CxG e PNV estreitan lazos polas súas "numerosas coincidencias programáticas"

Xuntanza entre dirixentes de CxG e PNV © CxG

Unha delegación de Compromiso por Galicia (CxG), encabezada por Xoán Bascuas e á que tamén acudiron os membros da Executiva Nacional Xosé Manuel Pérez Bouza e Paulo Carlos López,  reuniuse esta fin de semana con membros da dirección do Partido Nacionalista Vasco (PNV), á que tamén acudiu o máximo represente da formación,  o presidente do BBB, Andoni Ortuzar.

"Detectáronse numerosas coincidencias programáticas e o ánimo de estreitar lazos entre as organizacións", di CxG

Segundo o secretario xeral da organización galeguista, a reunión desenvolveuse nun ton de “máxima cordialidade” e nela detectáronse “numerosas coincidencias programáticas e o ánimo de estreitar lazos entre ambas as dúas organizacións”. A este respecto, Bascuas convidou ao PNV a acudir ao Día da Patria o vindeiro 25 de xullo, convite que a organización vasca “aceptou gustosamente”. 

Finalmente, o líder galeguista destacou que a liña de diálogo e de colaboración entre CxG e PNV estará “constantemente aberta para este e outros temas que se consideren de interese para os nosos respectivos países”.

Xuntanza entre dirixentes de CxG e PNV © CxG

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.