Unha banca parasita e cobizosa

Sede do BCE © Parlamento Europeo

Segundo o derradeiro informe -decembro 2022- da EBA (Autoridade Bancaria Europea) a banca europea presenta elevados (12,3%) niveis de rendibilidade (relación entre os resultados e os recursos empregados) pero baixos (15%), e perigosos, niveis de solvencia (relación entre liquidez e pasivos esixibles) nun contexto moi volátil que, agravado pola COVID.19 e a guerra en Ucraína, pode levar a que non poucos bancos europeos teñan dificultades para devolvelo diñeiro prestado polo BCE

Entre as moitas ensinanzas que nos deixou tanto a crise bancaria de 2008 como as posteriores crises están as de que a grande banca privada é "unha banca parasita" por que non é quen de vivir sen as axudas públicas e sen estafar aos seus clientes

Entre as moitas ensinanzas que nos deixou tanto a crise bancaria de 2008 como as posteriores crises están as de que a grande banca privada é "unha banca parasita" por que non é quen de vivir sen as axudas públicas e sen estafar aos seus clientes. Unha condición que estamos comprobando un ano si e outro tamén con crises bancarias e financeiras recorrentes.

Crises que teñen a súa orixe nos cambios habidos no sistema bancario occidental que practicamente abandonou o seu tradicional carácter comercial para centrarse no financeiro e dentro de este nas actividades especulativas que en moitos casos agochan prácticas corruptas cando non criminais. Unhas actividades que a nivel de balances supoñen asumir grandes riscos que afectan perigosamente a solvencia destas entidades -pola dimensión dos recursos alleos- pero que polo seu enorme poder -"to big to fall"- rematan a afectando a propia solvencia dos estados ao disparar as débedas públicas

Unhas prácticas bancarias que, a pesares destas experiencias, son recorrentes e que xustifican que cualifiquemos a esta banca como parasita, por que a pesares de que é de sobras coñecido que estas prácticas bancarias son de grande risco, que inchan unha burbulla tras outra -véxase, por caso, o que está pasando agora mesmo coas criptomoedas- que, como sempre sucede, rematan rebentando os bancos seguen teimando nelas por que saben que chegado o momento os gobernos sairán ao rescate poñendo a súa disposición todos os recursos financeiros públicos que sexan precisos e que, como sinalaba. son a costa de disparalas débedas públicas e debilitar o estado de benestar. 

Unhas prácticas que camiñan da man de imparables procesos de fusión e concentración bancaria e se apoian nas enormes posibilidades que ofertan as novas tecnoloxías e a intelixencia artificial. O primeiro lles permite seren entidades cada vez mais poderosas, ao eliminar a competencia, e a segunda abrir novos negocios financeiros como, por caso, o xa citado das criptomoedas e outros activos dixitais sen que, de ningures, se garante o estabilidade do negocio bancario senón todo o contrario, que medre a inestabilidade e o risco de explosión.

CC-BY-SA Praza Pública

Paralelamente vamos vendo como esta dinámica bancaria en nada favorece as familias e as pequenas e medianas empresas. que, por caso, en España e en Galicia son a base macroeconómica da actividade económica e do emprego. Nun momento ademais como o actual en que por mor da crise provocada primeiro pola pandemia e logo pola guerra en Ucraína os estados precisan de endebedarse para así pode cubrir, por caso, o que non fai unha actividade privada moi golpeada pola ruptura da cadea de valor a nivel mundial. Os gobernos europeos non deberan permitir que cando tan necesario se fai o crédito, un acceso doado e fácil ao mesmo por quen realmente o precisa, os bancos segan coas súas prácticas especulativas e avariciosas propias dunha banca parasita.

Unha banca parasita acostumada tanto a traballar con elevados niveis de apalancamento como, por caso, a colaborar no branqueo de capitais de moi dubidosa procedencia e tamén a facer trampas no mercado das débedas soberanas

Unha banca parasita acostumada tanto a traballar con elevados niveis de apalancamento como, por caso, a colaborar no branqueo de capitais de moi dubidosa procedencia e tamén a facer trampas no mercado das débedas soberanas. Como proba do primeiro -o apalancamento: un dos piares da actividade bancaria especulativa- temos o derradeiro informe da EBA citado ao principio que confirma como ao día de hoxe, e a pesares das experiencias habidas, o apalancamento da banca europea segue sendo elevado: unha situación explosiva pois si se produce unha caída de valor dos activos adquiridos os fondos propios evaporaranse e.. os gobernos europeos terán que saír novamente a salvalos da creba. O branqueo de capitais é unha práctica recorrente dos grandes bancos europeos como, por caso, vimos de comprobar recentemente cun banco español, Banco Santander, e un británico, o HSBC multados pola FCA (Financial Conduct Authority) pola "mala xestión dos seus sistema de control do branqueo de capitais e outros delitos financeiros". No caso do HSBC "chove sobre mollado" pois as súas relacións, por caso, cos carteis da droga colombiana e mexicana e coa oligarquía rusa, aproveitando as vantaxes de branqueo que ofrece a City de Londres, veñen de décadas atrás. Finalmente en relación coa manipulación das débedas soberanas fai poucos días a Comisión Europea acusou a dous dos maiores bancos europeos, un alemán -Deutsche Bank- e outro holandés -Rabobank- de facer trampas, "empregando prácticas que restrinxen a competencia", nos mercados de negociación dos bonos. En relación ao Deutsche Bank -o maior banco europeo- podía escribirse unha novela de terror en base as súas continuas malas prácticas bancarias: manipulación dos prezos de determinadas materias primas e de minerais valiosos, venta fraudulenta de certificados de emisión de gases de efecto invernadoiro, manipulación da taxa do Libor, branqueo de diñeiro negro procedente das monarquías arábigas, corrupción de políticos.....etc.

Os gobernos europeos non deberan permitir que cando tan necesario se fai o crédito, un acceso doado e fácil ao mesmo por quen realmente o precisa, os bancos segan coas súas prácticas especulativas e avariciosas propias dunha banca parasita

Unha banca que ademais de parasita ten unha enorme cobiza como, por caso, vimos de comprobar recentemente coa banca española. O goberno español de quenda (PSOE/UP), anda a procura de ingresos extraordinarios co gallo de poder cubrilas grandes necesidades sociais derivadas da crise actual, e moi especialmente do impacto da inflación nas clases de rendas medias e baixas, pero facéndoo dun modo xusto: que colaboren mais quen gañan mais. Así ven de aprobar un Imposto especial, de carácter temporal, á banca e as grandes enerxéticas, co que espera recadar 3.600 millóns de euros. A reacción da banca española foi mostrar a súa rotunda oposición e así ameaza con presentar recurso contra esta medida extraordinaria. Unha reacción que confirma, unha vez mais, o carácter parasitario e cobizoso da grande banca española que parece non ter memoria para lembrar as enormes axudas públicas recibidas co gallo do seu rescate, os ingresos extraordinarios que está tendo grazas as políticas monetarias do BCE, os recursos obtidos por unhas comisións que pasan por ser comparativamente as mais elevadas de Europa, os beneficios extraordinarios derivados da súa vantaxosa posición oligopolista no mercado

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.