A Galicia de dereitas

Presenza de dereita e esquerda no 25S, por concellos CC-BY-SA Praza Pública

O dominio conservador esténdese por toda Galicia. O PP obtivo máis do 50% dos votos en 215 concellos do país e noutros 34 a suma de populares e Ciudadanos superou a maioría absoluta dos sufraxios. Tan só en 64 localidades as formacións conservadoras ficaron por debaixo desa cifra, sobre todo no sur da provincia de Pontevedra (O Morrazo, O Baixo Miño, Vigo, Pontevedra e as súas áreas metropolitanas), así coma Ferrolterra e algúns concellos da Ría de Arousa. Tamén A Coruña, Santiago e Ourense e algunhas vilas dos seus arredores. Lugo foi a única urbe na que se rexistrou maioría absoluta de PP e Ciudadanos.

A media de idade dos concellos nos que o PP obtivo maioría absoluta ascende a 52,61 anos, mentres que nas localidades nas que PP e Ciudadanos non chegaron ao 50% dos votos, a media é de 48,15.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.