Vencerá a maldade?

Un barrio de Gaza, destruído polos bombardeos israelís CC-BY-SA Al Araby

Durante anos pensamos que as institucións supranacionais que a Humanidade creou logo do horror das dúas guerras mundiais eran unha conquista e un avance extraordinario xunto coa Declaración Universal dos Dereitos Humanos, probablemente o máis grande que fumos quén de crear para regular a vida das sociedades libres e democráticas, a mellor maneira de resolver os conflictos pacíficamente.

A lexislación internacional, as Nacións Unidas en particular, e outras institucións xunto cos avances no dereito internacional humanitario, os tribunais de xustiza, a Corte Penal, sen dúbida algunha, marcaron cambios fundamentais e no bó camiño para o conxunto da Humanidade.

Algúns, como Netanyahu, non teñen límite. Non hai ninguén no mundo hoxe que poida pararlle os pés. Ninguén. Mesmo Biden decide, como él, o que é a xustiza. Sen rubor

Co paso dos anos, superada a guerra fría coa caída do Muro de Berlín e a desintegración da URSS, entramos nun periodo no que algúns inxenuos (quizáis) soñamos cos "dividendos da paz" para afrontar as grandes desigualdades que persistían no planeta, orixe de tantos conflictos. Pero non foi así. Moi pronto voltamos ás andadas, non aprendimos nada, outra vez á loita pola hexemonía, á carreira -sen fin- de armamentos, á confrontación e ás guerras, directas, híbridas ou interpostas.

E hoxe xa estamos -outra vez- nun mundo sen regras. No que os máis fortes poden facer e desfacer ó seu antollo, intervir, ocupar, con total impunidade e cunha hipocresía que da noxo.

Algúns, como Netanyahu, non teñen límite. Non hai ninguén no mundo hoxe que poida pararlle os pés. Ninguén. Mesmo Biden decide, como él, o que é a xustiza. Sen rubor.

Cando digo ninguén é ninguén. Nen coa violencia, Hamás ou Hizbolá, nen coa diplomacia, Qatar, Egipto, Turquía...

Os países árabes están desaparecidos, a Liga Árabe, acochada, á espera de tempos mellores.

Ou a UE, en fora de xogo, aceptando un papel secundario e súbdita dos EE.UU.

O máis que vemos son declaracións valdeiras, o berro impotente de Antonio Guterres, e as reiteradas letanías de Rusia ou China.

Os organismos internacionais que naceron logo da IIGM están moribundos, perderon toda vixencia, temos todo por facer, unha vez máis, desde a internacional da bondade, porque se non, o mal vencerá. E con él toda esperanza

Nada.

Ninguén pode con Netanyahu e o seu goberno criminal. Ninguén.

E que fai a sociedade civil? Certo que houbo e hai manifestacións en Israel e no resto do mundo pero nada parece importar a Netanyahu. Nada.

Urxe unha reforma en profundidade das Nacións Unidas. Hai moitas propostas, desde hai anos. E da xustiza internacional. Non podemos aceptar que as regras internacionais as fagan e interpreten os matóns, os abusóns, os asasinos, os violentos.

Os organismos internacionais que naceron logo da IIGM están moribundos, perderon toda vixencia, temos todo por facer, unha vez máis, desde a internacional da bondade, porque se non, o mal vencerá. E con él toda esperanza...

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.