Unha reforma que aínda segue pendente

Dous dos maiores expertos e mellores coñecedores da realidade fiscal española (Carlos Cruzado e Jose María Mollinedo, portavoces de GESTHA) veñen de publicar un libro moi interesante (“Los ricos no pagan impuestos”. Editorial Capitán Swing) no que poñen o punto sobre a i dos principais problemas que agocha o sistema fiscal español que, segundo as súas palabras, “fai augas en materia de xustiza fiscal”

“Todos contribuirán ao sostemento dos gastos públicos, de acordo coa súa capacidade económica mediante un sistema tributario xusto inspirado nos principios de igualdade e progresividade que, en ningún caso, terá carácter confiscador” (Artigo 31.1 Constitución Española)


En artigos anteriores xa tiña comentado como a reforma fiscal era unha das reformas mais importantes entre as que aínda están pendentes en España. Pois ben, dous dos maiores expertos e mellores coñecedores da realidade fiscal española (Carlos Cruzado e Jose María Mollinedo, portavoces de GESTHA) veñen de publicar un libro moi interesante (“Los ricos no pagan impuestos”. Editorial Capitán Swing) no que poñen o punto sobre a i dos principais problemas que agocha o sistema fiscal español que, segundo as súas palabras, “fai augas en materia de xustiza fiscal”.

Estes expertos demostran como en España, ao contrario do que subliñan as dereitas extremas (PP, Vox), non é verdade que se paguen moitos impostos e como proba temos que a pesares das subas aprobadas nos últimos anos a presión fiscal segue, hoxe por hoxe, por baixo da media na eurozona: 38,3% PIB fronte ao 41,2% (3 puntos de diferencia). Un diferencial que ten maiormente a súa orixe en tres realidades: unha evasión e unha elisión fiscais moi elevadas, unha tamén elevada desigualdade no pago dos impostos.

En relación a evasión fiscal, o nivel de economía somerxida en España, que vai en aumento nos últimos anos, equivale ao 16,9% do PIB cifra que, si excluímos os estados europeos do Leste, so é superada por Italia (20,2%) e Grecia (20,3%) sendo claramente superior a de Francia (13,1%), Alemanña (10%) o Países Baixos (7,8%)

En relación a evasión fiscal e segundo os últimos datos de que se dispoñen o nivel de economía somerxida en España, que vai en aumento nos últimos anos, equivale ao 16,9% do PIB cifra que, si excluímos os estados europeos do Leste, so é superada por Italia (20,2%) e Grecia (20,3%) sendo claramente superior a de Francia (13,1%), Alemanña (10%) o Países Baixos (7,8%) por non citar ao estados escandinavos. Os expertos citados ao principio subliñan entre as razóns da importancia deste delito fiscal están, por caso, que “o Código Penal español é benévolo con o grande fraude..... da demasiadas facilidades ao defraudador..... o estamos vendo continuamente en casos de contribuíntes famosos, deportistas, artistas, grandes fortunas..... quen acaban chegando a un acordo coa Fiscalía e a Avogacía do Estado para pagar unha multa que, na maioría dos casos, é sempre inferior a que lles poría a Axencia Tributaria evitando así a cadea”. De acordo ao Observatorio Fiscal da Unión Europea o diñeiro español en paraísos fiscais xira en torno as 140.000 millóns de euros.

Por isto non fora suficiente o sistema fiscal español lle permite as grandes fortunas utilizar incontables mecanismos de elisión fiscal. As grandes empresas, por caso, teñen enormes posibilidades para pagar menos impostos tanto no IRPF (que o pagan os rendementos do traballo basicamente) como no resto dos tributos polo que a diferencia, por caso, dos traballadores por conta allea e os pensionistas, non pagán de acordo coa súa capacidade económica.

Esta dobre situación, fraude e elisión fiscal das elites políticas e empresariais, ademais de inxusta e discriminatoria dana a conciencia fiscal de moitos/as cidadáns/as.

Pero seguramente onde o sistema fiscal español “fai mais auga” e en xustiza fiscal. Varias son as razóns pero seguramente que a mais relevante sexa que “o IRPF en España o pagan os rendementos de traballo -pensionistas e traballadores con nómina-, as grandes fortunas non se retratan no IRPF” (Carlos Cruzado, Jose Maria Mollinedo.....) pois mentres o peso das rendas de capital na riqueza nacional equivale ao 56,80% a súa contribución ao IRPF é o 16%. No resto dos impostos estas grandes fortunas tampouco pagan o que deberan e así, por caso, no Imposto de Sociedades “mentres os tipos efectivos que pagan as grandes corporacións están en torno ao 5%, habendo casos que incluso tributan cantidades mínimas con tipos que rondan o 1,5%, as pequenas e medianas empresas pagan sobre o 13%.” (Carlos Cruzado......). En relación aos impostos de Patrimonio e Sucesións a pesar de ter un grande efecto redistributivo ben foron suprimidos nalgúnhas comunidades ben teñen un carácter marcadamente regresivo con tipos pouco axustados ao valor da riqueza. Fenómenos todos que fan que o sistema fiscal español “faga aguas” en xustiza fiscal.

En torno a fiscalizade autonómica estes autores apostan por un novo modelo fiscal que persoalmente subscribo para Galicia no curto e o medio prazo: a creación de axencias tributarias consorciadas entre a Administración Xeral do Estado e as Comunidades Autónomas

En torno a fiscalizade autonómica estes autores apostan por un novo modelo fiscal que persoalmente subscribo para Galicia no curto e o medio prazo: a creación de axencias tributarias consorciadas entre a Administración Xeral do Estado e as Comunidades Autónomas (algo que non existe na actualidade) por que, entre outras vantaxes, “posibilitan un control tributario mais eficaz e un maior éxito na loita contra a fraude fiscal” (Carlos Cruzado....) e, engado eu, maiores ingresos tributarios e tamén maior equidade.

Para rematar subliñar que a democracia e o estado de benestar en España se resenten de esta falla dun sistema fiscal mais xusto e suficiente.


(*): Loxicamente este artigo fai referencia exclusivamente ao sistema fiscal español. Para outro artigo deixou as propostas fiscais para Galicia que engaden algunhas apartacións relevantes (IRPF, Patrimonio, Medio ambiente, Fraude fiscal....)

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.