Praza.gal obtén ao abeiro da Lei de Transparencia os datos completos dos focos de lume forestal rexistrados en Galicia o ano pasado, uns 1.500 incendios que inclúen os arredor de 1.300 dos que a Xunta non informou mentres sucedían. O que durante o verán foi abordado como un único incendio iniciado en Seadur (Larouco) de case 32.000 hectáreas, o maior documentado en Galicia, figura agora como dous, o da localidade ourensá e outro nunha parroquia lindeira de Quiroga. A suma de ambos chega case ás 33.000