Rajoy obvia o FMI, resta importancia ao seu informe e rexeita subir o IVE

Mariano Rajoy, durante un mitin © PP

Rajoy insiste no optimismo malia os paus recibidos desde o FMI. O presidente do Goberno español, preguntado polos deberes impostos polo Fondo Monetario Internacional, recoñeceu que “hai problemas” pero insistiu en que está “todo ordenado” e negou que vaia subir o IVE, tal e como lle recomendou a institución. Durante a Unión Interparlamentaria do Partido Popular en Donosti, o xefe do Executivo chegou a asegurar fóra de micrófono que, polo momento, non vai cumprir as ordes da institución que preside Christine Lagarde, que lle pide recortar os soldos dos funcionarios, aumentar “xa” o IVE e os impostos especiais temporalmente, eliminar a dedución de compra de vivenda e acelerar as privatizacións. De feito, quitoulle importancia a un informe que ve normal e insistiu en non elevar os impostos.

Rajoy di ter "todo ordenado" e asegura que non subirá o IVE malia os deberes impostos polo FMI

“Desta sairemos, sairemos ben e sairemos reforzados”, asegurou Mariano Rajoy, que intentou cambiar o rumbo ao dicir que “o prioritario” son “as pensións, a sanidade e a educación”, malia insistir sempre en cumprir cos obxectivos de déficit e no arranxo da crise financeira. “A decisións do pasado sábado (polo rescate bancario) deberían tranquilizar a todos, porque é un paso para a volta á normalidade na concesión de crédito”, manifestou. “Fálase moito da prima e dos bonos, pero o importante é que teñamos claro o obxectivo: hai moita xente que o está pasando mal e o propósito é darlle a volta a esta situación”, aclarou.

"España sae pronto da crise se non gasta o que non ten", di

"España sae seguro e pronto” da actual crise se non gasta “o que non ten” e se acometen as reformas necearias para “facer a economía máis flexible e competitiva”, insistiu o presidente do Goberno, que volveu defender o rescata bancario. "O país precisa bancos solventes que non xeren dúbida ningunha e sobre todo que dean crédito á xente poruqe sen crédito é imposible que a economía se recupere", maniefstou.

Para Rajoy, o plan de axudas de Europa ao sistema financeiro español é "dun importe máximo de 100.000 millóns" que terán que "devolver as caixas e os bancos, non os contribuíntes". "Permitirá que xa crédito en España para pequenas e medianas empresas", engadiu.

Ademais, Rajoy móstrase “convencido” de que Grecia “cumprirá os obxectivos e seguirá no euro”. “Esa será unha extraordinaria noticia para España e para o conxunto dos europeos”, insistiu.

HABERÁ AMPLIACIÓN

Mariano Rajoy, durante un mitin © PP

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.