Vulnerabilidade, o estigma que destrúe vidas para sempre

Concentración de Stop Desafiuzamentos na Coruña, nunha imaxe de arquivo CC-BY StopDesafiuzamentosACoruña

Por mor do Decreto Ómnibus, decaeu, durante case unha semana, o escudo social que impide os desafiuzamentos de familias e persoas vulnerables, e a suspensión das subministracións básicas: luz, gas e auga, ata finais deste ano

Vulnerabilidade, exclusión social, pobreza......son conceptos dos que cada vez se fala mais, que cada vez están mais e mais presentes na nosa sociedade, pero dos que non se alcanza ou non se quere alcanzar, aínda, a ver ou a entender as reais e graves consecuencias que implican para quen as padece, e que, lamentablemente, por mais tempo que pase, ou por mais que as súas circunstancias muden, van poder deixar, ou, mellor dito, se lles vai permitir, deixar atrás.

Non hai nin dúas semanas que tivemos un exemplo mais que evidente e palpable do que estou a dicir.

Por mor do Decreto Ómnibus, decaeu, durante case unha semana, o escudo social que impide os desafiuzamentos de familias e persoas vulnerables, e a suspensión das subministracións básicas: luz, gas e auga, ata finais deste ano.

Foron días de auténtica agonía para todos aqueles colectivos aos que afectaba, xa que viron como, dun día para outro, poderían verse na rúa, ou carecendo dos servizos mais básicos, todo isto, ademais, en plena vaga de frío.

Cada día agardaban contendo a respiración, as noticias, soportando, irremediablemente e impotentes, que os políticos utilizaran a súa dor, a súa angustia, como ferramenta política, sen importarlles nin o mais mínimo a dor de tantas e tantas persoas, e vendo, aínda por riba, aldraxados, as súas risas a entrada e a saída do Congreso, despois de utilizalos, sen escrúpulo ningún, para acadar os seus fins, algo ao que, por outra banda xa nos teñen acostumados.

Foron días de auténtica agonía para todos aqueles colectivos aos que afectaba, xa que viron como, dun día para outro, poderían verse na rúa, ou carecendo dos servizos mais básicos, todo isto, ademais, en plena vaga de frío

Tampouco unha gran parte da sociedade axudou a sobrelevar esta dor, xa que foron moitos os que celebraron que, por fin, se lles acababa o “choio”, aos que, segundo eles, “xente de ben”, e con posibles, por suposto, viven como reis, gratis, grazas, a este escudo social, e as “paguitas”, que apenas superan, na inmensa maioría dos casos, os 400€......Un verdadeiro “choiazo”, vaia!.

A posta en vigor de novo destas medidas supón un alivio transitorio para todas estas persoas, pero, non, obviamente, a solución a problemática tan grave e complexa que están a sufrir.

Evidentemente, van a continuar vivindo na corda frouxa, e con plena consciencia de que son, nin mais nin menos, que meros monicreques nas mans dos políticos, que os van a utilizar, a eles e a súa desgraza, como quedou claramente demostrado, ao seu antollo, sempre que precisen sacarlle rendemento a súa precariedade, polo cal, en calquera momento, poden darlle a volta de novo a tortilla sen miramento ningún.

Conservar os seus despachos, as súas cadeiras, e os seus soldos millonarios e a prioridade, e, ante eso, todo vale.

Pero, por se todo isto, que é sangrante, non abondara, teñen, ademais, que facer fronte a outra consecuencia tanto ou mais grave que as anteriores, que xa fixera acto de presenza hai moito tempo, pero que agora está a manifestarse do xeito mais inxusto e mais cruel:

A equiparación da vulnerabilidade coa delincuencia, así de cru, como soa, sen distincións, algo que se está a visibilizar, especialmente, no eido da vivenda, que, como todos sabemos, é o gran cabalo de batalla e a pataca quente que as cores políticas se van pasando dunha a outra

A equiparación da vulnerabilidade coa delincuencia, así de cru, como soa, sen distincións, algo que se está a visibilizar, especialmente, no eido da vivenda, que, como todos sabemos, é o gran cabalo de batalla e a pataca quente que as cores políticas se van pasando dunha a outra.

Se lles está a dar o mesmo tratamento a aquelas familias ou persoas que non poden facer fronte ao pago do aluguer, ou aos prazos das hipotecas das súas vivendas, que aos morosos profesionais que non pagan sinxelamente porque non queren, ou aos okupas que se instalan en propiedades alleas, e cuxo porcentaxe non é, na realidade, tan elevado como nos están a vender, creando unha alarma social, totalmente inxusta e vexatoria para todos aqueles que se están a ver abocados a unha situación de pobreza que se lle pode dar a calquera nun momento dado, por imposible que semelle, porque a vida da moitas voltas, infinitas.

Nada teñen que ver esas persoas ou familias honradas, traballadoras, moitas das cales xa tiñan dificultades para chegar a fin de mes, pero que ían tirando como boamente podían, e as que, de súpeto, lles sobreveñen nas súas vidas circunstancias como o desemprego, violencia de xénero, enfermidade, etc,etc, que os colocan no borde do precipicio, con aqueles que non teñen escrúpulos e que son auténticos virtuosos en vivir sen pagar.

Os cualificativos “okupas” e “inquiokupas” son empregados, vexatoria e indiscriminadamente, para cualificalos a todos por igual, sen ter en conta que unha gran porcentaxe destas persoas, a gran maioría, non se encontran nesta situación, obviamente, por gusto, e que están a morrer en vida, vivindo nunha angustia constante para a que non ven solución.

Son vítimas, non delincuentes, e, por suposto, non é menos certo que ningún propietario de vivendas que están a sufrir as consecuencias deses impagos, veñan de quen veñan, teñen a culpa.

Os cualificativos “okupas” e “inquiokupas” son empregados, vexatoria e indiscriminadamente, para cualificalos a todos por igual, sen ter en conta que unha gran porcentaxe destas persoas, a gran maioría, non se encontran nesta situación, obviamente, por gusto, e que están a morrer en vida, vivindo nunha angustia constante para a que non ven solución

A culpa é, nin mais nin menos, dun sistema que desampara aos indefensos, aos mais vulnerables, e encoraxa aos desaprehensivos, condenando aos primeiros, non soamente a seguir nas súas lamentables condicións, se non a empeoralas, porque, lles depare o que lles depare a vida, e por moito que a súa situación poida chegar a mellorar, nunca, e repito, nunca, se lles vai permitir superar a súa actual e lamentable situación.

Porque, sexamos realistas, se unha destas persoas que hoxe, por mais vontade que teñan, non poden facer fronte ao aluguer da súa vivenda, e mesmo chega a ser desafiuzada, pero para a que, dentro dun tempo, a sorte se pon do seu lado, e atopa un traballo ben remunerado, que lle permita pagar sen problema, o vai ter non difícil, se non, sinxelamente imposible, porque grazas a ese alarmismo, a esa equiparación cruel e totalmente inxusta, xa está incluída, para sempre xamais, na lista dos delincuentes oficiais.

Nunca van poder dar de alta un contrato de luz, de auga. Tampouco van poder abrir unha conta bancaria. 

O propio sistema os está a empurrar a exclusión social para sempre xamais, sen ter en conta, o mesmo que a sociedade, que vulnerabilidade e delincuencia nada teñen que ver.

Vivimos nun pais, nunha sociedade e a mercé dun sistema que, lonxe de axudar aos mais débiles, aos que mais o precisan, a remontar a súa situación, converten a pobreza, a vulnerabilidade, nun estigma que condena sen remisión, e destrúe vidas para sempre.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.