Venezuela

CC-BY-SA Alejandro Forero Cuervo

Os EEUU decidiron apropiarse dos fondos estatais venezolanos depositados no estranxeiro; uns 12.000 millóns de dólares de momento. Segundo Elliott Abrams permanecerán bloqueados, mais afirman tamén que llos entregarán a Gauidó, é dicir que os administrará EEUU. O financiamento da guerra estaría así solucionado, sen que recaese nas carteiras dos ianquis. As armas gratis e o petróleo agardando. Mellor que en Iraq.

O financiamento da guerra estaría así solucionado, sen que recaese nas carteiras dos ianquis. As armas gratis e o petróleo agardando. Mellor que en Iraq

Se non optan pola confrontación aberta, ou interpoñendo a Colombia, ese diñeiro pode nutrir os medios de prensa afíns á oposición e as estruturas partidarias, fortalecer as guarimbas (grupos destinados a estender o terror na cidade de Caracas formados por activistas, gangsters e malandros), contratar maiores servizos das compañías mercenarias, facer rapañotas de diñeiros nos barrios pobres e non debe descartarse en absoluto unha especie de marcha verde dos refuxiados (son varios millóns) aos que lles solucionaren en parte o sustento, xa antes de retornar a Venezuela con outras ofertas de abundancia.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.