Todxs a Compostela o 12 ás 12

A Quintana, ateigada nunha manifestación anterior pola sanidade pública Dominio Público @En_Marea

“Quen con nenos se acosta, mollado se levanta”: argumento de peso do sr. conselleiro de sanidade (Comesaña) no Parlamento de Galicia.

 

A Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia (que existe dende fai máis de 20 anos), é unha entidade que agrupa aos partidos políticos da oposición, sindicatos, organizacións científicas e sociais, entidades veciñais, grupos que representan a diferentes enfermxs, persoas a título individual, etc. CONVOCAMOS a saír a rúa o 12 de febreiro as 12 h. dende a Alameda de Compostela ata a Praza do Obradoiro.

Razóns non faltan: o desmantelamento e a privatización da Sanidade Pública na Galiza. Ísto, que parece tan obvio a ollos da sociedade galega, á administración do PP o considera “casos illados e que a culpa é de Madrid”. E si escoitamos os argumentos, “un dos mellores” é o que encabeza este artigo.

A disculpa principal é a “falta de Médicxs”. Nos MIR 2023, ofertáronse 8.550 prazas (a cifra máis alta dende que comenzou este sistema) e presentáronse 12.250 licenciadxs. O propio sistema, déixa fora 3.700. E na Galiza, ofertou o sr. Rueda 106 prazas (sin fase de oposición), presentáronse 350 (deixou fora 244…) e só entraron 90. Está claro que xs profesionais, nas condicións actuais de precariedade e baixos salarios, non ven o seu futuro na AP...sobre todo na Galega. E aínda temos que escoitar o sr. Feijoo: “o PP quere gobernar porque a sanidade, cando non funciona, o que fai é lista de espera. E a lista de espera é a maior privatización da sanidade", afirmou con total desfachatez. Ademáis, estanse convocando as prazas na Galiza...das convocatorias ordinarias de 2020, 2021 e 2022 (que non se fixeron…); foron convocadas no DOG o 5 de xaneiro do 2023. Inclúen, entre outras, 150 prazas de médicxs de familia e 155 facultativxs especialistas de área: a todas luces insuficientes para as necesidades actuais. 

O PP goberna dende o 2009 en que a Débeda Pública era de 2.900 millóns de euros...no 2023: 12.000 millóns de euros… Gastaron 9.100 millóns máis do que ingresaron! Cada orzamento anual na Galiza, é de 11.000 millóns de euros: a pregunta do millón é: que se fai con estes cartos? Que hai máis importante que a saúde da poboación?

Dinos o ínclito Comesaña cando se reuníu con algúns/as alcaldes/as de Pontevedra: “é un tema partidista, meramente político"...e atrevéuse a censurar o manifesto que fixeron, “por non citar ó Ministerio de Sanidad”...coma sempre, a culpa é doutrxs! Xs alcaldes, reclamaban do Goberno Galego unha "mellora das condicións laborais do persoal sanitario e a mellora da rede de centros da nosa área: sabemos que faltan médicxs, sabemos como a xente está a peregrinar entre municipios buscando traballadorxs sanitarixs, centros nos que poidan ser atendidxs”...e nós lle dicimos: as competencias en Sanidade son totalmente da Xunta do PP!

Os últimos datos de listas de agarda no Sergas, están en 75 días para operacións e de 55 para consultas especializadas. En AP, o propio Sergas admite que o 13% das citas de AP tardan máis de 4 días. E sin contabilizar xs pacientes de: “xa lles chamaremos”. Estos datos incumplen a propia Lei elaborada polo PP de “Garantía de prestacións sanitarias”. Pouco lles importan as propias Leis cando non lles favorecen!

E que ocorrencia tiveron esta semán? Intentar eliminar a dedicación exclusiva dxs Médicxs, para favorecer o traballo dxs mesmxs no sector privado. E nós lle dicimos que: trátase dunha actuación negativa (e ilegal) e que só tendrá beneficios para as empresas sanitarias privadas, é dicir, un paso máis na privatización do sistema sanitario público. O de que xs Médicxs “se xubilen os 72 anos” é xa esperpéntico!

A responsabilidade da xestión recae nxs administradorxs do Sistema Sanitario, pero sorprende ver que “O gasto militar español para 2023 será de 27.617 millones de euros. A partida supera incluso o 2% que esixe a OTAN. O orzamento do Ministerio de Defensa para 2023 aumenta un 26%. Datos como éstos, crean alarma social

Que non se dediquen os cartos que se precisan ó ben máis preciado que temos, que é a saúde, non o entenden xs administradxs e temos que dicirllo claramente. E como nos Parlamentos, ás veces, parecen diálogos de xordxs, sairemos a rúa, outra vez, para que alto, forte, e con contundencia, expresemos o que pensamos da Xestión da Sanidade, tanto en Madrid como na Galiza.

O 12 as 12 na Alameda de Compostela. Non faltes!

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.