De novo todas e todos ficamos aterrados, ficamos aterradas. É case cotiá a morte dunha muller por violencia machista. Si, violencia machista. A violencia física, psicolóxica, económica e simbólica que exercen os homes contra as mulleres polo simple feito de ser mulleres, por consideralas da súa propiedade. Mulleres educadas secularmente para ser submisas. De non selo, xa coñecen os riscos. Concentracións de repulsa, manifestos e declaracións institucionais son a reacción inmediata ante o horror. Pasados os días volven as preguntas reflexivas: Onde residen as causas da violencia contra as mulleres? Como previr a violencia contra as mulleres?
Mulleres educadas secularmente para ser submisas. De non selo, xa coñecen os riscos
A eliminación dos estereotipos de xénero e os roles tradicionais asignados a homes e mulleres son premisas necesarias, aínda que non suficientes, para superar unha sociedade que aínda considera as mulleres como suxeitos secundarizados. Polo tanto, que establece relacións de poder asimétricas entre elas e os homes. Así, o recollen as leis de igualdade ou as de violencia contra as mulleres non só nos seus limiares expositivos, tamén nos artigos que buscan lexislar sobre a prevención da desigualdade. De feito, son estes artigos reguladores das accións a desenvolver onde cabe destacar a importancia do emprego da linguaxe non sexista e o papel dos medios de comunicación na socialización e creación de novos roles sociais.
Non é a intención deste artigo analizar a dimensión que teñen os medios de comunicación para consagrar ou eliminar comportamentos sexistas. Existe extensa literatura ao respecto e autoras especializas que tratan con todo rigor este aspecto da teoría da comunicación. Eu só quixera incidir sobre os feitos ocorridos hai poucas semanas e dos que xa deu conta o xornal que da cobertura a este artigo. A CRTVG na súa programación de formación incluíu unha docente que no seu blogue profesional defende sen rubor que o xenérico masculino non é linguaxe sexista e que “as mulleres seducen mellor pola dozura, a sensualidade, incluso ás veces pola submisión”.
Ela séntese liberada “da imposición de manter a diferenza de xénero que obedece a criterios políticos e ideolóxicos, en ningún caso, lingüísticos”
Sobre o primeiro aspecto simplemente deixa claro que ela séntese liberada “da imposición de manter a diferenza de xénero que obedece a criterios políticos e ideolóxicos, en ningún caso, lingüísticos”. Xa podemos comprobar como para esta docente e comunicadora, contratada pola televisión e radio públicas deste país, nomear o mundo en feminino é unha imposición, facelo en masculino “universal” unha lei da natureza semellante a gravidade universal que non podemos mudar. Visibilizar na linguaxe as mulleres é un criterio político ideolóxico, invisibilizalas... non. Só foi unha convección social dos señores que tiveron o poder durante séculos, incluído o lingüístico.
Non pretendo entrar nun debate sobre a competencia formadora ou o curriculum de Teresa Baró, só constatar que o seu ideario é contrario a unha modificación dos roles tradicionais
Sobre o primeiro aspecto simplemente deixa claro que ela síntese liberada “da imposición de manter a diferenza de xénero que obedece a criterios políticos e ideolóxicos, en ningún caso, lingüísticos”. Xa podemos comprobar como para esta docente e comunicadora, contratada pola televisión e radio públicas deste país, nomear o mundo en feminino é unha imposición, facelo en masculino “universal” unha lei da natureza semellante á gravidade universal que non podemos mudar. Visibilizar na linguaxe as mulleres é un criterio político ideolóxico, invisibilizalas... non. Só foi unha convección social dos señores que tiveron o poder durante séculos, incluído o lingüístico.
Non podo entender como a Compañía de Radio e Televisión de Galiza e a Secretaría xeral de Igualdade diante das denuncias polas ideas que defende esta formadora non reconsideraron a pertinencia de mantela
A respecto da submisión como arma de sedución que podemos dicir. Alguén ten algunha proposta máis estereotipa e rancia sobre o canón de relación entre as mulleres e os homes? Se a resposta é afirmativa agradecería a súa remisión. Desde o acto de soberbia e desafío de Eva, e o seu posterior castigo, non hai relato sobre o bo comportamento feminino que non afonde na necesaria submisión das mulleres. Por iso, asentar desde o importante papel de formadora de persoas comunicadoras esta idea non é só contrario as leis vixentes, é tamén afortalar as causas mesmas da desigualdade. Non pretendo entrar nun debate sobre a competencia formadora ou o currículo de Teresa Baró, só constatar que o seu ideario é contrario a unha modificación dos roles tradicionais.
Non podo entender como a Compañía de Radio e Televisión de Galiza e a Secretaría xeral de Igualdade diante das denuncias polas ideas que defende esta formadora non reconsideraron a pertinencia de mantela
Non podo entender como a Compañía de Radio e Televisión de Galiza e a Secretaría xeral de Igualdade diante das denuncias polas ideas que defende esta formadora non reconsideraron a pertinencia de mantela. Defenderon os moitos libros publicados por esta autora e miraron para outro lado.
Cando lamentamos que os homes queiran controlar a vida das mulleres até darlles morte, non podemos quedarnos só nos efectos, afondar nas causas sitúanos ante as propias contradicións sociais nas que vivimos. Submisión e igualdade son termos opostos. Non hai doses de igualdade compatíbeis coa submisión. Non hai doses de submisión compatíbeis coa igualdade. Ou submisión ou igualdade. Hai que elixir.