A finais do anos 60 chegou a televisión a Galicia, dificultada pola feble rede de repetidores do sinal de TV. O réxime franquista fixo un esforzo por espallar o novo invento, o que se materializou nos teleclubs, postos en marcha en centos de lugares de Galicia aproveitando escolas, salóns de baile, ou novas construccións, que se converteron en verdadeiros centros sociais. Aínda hoxe quedan restos dalgúns deles, reconvertidos en bares ou abandonados, dado o devalar da poboación rural. O conseguidor daqueles centros fora un xoven e decidido ministro franquista chamado Manuel Fraga Iribarne, dotado unha capacidade asombrosa para estar aquí e alá ao mesmo tempo; un día inauguraba un hotel en Canarias, e ao día seguinte un teleclub en Santa Comba, e rápido!, que tiña que ir bañarse a Palomares.
Tamén os centros de saúde decaeron nesa función social, sobre todo a partir do 2010, coa implantación da receita electrónica en Galicia. Ocuparon o seu posto os tanatorios, chegados a finais 90, e hoxe espallados por toda Galicia
Cando a TV chegou a todos os fogares, e descontando as igrexas, que foron perdendo poder de convocatoria coa secularización da sociedade, xurdiron outros centros sociais, os centros de sáude, para a cada vez máis numerosa xente maior. Construídos nos anos 90, pola nova Consellería de Sanidade (que facía chamativas campañas como a de "Doa os teus riles”, coa voz grave e a prosodia perfecta do actor Ernesto Chao, recentemente falecido), as persoas maiores ían alí consultar as súas doenzas e pedir receitas, con frecuencia mensual, quincenal ou semanal... que soía coincidir co mercado habitual na vila. Desta época é a suposta conversa entre dous anciáns, no que un lle reprocha ao outro:
-Como non viñeches a semana pasada?, di un.
-Estaba enfermo, e quedei na casa!, dí o outro
-Ai, canto vicio!, retruca o primeiro.
Pero tamén os centros de saúde decaeron nesa función social, sobre todo a partir do 2010, coa implantación da receita electrónica en Galicia, que reduciu moitísimo as visitas dos pacientes. Ocuparon o seu posto os tanatorios, chegados a finais 90, e hoxe espallados por toda Galicia; non hai concello, por pequeno que sexa, sen tanatorio; algúns contruídos por certo, con subvencións da Xunta ou da Unión Europea. Un exemplo de modernidade que acabou con aqueles velorios tradicionais, que tantas veces se convertían en verdadeiras feiras que os cregos censuraban. O negocio tanatorial foi visto por compañías de seguros como Ocaso, que creou Servisa, hoxe unha das empresas do sector máis potentes.
A situación é tal que segundo un estudo publicado en 2008 pola universidade da Coruña, Galicia contaba con 414 tanatorios (137 na provincia da Coruña, 105 na de Lugo, 86 na de Ourense e 87 na de Pontevedra); isto é, o 30% dos existentes en España!. Por citar so dous exemplos: Ponteceso, con 6.000 habitantes, ten 2 tanatorios; e nesa comarca de Bergantiños hai 25 en total!. En cambio, a provincia de Madrid, con 6,5 millóns de habitantes, tiña en 2010 só 76 tanatorios; algo similar ocorre en Barcelona e nas demais provincias españolas. Así, non é extraño o caso de Valdoviño, na costa norte galega, onde comparten solar -só separados por un muro- un hotel e un tanatorio, xestionados pola mesma familia desde hai 15 anos. Ou o de de Chandrexa de Queixa, na Galicia profunda, onde unha antiga escola unitaria ven de ser transformada no velatorio municipal...
Hoxe os tanatorios galegos énchense de veciños que van ao novo centro social a testemuñar o pésame aos familiares; sí..., e de paso a ver aos outros veciños
Hoxe os tanatorios galegos énchense de veciños que coñecen a noticia do falecemento dunha persoa polas redes informais de comunicación, e que van ao novo centro social a testemuñar o pésame aos familiares; sí..., e de paso a ver aos outros veciños -”canto tempo que non te vía!”- e tomar un cafe ou incluso comer xuntos pois a maioría dos que asisten están xubilados e dispoñen -de forma ilimitada- do seu maior tesouro: o tempo.
Así é Galicia, o pais do millón de vacas... e dos mil tanatorios!
Publicidade