O concello de Ourense tardou dous anos en recuperar para as arcas municipais 747.163,11 euros en concepto de recollida de lixo para reciclaxe. Os ingresos destes residuos, tal como establece o prego de condicións do servizo no seu artigo 76, son do Concello, sen embargo foi a empresa concesionaria UTE Ecourense, formada por Copasa e Fomento de Construccións e Contratas, quen recibiu os fondos durante dúas anualidades.
Foi a empresa concesionaria UTE Ecourense, formada por Copasa e Fomento de Construccións e Contratas, quen recibiu os fondos durante dúas anualidades
O ingreso da cantidade na facenda local efectuouse o pasado 20 de marzo de 2012, despois de que a oposición do Partido Popular formulase unha pregunta o 3 de marzo sobre o asunto dirixida ao alcalde de Ourense. Porén, na contestación escrita e nunha segunda pregunta oral en pleno tanto o rexedor, Francisco Rodríguez, como o portavoz do grupo Socialista, Agustín Fernández, non resolveron a dúbida de quen deu a orde para que os cartos se ingresasen na conta da concesionaria e non do Concello ata a data en que se reclamaron. Dende o grupo de goberno atribúese a unha confusión da empresa solucionada en “cinco minutos” derivada da redacción do anterior prego de condicións.
No último pleno facilitouse unha documentación onde se certifica o ingreso da cantidade e a liquidación dos intereses de demora cifrados en 28.073,09 euros. A documentación repartida non conta co selo de rexistro e ante as protestas do PP, o concelleiro de Fancenda ensinou o orixinal selado na parte traseira.
Distintos secretarios de concello, consultados por Praza Pública, entenden que “para que a empresa concesionaria durante este tempo puidera reter legalmente eses cartos tería que ter unha autorización que a habilitase
Porén, as dúbidas da oposición non desapareceron e a pesar de que a maioría que apoia a Francisco Rodríguez rexeitou crear unha comisión de investigación, os grupos políticos esixen saber quen deu a orde do ingreso ou se a iniciativa foi da propia empresa. Neste sentido un informe da asesoría xurídica do Concello, ao que tivo acceso Praza Pública, di textualmente “a concesionaria estivo percibindo estes ingresos, sen ter dereito a percibilos, extralimitándose, nas súas competencias en relación ao marco contractual”. No mesmo sentido distintos secretarios de concello, consultados por Praza Pública, entenden que “para que a empresa concesionaria durante este tempo puidera reter legalmente eses cartos tería que ter unha autorización que a habilitase para non incorrer nun posible delito”.
A pesar de que o alcalde deu por rematado o incidente co ingreso dos cartos e a liquidación dos intereses, a oposición conformada por PP e Democracia Ourensá queren seguir investigando o asunto
A pesar de que o alcalde deu por rematado o incidente co ingreso dos cartos e a liquidación dos intereses, a oposición conformada por PP e Democracia Ourensá queren seguir investigando o asunto. En concreto, os populares, a través dos seus portavoces na Praza Maior, pregúntase que pasaría de non teren formulado por escrito a pregunta interesándose polos cartos e conclúen que de non reclamaren as arcas municipais deixarían de ingresar máis de 1 millón de euros.