Antón Sánchez chama na Asemblea Nacional de Anova a "rematar coa década negra neoliberal de Feijóo"

IV Asemblea Nacional de Anova, este sábado © Brais Fidalgo

O 85,7% da militancia escolleu a única candidatura presentada, República Galega

Anova renovou este sábado en Teo, no marco da súa IV Asemblea Nacional, a composición da súa Coordinadora Nacional e Comisión de Garantías, escollendo por unha ampla maioría da militancia (un 85,71% dos e das participantes) a única candidatura presentada, República Galega, encabezada por Antón Sánchez. Na xornada tamén foron aprobados diferentes documentos como unhas novas Tese Organizativa e Tese Política.

Na súa intervención, Antón Sánchez resaltou a necesidade de "relanzar Anova e o espazo de ruptura, disputar hexemonías en Galicia e derrotar á dereita", facendo referencia á alianza da dereita coa ultradereita e procurando rematar en Galicia "coa década negra neoliberal de Alberto Núñez Feijóo". 

A candidatura República Galega estaba integrada por 50 mulleres e homes, que se puxeran como obxectivo "relanzar o proxecto de Anova e do espazo de ruptura". Despois de Antón Sánchez situábanse Gladys Afonso, Martiño Noriega, Cristina Amor Faya e Xosé Manuel Beiras. 

Antón Sánchez resaltou a necesidade de "relanzar Anova e o espazo de ruptura", procurando rematar en Galicia "coa década negra neoliberal de Alberto Núñez Feijóo"

Será na sesión constituínte da nova Coordinadora Nacional elexida este sábado onde se escollerá unha nova Comisión Permanente, e dentro dela as diferentes responsabilidades, tamén a de Portavoz Nacional. Nos vindeiros días Anova comunicará o momento da celevración desa sesión constituínte da nova Coordinadora Nacional.

O acto de Clausura foi aberto por Oriana Méndez, concelleira da Marea de Vigo, que comezou agradecendo a asistencia das delegacións convidadas do municipalismo galego e de organizacións da esquerda galega. 

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.