M. Carballada

  • Pachi Vázquez encabezará a lista socialista por Ourense

    O líder do PSdeG-PSOE foi designado candidato este sábado por aclamación no Comité Nacional do partido e mesmo presentou unha serie de compromisos para os 100 primeiros días de xestión se é elixido Presidente. É a primeira vez que unha persoa con opcións reais de Goberno opta pola provincia de Ourense para concorrer aos comicios autonómicos.

  • A realidade bilingüe do Bierzo

    “No Bierzo fálase galego”, con esta frase reciben a calquera visitante que pregunte nesta comarca leonesa, situada xeograficamente a carón de Galicia e que administrativamente pertence a Castela e León.

  • O monte galego, desprotexido contra o lume

    A situación climatolóxica que viviu Galicia na pasada primavera con fortes choivas en todo o país converteu a paisaxe dos distintos espazos montañosos nun campo axeitado para a proliferación de incendios. Os axentes forestais da Xunta inspeccionan as distintas zonas de perigo e non deixan de chamar a atención sobre o estado preocupante do monte galego.

  • Ser gai no rural galego: O camiño pendente

    Vivir no armario segue a ser opción elixida por moitos e moitas homosexuais tanto nas capitais da costa coma no interior galego, mais este fenómeno rexistra moita máis intensidade nos núcleos rurais e nas vilas medias

  • O alcalde de Ourense atribúe a unha confusión que o concello deixase de ingresar 747.000 euros pola reciclaxe

    O concello de Ourense tardou dous anos en recuperar para as arcas municipais 747.163,11 euros en concepto de recollida de lixo para reciclaxe. Os ingresos destes residuos, tal como establece o prego de condicións do servizo no seu artigo 76, son do Concello, sen embargo foi a empresa concesionaria UTE Ecourense, formada por Copasa e Fomento de Construccións e Contratas, quen recibiu os fondos durante dúas anualidades. A pesar de que o alcalde deu por rematado o incidente co ingreso dos cartos e a liquidación dos intereses, a oposición conformada por PP e Democracia Ourensá queren seguir investigando o asunto.

  • Os baltaristas crécense e prepáranlle unha homenaxe ao ex presidente da Deputación

    O baltarismo resístese a desaparecer. Á marxe da sucesión formal e dinástica á fronte da Deputación de Ourense na persoa de José Manuel Baltar, os partidarios do que fora presidente do organismo provincial e líder dos populares ourensáns, José Luis Baltar, preparan unha homenaxe cidadá para, segundo as palabras do vicepresidente do Parlamento, Miguel Santalices, render tributo a figura “humana” do barón popular.

  • “Síntome un David Delfín na vontade”

    “Ás veces nun deseñador tamén hai un tempo de silencio”, o modisto Gonzalo Vázquez, elixiu esta frase para colocar enriba da pasarela a súa nova colección primavera-verán. En concreto o nome da súa nova proposta creativa é “silencio” porque GV quere deixar atrás a linguaxe máis explícita e tamén barroca para empezar unha nova etapa na que os deseños sinxelos, as liñas puras e os espazos en branco ocupen protagonismo.