Baltar contrata un ex deputado tránsfuga socialista como asesor na Deputación
O PP recupera deste xeito para a súa equipa un antigo militante socialista, Eladio Fernández, quen protagonizara un sonoro escándalo cando hai tres anos abandonara as filas dos socialistas a pesar de ser concelleiro en San Cibrao das Viñas e deputado provincial.
A Xunta autoriza dous parques eólicos no tramo central do Camiño Francés
O Goberno galego segue coa súa teima de autorizar a instalación de parques eólicos na zona protexida do Lugar de Interese Comunitario Ancares-Courel e na contorna do Camiño Francés da Ruta Xacobea que conduce cara a Compostela. Distintas asociacións alertan sobre o danos no patrimonio, natural e artístico destas zonas
A procura dun físico canónico enche os ximnasios malia a crise
O home e a muller moderna son pois aqueles que cumpren cunha imaxe moitas veces predefinida pola publicidade. As matrículas en centros deportivos públicos e privados medran ano tras ano; no Pavillón dos Remedios, en Ourense, hai 5 mil abonados e en Vigo, por exemplo, non hai prazas en moitas das instalacións municipais.
Unha mina pon en perigo a Cova Eirós, un dos maiores xacementos arqueolóxicos de Galicia
A Cova Eirós, en Triacastela, é a única de Galicia na que se atoparon, ao tempo, restos de homo sapiens e neandertal. Está ameazada pola ampliación da canteira de Cementos Cosmos, autorizada en 2008. A Asociación Cultural do Iribio remitiu nas últimas semanas senllos escritos ás consellarías de Economía e Cultura, para que paralicen a actividade mineira e declaren a cova Ben de Interese Cultural.
O delegado da Xunta en Ourense imputado polo uso fraudulento de fondos europeos
Dende o seu nomeamento como representante do Goberno galego en Ourense, a oposición vixiou de preto o home oficial de Feijóo en Ourense. Tanto BNG coma PSdeG-PSOE foron ao xulgado para denunciar as certificacións de obra de Martinez e os socialistas pediron este martes o cese fulminante do delegado por parte do presidente da Xunta ou a súa dimisión inmediata.
Baltar despediuse da Deputación asfaltando a estrada situada ao carón da súa finca
O ex presidente da Deputación provincial de Ourense, José Luis Baltar, despediuse da institución na que estivo durante 29 anos cunha obra pública. Antes de abandonar “para sempre a política” mandou acondicionar un tramo dun quilómetro de estrada que conduce á súa finca. Na preparación da estrada participaron operarios da Deputación e da empresa Copasa.
“Posesións” británicas na Ribeira Sacra
Na Ribeira Sacra viven na actualidade uns 50 cidadáns británicos que atoparon o seu lugar por casualidade ou sinxelamente porque querían un refuxio virxe para vivir.
Investigan como se malgastaron millóns de euros de fondos europeos en obras ou servizos sen uso real
Moitos concellos ourensáns recibiron millóns de euros destinados á rehabilitación de edificios históricos para o seu uso público, pero que anos despois seguen pechados, ou para depuradoras que non se utilizan. Os socialistas anunciaron este luns a través do seu voceiro na Deputación que se dirixirán á Comisión Europea para que acredite como se gastaron todos estes cartos.
O 'holding mediático' do alcalde de Quiroga blinda o seu poder tras 25 anos de goberno
Julio Álvarez converteu o concello nun fortín inexpugnable. Superado o tempo de Cacharro na Deputación e de Fraga na Xunta, non goza dunha relación tan privilexiada coa nova oligarquía popular pero así e todo resiste. A súa ferramenta para manterse son os empregos que lle ofrece á veciñanza e un aparello propagandístico que conta cunha radio e televisión municipal como instrumentos.
O relevo xeracional na moda galega
Os novos deseñadores galegos volven a pór en valor a moda feita por deseñadores do país. Sara Coleman, Jorge Vázquez, Jorge Acuña e Gonzalo Vázquez atopan sitio no mercado da moda española e internacional.
Manzaneda agoniza sen neve e sen un plan de futuro á vista
Manzaneda, a única estación de esquí de Galicia, segue sen neve e sen un futuro despexado. De momento, a única solución son as vontades xenéricas de salvar o complexo deportivo por parte dos implicados: Xunta, NovaGalicia Banco e concellos. A única decisión concreta foi a da Xunta de concederlle un préstamo participado de 500.000 euros para pagar a NGB 125.000 euros dun crédito anterior e as nóminas dos traballadores.
A Xunta e a Universidade de Vigo premian uns investigadores cuestionados por facer plaxio
A Facultade de Ciencias propón o alumno ao premio extraordinario de doutoramento