Un colaborador de La Región, Enrique Martí Maqueda, posible cabeza de lista de SCD en Ourense

Mario Conde no acto celebrado en Santiago © SCD

A irrupción de Mario Conde no panorama político galego está sendo observada de preto tanto polo Partido Popular de Galicia, como polo PSdeG-PSOE. Por razóns distintas as dúas formacións teñen a mirada posta no ex banqueiro e nas súas posibilidades electorais.

Os socialistas consideran que a posibilidade de que Mario Conde atraia votos do Partido Popular deixaría a Feijóo con poucas posibilidades de revalidar a súa maioría. Algúns dirixentes do PSdeG-PSOE confesan que o empresario podería ter algunha acta no Hórreo, incluso lle comunicaron esta observación ao candidato de Sociedade Civil e Democracia por distintos condutos. Tal como publicou o diario ourensán La Región o pasado sábado, o ex ministro José Blanco e Mario Conde coincidiron nun hotel e Blanco transmitiulle que podía lograr representación por Pontevedra. O encontro entre Blanco e Conde foi moi breve e, segundo puido saber Praza, durou escasos minutos.

Enrique Martí Maqueda é un comunicador moi coñecido na cidade das Burgas que colabora no xornal do grupo e na televisión local de Ourense, Telemiño

Tamén Conde recibiu mensaxes do propio candidato socialista, Pachi Vázquez. Un encontro casual nun aeroporto, antes de embarcar para Arxentina, entre un íntimo amigo de Conde e o secretario xeral do PSdeG, serviu para que Vázquez lle confesase que tiña enquisas que lle outorgaban representación no Parlamento e lle dixese “nos vos vai ir mal por Pontevedra”.

Outra dificultade engadida coa que se encontra Feijóo en Ourense é o papel dos alcaldes do rural do PP fieis a Baltar. De momento non están en marcha e non se descarta que “fagan folga de brazos caídos”

En todo caso, segundo fontes de SCD, onde están realmente nerviosos é no Partido Popular. O pouco peso nas listas da familia Baltar, a amizade do barón popular con Conde e o enfrontamento mediático que Feijóo ten co diario La Región producen intranquilidade no oficialismo popular. Ademais, e segundo puido saber Praza Pública, Mario Conde ten practicamente convencido o xornalista e colaborador do grupo La Región, Enrique Martí Maqueda, para que encabece a lista por Ourense. Trátase dun comunicador moi coñecido na cidade das Burgas que colabora no xornal do grupo e na televisión local de Ourense, Telemiño.

Outra dificultade engadida coa que se encontra Feijóo en Ourense é o papel dos alcaldes do rural do PP fieis a Baltar. De momento non están en marcha e non se descarta que “fagan folga de brazos caídos” ante a escasa presenza do sector da boina na lista que encabeza o conselleiro, Jesús Vázquez.

Enrique Martí Maqueda © La Región

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.