Alternativa Galega e Compromiso anuncian as súas listas

Díaz, Beiras e Bascuas CC-BY-SA Praza Pública

Cada vez queda menos para o inicio da campaña electoral e van pechándose as incógnitas que aínda restaban. Por exemplo Alternativa Galega de Esquerdas e Compromiso presentan as súas listas. Nas da fronte de esquerdas confírmase o que xa fóra apuntado e Anova e Esquerda Unida reparten os candidatos ao 50%.

Xosé Manuel Beiras será o número un pola Coruña, onde Yolanda Diaz será a número dous. A Anova tamén lle corresponde o cabeza de lista por Ourense, que será David Fernández Calviño e Carme Iglesias Sueiro (EU) será a número dous. Mentres, Esquerda Unida nomeou os cabezas de lista por Pontevedra (Xoán Manuel Fajardo) e Lugo (Ramón Vázquez Díaz). Nestas provincias os números dous son de Anova, María Consuelo Martínez García María Xesús Casar Díaz, respectivamente.

 

As listas de Compromiso

De igual xeito a Executiva Nacional de Compromiso por Galicia aprobou este luns pola noite de xeito definitivo as listas da formación galeguista. Pola Coruña están encabezadas por Xóan BascuasXulia Guntín e destaca a presenza de Guillermo Sánchez Fojo (Terra Galega) no número tres, Pilar Neira no catro ou de Pablo González Mariñas pechando a lista. En Pontevedra Rafael Cuíña e Sandra Arauxo encabezan a candidatura, na que tamén están Inma López Silva no número tres ou María MéndezMiguel Barros pechando a lista.

En Lugo Iván Marrube e Rocío López Pacio son os primeiros, mentres que Xosé Anxo Laxe pecha a candidatura. Finalmente, en Ourense Xosé Manuel Pérez BouzaJosé Luis Doval son os número un e dous nunha lista na que tamén están Xosé Carballido ou José Domingo Posada.

Díaz, Beiras e Bascuas CC-BY-SA Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.