Violencia de xénero: Un eufemismo

Violencia de xénero semella un eufemismo para nomear un Holocausto permanente e universal de femias, un abuso de poder que o homo sapiens conservou e perfeccionou ao longo dos séculos, adaptándoo a cada momento histórico, dotándoo de leis consuetudinarias e de normalidade

Violencia de xénero semella un eufemismo para nomear un Holocausto permanente e universal de femias, un abuso de poder, observado xa nos mamíferos, que o homo sapiens conservou e perfeccionou ao longo dos séculos, adaptándoo a cada momento histórico, dotándoo de leis consuetudinarias e de normalidade. O normal pode, transcorrido un tempo, converterse nunha aberración.

Este exterminio universal que ten como base ideolóxica a misoxinia, que non é imputable a ningunha clase, goberno, ditadura ou democracia, ideoloxía política ou partidos. O racismo é considerado porque atinxe tamén a homes. Un negro puido ser Presidente dos EEUU; unha muller, non.

Cada 8 minutos!!! é asasinada unha muller no mundo por ser muller. Entre 15 e 44 anos, causa máis mortes que o cancro, a malaria, os accidente de tráfico e a guerra, conxuntamente. Poucas contas cómpre facer para demostrar que o Holocausto producido polo nazismo, entre 4 e 6 millóns, é unha bagatela comparado coa matanza universal de mulleres. En poucos países do mundo é considerada e menos cuantificada. España está á cabeza de Europa que é onde máis referencia ten. En Asia, só Xapón. Neses milleiros de países onde non se contempla, é onde máis violencia existe.

Só o Feminismo nomea e fai o pranto polas mulleres asasinadas, non nos espazos públicos, que serían noticia, senón polos seres queridos, e no Sistema Privado, que é o gran produtor para os estados

Só o Feminismo nomea e fai o pranto polas mulleres asasinadas, non nos espazos públicos, que serían noticia, senón polos seres queridos, e no Sistema Privado, que é o gran  produtor para os estados. Daquela, a misoxinia ten, tiña que ter, un valor económico!! O das maiores produtoras do estado que realizan traballo escravo.  Falamos de democracia? Tamén en Grecia onde se inventou había escravitude. Todo é compatible. E a pornografía, a pederastia, a prostitución, a corrupción…  Pero, señorías, non se pode tolerar a violencia que hai no Parlamento!

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.