O candidato á presidencia da Xunta de Galicia en Común-Anova Mareas, Antón Gómez Reino, considera que “a alternativa a Feijóo comeza a verse cada vez máis” e advirte do "nerviosismo do PP". Para o cabeza de lista pola Coruña, a esquerda "está moi preto da vitoria e do ocaso de Feijóo".
“A alternativa a Feijóo comeza a verse cada vez máis”, di Gómez Reino, que advirte do "nerviosismo do PP"
Ademais, Gómez Reino anunciou tamén "un decálogo de entendemento das forzas de esquerda e de progreso en Galicia” para visualizar a alternativa. “Estamos a tan só 15.000 votos de situar no pasado ao PP e a Feijóo”, dixo quen insistiu na necesidade de mobilizar voto progresista xa que “se a esquerda se mobiliza, 15.000 votos non son nada se os comparamos cos 200.000 que lle sacamos aos PP nas últimas eleccións". "Non son nin desexos nin esperanzas de campaña senón datos”, engadiu.
Ademais, Gómez Reino insistiu en que é Galicia en Común “quen vai derrotar o PP”, poñendo o foco nas provincias atlánticas. “Na Coruña e Pontevedra o noso crecemento resta deputados ao PP, por iso votar a Podemos, Esquerda Univa e Anova, é dicir, a Galicia en Común vale dobre: afianza á esquerda e derrota a Feijóo”, rematou.