súa mente). 

Idea 7: o deterioro físico por consumo de psicofármacos (polifarmacia) inflúe no estado de ánimo das persoas psiquiatrizadas. A medicación fai que aumenten de peso (autoestima), incrementa a segregación de suor, a pel torna amarelenta, ataca as enxivas (dentes). Os “profesionais” culparanos dese deterioro (comen de máis, non se asean). Enfermar de diabetes, insuficiencia renal, como consecuencia directa da medicación, afunde animicamente e fisicamente as persoas. 

Idea 8: o abandono da medicación de forma abrupta (moitas persoas deixaron a medicación e grazas a iso recuperaron as súas vidas e iniciaron un proceso de recuperación verdadeira de costas ó psistema) ten moitos perigos... a síndrome de retirada pode ser insoportable, tanto como a idea de volver tomar medicación. A persoa desesperada e soa, sen apoio, incomprendida, pode optar por non querer seguir vivindo por falta de esperanza. Faille mal a medicación pero deixala sen axuda e estratexias, ferramentas é un suplicio. Toda medicación psiquiátrica é neurotóxica, polo tanto o risco de desenvolver tremores, acatisia, distonia, movementos incontrolados insoportables repetitivos ou a imposibilidade de permanecer quedo, é alto. O colectivo de usuarios de servicios de saúde mental, ex-pacientes, persoas en proceso de des-psiquiatrización desenvolveu, segue, a estratexia do 10 %, que, explicada de maneira sucinta, consiste nunha redución—cada mes—do 10% da cantidade anterior (nada fácil de medir) fármaco a fármaco, deixando as benzodiacepinas para o último. A descontinuación do segundo 50% de cada un dos fármacos adoita ser máis difícil que a primeira metade. É común que os psiquiatras prescriban unha redución dun 50% dun día para o outro. Ou unha retirada súbita do 100%. O cal é unha brutalidade que pode levar a persoa ó suicidio, ó homicidio ou conductas agresivas que non son culpa deles. Tamén desenvolver estados de paranoia, tódolos problemas neurolóxicos xa mencionados. Os neurólogos, psicólogues, non adoitan ser de axuda. De feito están bastante caladiños. 

Idea 9: as persoas non queren chamar a atención, as persoas están a pedir axuda.

© Iria Rodríguez Leirós

Idea 10: quen é violento, narcisista, se está enriquecendo de forma obscena, nunca acompañará adecuadamente a ninguén no proceso de recuperación. Traballadoras sociais, psicólogas, apuntalan a psiquiatría máis violenta ó mesmo tempo que admiten o seu descoñecemento sobre os diversos “tratamentos”; se é por ignorancia, propomos lecturas como Por nuestra cuenta, de Judi Chamberlin (traducido por xente do colectivo, editorial Katakrak). Anatomía de una epidemia, de Robert Whitaker, pode axudar a ter unha perspectiva máis ampla. O monográfico de Pikara Magazine LOCURA. Libros como Más allá de las creencias, de Tamasin Knight. La Ruelta de las Putas, de Amelia Tiganus (as putas enlouquecen e suicídanse, e non hai pouca en Galicia).

Idea 11: a vixilancia extrema pode leva-las persoas a formas máis violentas de matarse. E non queremos iso. Debemos entender que as persoas non queren morrer, queren deixar de sufrir. Axudar no que se poida, comida, roupa limpa. Acompañar (moi diferente de vixilar, controlar). Recoñecerlle, admitirlle, ás persoas que un dano lles foi feito (contrarresta-la luz de gas que se exerce sobre elas por parte da profesión médica).

Idea 12: as pensións nunca deben ser inferiores ó salario mínimo. As persoas necesitan dentistas, fisioterapeutas. Non pasar frío en inverno. Vivir en vivendas salubres. Comer adecuadamente. Tantas veces a burocracia e o maltrato institucional poñen as persoas á beira do precipicio. Condicionar axudas sociais á toma de certos medicamentos ou a dar consentimento (viciado) para deixarse aplicar electricidade nos lóbulos frontais ou noutra parte dos miolos é violencia

Idea 13: as operacións de redución de estómago. Os cambios de peso bruscos son perigosos (angustia, ataques de pánico, you name it). A flaccidez da pel trala perda de peso. Todo iso sumado a que os problemas de alimentación moitas veces teñen unha raíz máis profunda do que se di e do que se pensa: as vítimas de trata con fins de explotación sexual poden arrastrar, toda a vida? problemas, explica a especialista en trata Amelia Tiganus, nos dous sentidos (non comer, comer demais). De xeito semellante, as vítimas de agresión sexual, continuada ou non, na infancia, na idade adulta, moitas veces buscan consolo na comida (atacaduras, enchentes, ansiosas). Incluímos mulleres, homes, cis, trans, inter, xénero non binario. Se algunha desas enchentes serve para evita-lo suicidio, benvidas. Se serven coma bolsa de osíxeno. 

Idea 14 e xa paro: A psiquiatría non pode fiscalizarse a si mesma. Of course, bien sûr, que eles van pedir máis diñeiro, e dirán que nada do que ocorre é culpa do que eles lle fan ás persoas. Como lle podemos entregar 30.000 euros de diñeiro público a Eduard Vieta (fonte: o BOE, 2021)—con fins de dedicación intensiva durante un ano, cada ano? Cantos anos? xunto, entendo, ó salario correspondente como médico no hospital cunha redución das súas funcións do 50%, tamén é Catedrático, e cobrará por iso? Impartirá clases?— un psiquiatra que traballa na pública e firma un documento xunto a moitos outros psiquiatras e anestesistas e unha enfermeira, no que se afirma—de forma cientificiera—que o electroshock (ou TEC, chámalle ‘x’) é unha opción segura para mulleres embarazadas e no que lamenta—simplemente por firmalo dá validez a todo no que no documento é dito—que aínda non se lles estea deixando aplicar en poboación infantil pero celebran que se estea aplicando en adolescentes cada vez máis novos. O CONSENSO ESPAÑOL DE TEC de 2018 non é un consenso: é propaganda. O silencio dos neurólogos, pediatras, psicólogas, familiares, traballadoras sociais, Ministra de Igualdade (psicóloga) lexislatura 2020-2023, fainos cómplices. Aínda que somos consciente da presión que exerce o PSOE para non tocala psiquiatría. 

Como se pode ter tanta cara dura de poñer no “CONSENSO”:

“Las indicaciones más frecuentes para el uso de TEC en niños o adolescentes son las mismas que en el resto de los pacientes adultos y no hay ninguna contraindicación absoluta para el uso de esta técnica.” [a frase ‘contraindicación absoluta’ significa, se non me trabuco, que en principio non o ten, algo así, só se hai algún problema engadido, concomitante]

“A pesar de la cada vez mayor evidencia científica sobre la seguridad y la eficacia de la TEC en niños y adolescentes, sigue siendo una técnica infrautilizada donde su uso está claramente indicado”

“Los ensayos controlados en pacientes con TEC a los que se refieren como “adolescentes”, son las personas con edades comprendidas entre 12 y 18 años. El término “prepúber” incluye los niños por debajo de los 12 años; debido a la escasez de datos en niños prepúberes, la mayoría de la información que se presenta en la literatura científica se basa en la experiencia con adolescentes”

“La TEC se presenta como un tratamiento eficaz y con bajo riesgo durante los tres trimestres del embarazo y el postparto”

E antes, no mesmo documento:

“La Sociedad Española de Psiquiatría Biológica no se hace responsable, ni ninguna persona empleada por esta, de los daños que pudiesen generarse a personas o propiedades como consecuencia del contenido de esta obra.” (É tal afirmación mesmo legal? son “médicos” da Sanidade Pública, da Universidade Pública, algún catedrático, con poder!)

Tódalas persoas que eu coñezo que se suicidaron ou o intentaron no meu entorno acudiron a profesionais, foron submisas (eles falan de “adherencia ó tratamento”, “colaboradora”, pero o que queren é submisión e nunca ser cuestionados). Na privada, na pública. 

 

Propostas:

i) Desfacernos de tódolos profesionais violentos, como medida urxente para apartalos o máis rápido posible da xente. Logo desenvolver procesos de Verdade, Xustiza, Reparación, Garantías de non Repetición: xubilacións en idade, pre-xubilacións. Investigar agresións (seguro que as encontramos, e encubrimentos de agresións, sexuais ou diversas). Probablemente, así, seguro que encontramos razóns para despedir a moitos, sobre todo agora que se senten impunes. Limpa-lo psistema. Trasladar (enfermeiras, anestesistas) xubilar, despedir. Desmantela-lo psistema, aboli-lo. Substituílo por coidados (que non control).

ii) Necesitamos prohibir toda intervención bioloxista: electrochoque, todo tipo de choque, toda psicocirurxía, lobectomía e semellantes, Estimulación Magnética Transcraneal (EMT). Prohibir inicios de medicacións de forma inmediata na poboación infantil, adolescente, no home e na muller adulta (mito serotonina baixa, ISRS, fluoxetina, paroxetina, etc.) Gotzsche propón diazepam en casos contados por un período breve. 

iii) Reduci-la medicación é complexo. Formar en redución (Inner Compass, Gotzsche, Breggin). Necesitamos formar a toda unha nova xeración de neurólogos, fisioterapeutas, enfermeiras especializadas, profesionais de farmacia (redución doses de forma segura), expert@s en dano iatroxénico por psicofármacos que traballen de forma horizontal cos pacientes. A idea é aprender dos pacientes. Prohibir que os profesionais reciban diñeiro da industria. De calquera industria. Salarios suficientes e punto. 

iV) o Orgullo Loco, o Movimento de Oíntes de Voces, Peter Bullimore (especialista en pacientes considerados irrecuperables, paranoia, voces), Lads like us, antes Shatter Boys (abusos sexuais homes infancia). Mad in (S)pain, Primera Vocal, Rompiendo la Etiqueta (América Latina) RedEsfera Latinoamericana (FB). 

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.