Ferrol acolleu este luns a única misa galega por Franco

A misa celébrase na Igrexa de San Francisco © Turgalicia

Nos días previos ou posteriores ao cabodano da morte de Francisco Franco unha ducia de localidades en todo o Estado acolleron misas e outras homenaxes en honor do ditador avaladas pola fundación que leva o seu nome. Entre elas só unha galega, Ferrol, onde está mañá ás 12.30 horas houbo un acto litúrxico "por el alma de Francisco Franco, José Antonio Primo de Rivera y todos los caídos por Dios y por España"A misa celebrouse na Igrexa castrense de San Francisco ás 12.30 horas, coa asistencia dunhas poucas persoas.

Ceuta, Madrid, Palma de Mallorca, Valladolid, Zamora, Málaga, Sevilla, Jaén, Almería, Granada, Lucena e Córdoba son as outras localidades nos que estes días se convocaron eventos de lembranza ao ditador que contan co apoio da Fundación Francisco Franco. A entidade xustifica estas celebracións pola "liberdade de expresión" e a "pluralidade política".

A xerarquía católica non puxo impedimentos á celebración destes actos nas súas igrexas, agás en Cataluña. En Barcelona tamén estaba convocada unha misa en honor de Franco para o pasado sábado 19. Porén, finalmente o reitor da Igrexa do Sagrado Corazón, onde se ía celebrar, non o permitiu. De igual xeito, o Arcebispado de Barcelona manifestou o seu rexeitamento á misa en honor da División Azul que hai uns días acolleu Hospitalet de Llobregat.

 

A misa celébrase na Igrexa de San Francisco © Turgalicia

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.