O PSOE fará presidente a Rajoy e intentará tombarlle os orzamentos

Javier Fernández, presidente da xestora do PSOE © PSOE

Á espera de que o Comité Federal o confirme, o PSOE traballa xa para garantir a Rajoy o apoio parlamentario que permita evitar terceiras eleccións. Fronte ao grupo de baróns que apostaba por esixir contraprestacións a cambio da abstención, o novo poder en Ferraz non quere negociar.

Fronte ao grupo de baróns que apostaba por esixir contraprestacións a cambio da abstención, o novo poder en Ferraz non quere negociar

O PSOE decántase por facilitar un Goberno do PP ao que facerlle a oposición desde o minuto uno. "Se condicionas a abstención, estás a atarte de pés e mans", aseguran fontes próximas á xestora.

A ausencia de condicións converteuse nas últimas horas nunha estratexia compartida entre PSOE e Partido Popular. Fontes parlamentarias amósanse rotundas: "O PSOE non vai apoiar os orzamentos do Partido Popular".

Neste contexto cómpre facerse unha pregunta: Que gaña Rajoy evitando terceiras eleccións?. O líder do PP dixo en multitude de ocasións que ninguén podería defender ante o electorado unha nova convocatoria electoral. Os seus incondicionais, con María Dolores de Cospedal á cabeza, pregoaban esta semana toda unha listaxe de esixencias a cambio de evitar unhas terceiras eleccións. Rajoy, con todo, decidiu clausurar o debate anunciando que acepta as abstencións do PSOE sen esixencias posteriores de estabilidade.

Históricos dirixentes socialistas cren que Rajoy non pode esperar moito máis tempo. Segundo estas fontes, o presidente en funcións non está en disposición de explicar en Bruxelas por que vai a terceiras eleccións cando podería empezar a gobernar en minoría.

Rajoy non está en disposición de explicar en Bruxelas por que vai a terceiras eleccións cando podería empezar a gobernar en minoría

A todo o anterior, hai que sumar o papel do rei. Se o PSOE comunica a súa intención de absterse na investidura, Rajoy ten poucas escusas para evitala.

Con este panorama, Rajoy ten nas súas mans varias opcións: tentar buscar apoios parlamentarios para os seus orzamentos ou prorrogar os existentes e realizar as modificacións necesarias para incluír os novos recortes que Europa podería impor nos próximos meses.

En Génova toman en consideración outro factor determinante: o xuízo do caso Gürtel. Segundo fontes do PP, ao librarse dunhas novas eleccións evítase tamén unha campaña coa corrupción nas conversas da xente.

Rajoy pretende que a súa investidura contribúa a pór sordina a un proceso ao que lle esperan aínda capítulos destacados como as declaracións de personaxes como Javier Arenas, Ángel Acebes ou Esperanza Aguirre.

 

O PSC e a deputada por Ourense din que votarán 'non'

E mentres, o PSOE nin tan sequera ten garantido o apoio de todos os seus deputados á abstención. Desde o PSC, Miguel Iceta insiste en que os sete parlamentarios da formación catalá votarán non e hai voces que volven recuperar a petición de conformar un grupo propio para o socialismo catalán no Congreso. 

En Galicia, e tal e como adianta o Faro de Vigo, tamén hai deputados dispostos a rarchar coa disciplina de partido se a elección é a abstención para facilitar o goberno do PP. A parlamentaria por Ourense, Rocío Frutos, asegura estar disposta a manter o non, menres que os dous representantes da Coruña -entre eles a discutida presidenta da xestora por parte dos crítictos, Pilar Cancela- manifestan as súas dúbidas. 

Javier Fernández, presidente da xestora do PSOE © PSOE

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.